한국   대만   중국   일본 
Reino de Napoles e Sicilia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Reino de Napoles e Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localizacion do Reino de Napoles e Sicilia na Peninsula Italica . [ 1 ]

O Reino de Napoles e Sicilia foi o nome oficial do Reino de Napoles durante os anos en que estivo baixo o dominio de Napoleon , entre 1806 e 1815 , baixo os gobernos de Xose I Bonaparte (1806-1808) e Xoaquin I (1808-1815).

Tras a caida de Napoleon, en 1815 o Congreso de Viena devolveu estes territorios ao antigo rei Fernando IV de Borbon , que lle cambiou o nome ao reino polo de Reino das Duas Sicilias , reinando co nome de Fernando I .

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

Maria Carolina e Fernando IV, cos seus fillos.

Os antigos reinos de Sicilia e Napoles estaban ligados a coroa de Aragon desde os seculo XIII e XV , respectivamente. Co desmembramento da Monarquia hispanica no tratado de Utrecht ( 1713 ), estes territorios pasaron ao dominio austriaco , pero case inmediatamente os espanois trataron de recuperalos, dando lugar a guerra da Cuadrupla Alianza .

Aproveitando a guerra de Sucesion polaca , en 1734 , Carlos de Borbon , daquela duque de Toscana e fillo de Filipe V de Espana , derrotou aos austriacos coas tropas do seu pai, recuperou estes reinos para a sua dinastia, e foi reconecido de inmediato por Francia , en virtude do Primeiro Pacto de Familia , e en 1737 polos Estados Pontificios e, a continuacion, polo resto dos Estados italianos.

Carlos VII de Borbon e a sua esposa Maria Amalia de Saxonia foron moi queridos polos seus subditos, e eles traballaron para ganar ese carino. Ao pouco tempo de ser o rei de Napoles fixo reformas e modernizou o seu novo pais, logrando pronto a unidade do pobo e o reconecemento deste para o seu rei.

A morte do seu irman Fernando VI de Espana , Carlos cedeu o trono de Napoles-Sicilia ao seu fillo Fernando en 1759 para poder cinguir a coroa espanola. Despois da partida do rei Carlos, convertido en rei de Espana, subiu ao trono Fernando IV de Napoles (e III de Sicilia, e I das Duas Sicilias) con so oito anos de idade. Os principais rexentes do reino durante a minoria de idade do futuro rei foron Domenico Cattaneo , principe de San Nicandro, e o marques Bernardo Tanucci .

Fernando IV [ editar | editar a fonte ]

En 1768 Fernando IV casou con Maria Carolina de Austria , filla da emperatriz Maria Tareixa I de Austria e irma de Maria Antonieta , raina de Francia .

Mentres que Fernando IV so se preocupou das relacions coa Igrexa e da construcion de obras publicas, como a Academia de Arquitectura de Napoles ou a Casa Vanvitelliana, a nova raina logrou controlar ao seu marido e participar activamente no goberno do reino, chegando a ter unha posicion de gran poder. [ 2 ]

Nos primeiros anos de goberno, Maria Carolina mostrouse tolerante cos movementos republicanos . Poren, tras a caida de Lois XVI durante a Revolucion francesa , uniuse a Primeira Coalicion que formaron varios Estados europeos en contra de Francia , levando a cabo severas persecucions contra todos os sospeitosos de simpatizar coa causa revolucionaria francesa.

Primeiro periodo napoleonico [ editar | editar a fonte ]

O cardeal Fabrizio Ruffo.

