한국   대만   중국   일본 
Reino de Alba - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Reino de Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Pedra do Destino ( clach Sgain ) era a pedra cerimonial que empregaban os reis de Alba na sua coroacion. En 1296 Duarte I de Inglaterra levouna para Inglaterra e mandou construir un trono no que inseriu a pedra, o Trono do Rei Eduardo no cal foron coroados case todos os reis de Inglaterra e do Reino Unido ata a actualidade.

Conecese como Reino de Alba ao periodo do Reino de Escocia comprendido entre a morte de Donald II , ano 900 , e a de Alexandre III en 1286 que levou as Guerras de independencia de Escocia . Alba e o nome en gaelico escoces de Escocia e utilizase precisamente por nesta epoca ser a elite gaelicofalante e mais tarde normandoescocesa, en contraposicion coa epoca dos Estuardo na que a elite era na sua maior parte anglofalante.

Corte [ editar | editar a fonte ]

Non se conece a estrutura da Corte escocesa antes da chegada dos normandos a Escocia. No seculo XII os principais cargos da Corte eran:

  • Senescal ou dapifer , hereditarios desde o reinado de David I , tina ao seu coidado a casa do rei.
  • Chanceler , tina ao seu cargo a capela real que estaba asociada cos copistas reais, responsables de manter a documentacion. Era un sacerdote
  • Chamberlain , tina o control e a responsabilidade das finanzas reais.
  • Condestable , hereditario desde David I, tina o seu cargo os recursos militares da coroa.
  • Mordomo
  • Mariscal , era o responsable da cabaleria real.

No seculo XIII, todos os oficios agas o de chanceler tenderon a ser hereditarios ao tempo que se crearon outros oficios, o mais importante era o hostarius , ao cargo da garda real.

Orixe [ editar | editar a fonte ]

Donald II foi o primeiro que recibiu o nome de rei de Alba ( ri Alban ), concretamente a sua morte no castelo de Dunnottar no ano 900. Os seus predecesores recibian o nome de reis dos pictos ou rei de Fortriu .