En 1796 , o xeneral Napoleon Bonaparte invadiu Italia e venceu con facilidade as tropas austriacas e aos debiles gobernos locais. En 1798 os franceses ocuparon Roma e os xacobinos da codade crearon a Republica Romana . Fernando IV de Napoles enviou un exercito para frear aos franceses. Nun primeiro momento, o xeneral napoleonico Jean Etienne Championnet retirouse de Roma, permitindo que o rei Fernando entrase triunfalmente. Pero logo, Championnet contraatacou e o exercito napolitano non foi capaz de resistir, retirandose cara a Napoles e entregando aos franceses todas as fortalezas dos territorios setentrionais do Reino, incluindo Gaeta . [ 3 ]

O 8 de decembro de 1798 , Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba aos cidadans a defender o Reino. Na sua marcha cara a Napoles , o xeneral Championnet encontrou unha forte resistencia de labregos nos Abruzos e o Lacio , destacando a que organizou Michele Pezza , alcumado Fra Diavolo .

Finalmente, os franceses chegaron ate as portas de Napoles. O 22 de decembro de 1798 , o rei Fernando abandonou a capital para trasladarse a Sicilia . Asi e todo a resistencia foi eficaz, segundo reconeceu o propio xeneral Championnet, pero inutil. Os defensores foron bombardeados polos mesmos napolitanos xacobinos que apoiaban a invasion fransesa e finalmente lograron tomar o Castel Sant'Elmo . Esta contenda, proxima a unha guerra civil , custou a vida de oito mil napolitanos e un milleiro de franceses. [ 4 ]

O 22 de xaneiro de 1799 un grupo de napolitanos xacobinos, entre os cales estaban Mario Pagano , Domenico Cirillo , Nicola Fasulo , Carlo Lauberg e Giuseppe Logoteta , proclamaron no Castel Sant'Elmo a Republica Partenopea (ou Republica Napolitana). Este novo Estado estaba controlado por Francia (era unha das chamadas Republicas irmas da Primeira Republica francesa ) e por non ter apoio popular, sobre todo nas provincias, porque a poboacion era leal ao seu antigo rei e desexaba o retorno da monarquia . [ 5 ]

A finais de xaneiro o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Napoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Napoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes prepararonse para loitar contra os xacobinos en defensa dos borbons . Ruffo creou o Exercito Catolico Real e, o 13 de xuno de 1799 , Fernando IV restaurou a monarquia borbonica.

O Reino de Napoles e Sicilia [ editar | editar a fonte ]

Fernando IV de Napoles
(1759-1799, 1799-1806 e 1815-1816),
Fernando III de Sicilia (1759-1816),
Fernando I das Duas Sicilias (1816-1825)
Xose I de Napoles e Sicilia
Xoaquin I de Napoles e Sicilia

Reinado de Xose I [ editar | editar a fonte ]

Despois da vitoria na batalla de Austerlitz , o 2 de decembro de 1805 , Napoleon entrou de novo en Italia e dominou definitivamente o Reino de Napoles , declarando o fin da dinastia de Borbon e nomeando en 1806 rei de Napoles e Sicilia ao seu irman mais vello Xose Bonaparte , funcion que desempenaria durante dous anos, [ 6 ] [ 7 ] A sua eposa Xulia prefiriu permanecer separada do rei, xa que preferia vivir unha vida privada rodeada da sua familia no seu castelo de Mortefontaine , no departamento de Oise (que comprara en 1800), afastada da corte, asi como do seu adultero conxuxe, ainda que cerimoniosamente foi tratada como raina na corte imperial de Paris . [ 8 ]

Fernando volveu a escapar a Sicilia onde, de acordo coa Gran Bretana , transformou a illa nun protectorado britanico.

A raina reuniuse con Xose en Napoles antes de abril de 1808 , cando foi enviada ali por Napoleon para que o apoiase, xa que nese momento Xose enfrontabase a unha rebelion. Cando abandonaron o reino, os napolitanos estaban convencidos de que levaran con eles moitos obxectos de valor e comentaban: "o rei chegou como un soberano e saiu como un bandido. A raina chegou vestida con farrapos e saiu como unha soberana". [ 8 ]

Pese a que sempre se afirmou que a razon das reticencias da raina a viaxar a Napoles se debia ao seu mal estado de saude, actualmente crese que a raina Xulia lle chegaran rumores da existencia dunha amante do seu marido. Sexa como for, a estancia en Napoles seria breve, xa que aos poucos meses Xose Bonaparte seria nomeado por Napoleon rei de Espana . [ 6 ]

Xose Bonaparte marchou a Espana para reinar, sucedendoo en Napoles o mariscal Xoaquin Murat , que gobernou ate maio de 1815 .

Reinado de Xoaquin I [ editar | editar a fonte ]

Facendo meritos [ editar | editar a fonte ]

Joachim Murat , fillo dun posadeiro, abandonou o sues estudos de teoloxia para alistarse no exercito tras estalar a Revolucion francesa . Polo seu valor e grandes servizos en Exipto , Napoleon informao dos seus plans para volver a Francia . Xunto a outros xenerais, abandona Exipto e retorna ao continente, participando activamente no Golpe de Estado do 18 de Brumario e, por orde de Napoleon, toma coas suas tropas o Palacio de Saint Cloud, sede da Asemblea. Tras a proclamacion do Consulado e nomeado comandante da Guardia Consular. O 20 de xaneiro de 1800 casa con Carolina , irma de Napoleon. Responsabel da seguridade do goberno, frustra varios complots contra o Primeiro Consul (seu cunado).

O 18 de maio de 1804 , tras a proclamacion do Imperio , Murat e nomeado Mariscal de Francia e Grande Almirante do Imperio. Despois de estalar a guerra da Terceira Coalicion , en 1805 Murat loita na batalla de Ulm contra os austriacos e despois na de Austerlitz contra os rusos. O seu valor e a sua lealdade co emperador son recompensados co titulo de Gran Duque de Berg (Alemana) en 1806 .

En 1808 entra en Espana co rango de comandante do exercito e gobernador de Madrid . Neste cargo viviu como protagonista o Levantamento do dous de maio . Elaborou un detallado informe que enviaria a Napoleon, que se encontraba en Baiona reunido co rei Carlos IV e o seu fillo Fernando ; dito informe analiza os feitos con tal crueza que Napoleon culpa aos seus convidados do derramamento de sangue e esixe a abdicacion de ambos os dous.

Murat aproveita a oportunidade para postularse a si mesmo como rei de Espana, pero Napoleon prefire entregar dito posto ao seu irman Xose, pero para compensalo nomeao o seu sucesor como rei de Napoles e Sicilia, co nome de Xoaquin I Napoleon, o 15 de xullo de 1808 . [ 9 ]

Reinado [ editar | editar a fonte ]

Durante o seu reinado tratou de introducir na vida napolitana os costues franceses, fomentou as artes e financiou numerosas obras publicas para tratar de ganar o afecto dos seus subditos, que sempre mostraron saudade polos antigos reis da Casa de Borbon . Entre estes procectos destacan as escavacions de Pompeia , Herculano e Estabia, que non tiveran avances significativos desde o reinado de Carlos VII e a publicacion do texto "Li Antichita di Ercolano Esposte" en 1767 por parte da Real Academia de Napoles.

En 1812 Napoleon reclamao para a Campana de Rusia , onde dirixe a vanguarda na marcha cara a Moscova . Como sempre, actua valentemente en pequenas escaramuzas e, sobre todo, na sanguenta batalla de Borodino , onde lanza unha espectacular carga que logra destruir a artillaria rusa. Poren, a campana e un desastre e, tras a retirada de Moscova, Napoleon vese obrigado a regresar a Paris para controlar o Imperio. Antes da sua marcha, establece un cuartel de inverno en Vilnius e nomea a Murat comandante en xefe das tropas na sua ausencia. Pero Murat mostrase de contado incapaz de remediar o descontento dos seus soldados, que saquean Vilna e os cofres do exercito antes de desbandarse. Temendo un motin incontrolabel, Murat abandona o seu posto sen avisar a Napoleon e regresa a Napoles.

Comeza de inmediato a negociar con Lord Henry Bentinck, embaixador ingles, para manter a sua coroa temendo unha inevitabel derrota de Napoleon. Poren, cando lle chegan noticias da inesperada vitoria do emperador na batalla de Lutzen , Murat, temendo enfrontarse a el, deixa as negociacions cos britanicos en mans da sua esposa Carolina e acode a fronte para reconciliarse co seu cunado. As condicions de Bonaparte son duras: exixelle reincorporarse ao seu posto no exercito e apoialo na campana de Alemana, onde Murat acudira a de mala gana, e que se saldara cunha nueva derrota francesa na batalla de Leipzig .

Xoaquin volve a fuxir a Napoles e comeza a negociar cos austriacos, que o mantenen no trono a cambio de que lle declare a guerra a Francia . Continua gobernando de forma segura ate o retorno de Napoleon, que escapa do seu exilio en Elba e proclama o seu II Imperio ou Imperio dos Cen Dias . Aterrorizado por crer a Napoleon invencibel, traizoafreducc aos austriacos e intenta sublevar aos patriotas italianos. Declara a guerra a Austria , pero e derrotado na batalla de Tolentino polo baron Vinzenz Ferrerius von Bianchi .

Murat foxe a Napoles, pero inmediatamente abdica e consegue escapar a Francia xunto a sua esposa. Solicita unha audiencia especial e e recibido por Napoleon nas Tullerias . Pide perdon ao emperador e solicita o seu vello posto ao mando da cabalaria. Pero un aburrido Napoleon reprochalle as suas traizons e o seu absurdo ataque aos austriacos, que lle privara dun aliado no sur. Enfurecido ao ver que Napoleon non cede a suas peticions, toma unha actitude mais orgullosa e advirte:

Sire, non pode permitirse o luxo de despedirme. Necesitame .

Este comentario irrita a Napoleon, que da por finalizada a entrevista e borra o nome de Murat da lista de mariscais, ainda que lle garante o respecto aos seus bens e a sua vida como consideracion cara a sua irma e os seus sobrinos. Xamais volverian a verse.

Despois da batalla de Waterloo e a definitiva caida de Napoleon, Murat e Carolina entenden que non cabe xa esperar clemencia por parte de Lois XVIII ou dos austriacos. Foxe a Corsega , desde onde intenta organizar a reconquista de Napoles. Desembarcou en Calabria acompanado por trinta fieis, pero a poboacion non so non o recibiu como un liberador, senon que non fixo nada para evitar o seu posterior arresto. Foi encerrado no castelo de Pizzo, onde unha comision sumaria xulgouno, condenadoo a morte. Foi executado nunha das salas da fortaleza, concedendolle como unica graza a de escribir a sua esposa. O seu corpo foi enterrado sen pompa ningunha na igrexa de Pizzo, pero o seu nome esta inscrito xunto ao de todos os mariscais napoleonicos no Arco do Triunfo de Paris .

O Congreso de Viena e o Reino das Duas Sicilias [ editar | editar a fonte ]

O Congreso de Viena , por Jean-Baptiste Isabey, 1819

Despois de 20 anos de guerras entre a Francia napoleonica e o resto das nacions europeas , o Congreso de Viena , iniciado en 1814 e concluido en 1815 , baseou a reorganizacion do vello continente no "principio de lexitimidade" polo que se devolvian os territirios aos seus antigos monarcas .

En Italia , esta politica aplicose con maota elasticidade: a Republica de Xenova foi agregada, en contra da sua vontade, ao Reino de Piemonte-Sardena para formar un estado mais forte que freara aos franceses. A Republica de Venecia non foi restaurada.

E, a pesar de ter contribuido grandemente a derrota de Napoleon , o reino meridional non so non obtivo os pretendidos senorios papais de Benevento e Pontecorvo , senon que perdeu o estratexico enclave mediterraneo da illa de Malta , en favor de Inglaterra . [ 10 ]

O rei Fernando pagou un alto prezo por recuperar o seu reino: debeu renunciar a Malta , o cal suponia asi mesmo unha reducion do 10 % sobre os dereitos aduaneiros de importacion dos seus produtos.

O punto dos meus dereitos de soberania sobre Malta debe ceder ao interese maior, o cal hoxe e recuperar o meu Reino de Napoles

Tamen o rei napolitano debeu asinar, o 12 de xuno de 1815 , un tratado secreto con Austria polo cal se comprometia a non cambiar as institucions politicas do reino e outorgalle vinte e cinco mil homes, reducidos a trece mil o 4 de febreiro de 1819 , en caso de guerra. [ 11 ]

De acordo co que decidiu o Congreso de Viena, Fernando emitiu un decreto polo cal unificaba os reinos de Napoles e Sicilia no Reino das Duas Sicilias . Entre o 8 e o 11 de decembro de 1816 , a constitucion siciliana de 1812 foi substituida polos novos institutos parlamentarios indepenientes. O Reino de Sicilia deixou de existir e foi incorporado ao novo Reino das Duas Sicilias : o rei asumiu asi o titulo de rei do Reino das Duas Sicilias , co nome de Fernando I .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]


Predecesor:
Fernando IV

Xose I
Rei e Napoles e Sicilia

1806 - 1808
Sucesor:
Xoaquin I
Predecesor:
Xose I

Xoaquin I
Rei e Napoles e Sicilia

1808 - 1815
Sucesor:
Fernando I
( Fernando IV )

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. A denominacion italiana que se observa e incorrecta, porque a Republica de Xenova ainda non este incorporada ao Reino de Sardena
  2. Gies McGuigan, Dorothy (1984): Los Habsburgo . Barcelona: Grijalbo. ISBN 84-2531-586-7 .
  3. De Saint Albin, Alexandre Rousselin de Corbeau (1860): Championnet, general des armees de la Republique francaise: ou les Campagnes de Hollande, de Rome et de Naples .
  4. Albanese, Camillo (1998): Cronache di una rivoluzione: Napoli 1799 . Milan: FrancoAngelo. ISBN 88-464-1070-X .
  5. Real Casa de Borbon de las Dos Sicilias. "El Cardenal Ruffo y las manifestaciones filoborbonicas" Arquivado 17 de marzo de 2010 en Wayback Machine ..
  6. 6,0 6,1 Julia Clary, la Reina de Espana mas desconocida Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine . en TuotroDiario. Hola.
  7. Lindwall, Lilly (1919): Desideria. Bernadotternas anmoder . Stockholm. Ahlen och Akerlunds Forlag.
  8. 8,0 8,1 Mansel, Philip (2015): The Eagle in Splendour . London: I.B. Tauris. ISBN 1-7845-3175-1 .
  9. Maceroni. Francis (1838): Memoirs of the life and adventures of colonel Maceroni . London: John Macrone, St. James' Square.
  10. Centro de estudios Mirasierra. El congreso de Viena Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine ..
  11. Leal y Madrigal, M. (1859): La guerra de Italia: 1859 . Reimpresion de 2011 por Nabu Press. ISBN 978-1-2715-0783-2 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Almen, Johannes (1983): Atten Bernadotte: biografiska anteckningar. Stockholm: C. & E. Gernandts forlag.
  • Dupont, Marcel (1980): Murat, Cavalier, Marechal de France, Prince et Roi . Paris: Editions Copernic. ISBN 2-85984-050-8 .
  • Mansel, Philip (2015): The Eagle in Splendour. Londres: I.B. Tauris. ISBN 978-1-7845-3175-1 .
  • Schom, Alan (1997): Napoleon Bonaparte: A Life . Nova York: Harper Collins. ISBN 978-0-0609-2958-9 .
  • Tulard, Jean (1999): Murat . Paris: Fayard. ISBN 2-213-60372-3

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]