한국   대만   중국   일본 
Raul Meireles - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Raul Meireles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raul Meireles
Informacion persoal
Nome Raul Jose Trindade Meireles
Nacemento 17 de marzo de 1983 (41 anos)
Lugar de nacemento Porto
Altura 1,79 m
Posicion Centrocampista
Informacion de club
Club actual Fenerbahce
Numero 14
Carreira senior
Anos Equipos Aprs ( Gls )
2001?2004 Boavista 29 (0)
2001?2003 Aves (ces.) 42 (1)
2004?2010 Porto 138 (15)
2010?2011 Liverpool 35 (5)
2011?2012 Chelsea 32 (2)
2012? Fenerbahce 58 (5)
Seleccion nacional
2003?2005 Portugal sub-21 26 (2)
2006? Portugal 76 (10)
Na rede
FIFA: 210214 UEFA: 150016144 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles so en liga domestica.

Seleccion: actualizado a 25 de febreiro de 2015 editar datos en Wikidata  ]

Raul Jose Trindade Meireles , mais conecido como Raul Meireles , nado no Porto o 17 de marzo de 1983 , e un futbolista profesional internacional portugues que xoga como centrocampista para o Fenerbahce S.K. da Super Lig turca . Xoga principalmente como centrocampista .

Meireles comezou a sua carreira no Boavista , mais o seu primeiro ano foi cedido ao Clube Desportivo das Aves da Liga de Honra , onde fixo o seu debut profesional. Despois dunha cesion de dous anos, regresa ao Boavista e debuta na Primeira Liga . Grazas as suas grandes actuacions, Meireles foi fichado polo outro equipo da cidade: o FC Porto , ganando tres titulos de Primeira Liga consecutivos, duas Copas e tres Supercopas. En 2010, ficha polo Liverpool ingles , onde ganou o premio ao Mellor xogador de 2011 segundo os fans da Premier League . En agosto de 2011 asina co Chelsea , unindose ao seu ex-adestrador de Andre Villas-Boas , con quen xa pasara un periodo curto de tempo.

A carreira internacional de Meireles no futbol nacional comezou nas categorias xuvenis, cando representou a seleccion sub-16 no equipo para a Eurocopa 2000 sub-16 en Israel . En novembro de 2006 , foi chamado a seleccion absoluta por primeira vez. Mais tarde representou a Portugal nas Eurocopas de Austria/Suiza 2008 e Polonia/Ucraina 2012 e nos Mundiais de Surafrica 2010 e Brasil 2014 .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Boavista [ editar | editar a fonte ]

Nado no Porto , no veran de 2001 tras asinar co Boavista , e inmediatamente cedido ao Desportivo das Aves da Liga de Honra , segunda categoria do futbol portugues. Debuta co primeiro equipo o 8 de agosto de 2001, nun partido amigabel contra o Gondomar, no que o seu equipo venceu por 3-0. Poren, na sua primeira campana xoga tan so 16 partidos de liga. Na tempada 2002-03, o 25 de maio de 2003 marca o seu primeiro gol nun partido contra a Uniao da Madeira . O tanto foi un tiro desde unha distancia de 30 metros fora do alcance do gardameta da Uniao. Na tempada 2003-04, volveu a Boavista despois dun periodo de prestamo de dous anos. Meireles fixo o seu debut na Primeira Liga o 17 de agosto de 2003 contra o SL Benfica , e foi elixido como o mellor xogador do partido polos diario Record. Nesa tempada, ainda que non puido anotar ningun gol, xoga 29 partidos de liga, o que demostra a sua importancia para o equipo.

Porto [ editar | editar a fonte ]

O 7 de xullo de 2004, o FC Porto asina a Meireles cun contrato de cinco anos, que e presentado en rolda de prensa o 12 de xullo . Co dorsal 33 na camisola debuta o 22 de setembro contra a Uniao de Leiria no Estadio do Dragao , saindo desde o banco no minuto 59. O partido finalmente remataria con empate 1-1. O 18 de febreiro de 2005 xoga o seu primeiro partido no once inicial, nunha vitoria en liga no Estadio do Restelo dos Belenenses . Tan so cinco dias despois, o 23 de febreiro, debuta na UEFA Champions League nun partido ante o Inter de Milan , xogando os 90 minutos. Durante esa tempada, xoga trece partidos de liga, dez dos cales saido desde o banco, non anotando goles.

Durante a tempada 2005-06, o 19 de febreiro , Meireles anota o seu primeiro gol co equipo en liga, tanto que daria unha vitoria en casa por 1-0 ante o Maritimo . So tres partidos despois, o 10 de marzo, anota o seu segundo gol da tempada nun triunfo por 2-0 ante o Vitoria de Setubal . Nesa campana, anota dous goles en 18 aparicions, que axudan ao seu equipo a ganar a Liga. Uns dias mais tarde Meireles gana o seu segundo titulo, a Copa de Portugal. Nas seguintes catro tempadas, Meireles convertese nun dos xogadores mais importantes do centro do campo do Porto. O seu primeiro gol na Liga de Campions seria durante a tempada 2006-07, concretamente o 21 de febreiro de 2007, nun encontro contra o Chelsea . A nivel de titulo gana tres Ligas consecutivas en 2006-07, 2007-08 e 2008-09, ademais de duas Copas en 2009 e 2010.

Liverpool [ editar | editar a fonte ]

Meireles en Liverpool .

O 29 de agosto de 2010, Meireles foi traspasado ao Liverpool FC por unha suma de 13 millons de euros . No equipo ingles escolleria o dorsal numero 4, ate ese intre en posesion do internacional italiano Alberto Aquilani , que saia do club cedido se a Juventus . O club compraria ao xogador como un recambio inmediato para o arxentino Javier Mascherano , quen fichara polo FC Barcelona a comezos dese veran. Debuta na Premier League , entrando como suplente, o 12 de setembro de 2010 nun empate a 0-0 ante o Birmingham City . Tan so catro dias mais tarde debuta na Europa League cunha vitoria por 4-1 ante o Steaua de Bucarest en Anfield . A sua primeira titularidade en liga foi na seguinte xornada, o 19 de setembro, nunha derrota por 3-2 ante o Manchester United en Old Trafford .

O 16 de xaneiro de 2011 , Meireles anota o seu primeiro gol para o Liverpool no derbi ante Everton , nun empate 2-2 en Anfield que coincidia coa chegada de Kenny Dalglish como novo adestrador. O seu segundo gol chega tan so seis dias mais tarde, grazas a unha volea co pe dereito contra o Wolverhampton Wanderers , nunha vitoria a domicilio por 3-0. O 2 de febreiro marca outro gol, o terceiro en catro partidos, nunha vitoria por 2-0 ante o Stoke City , e catro dias mais tarde fai catro de cinco, ao anotar o gol da vitoria en Stamford Bridge contra o Chelsea . Meireles aumentaria a sua conta goleadora o 12 de febreiro ante o Wigan Athletic , chegando a conseguir finalmente cinco goles en seis partidos consecutivos da Premier League . Non conseguriria ese ano marcar mais goles, terminando a tempada con 5 en 33 partidos, acabando o seu equipo no sexto lugar na da clasificacion con 58 puntos. A sua primeira tempada na liga inglesa foi moi exitosa, chegando a conseguir o trofeo ao Mellor xogador da Liga outorgado polos fans, superando a Fernando Torres , Samir Nasri , Dimitar Berbatov e David Luiz .

Meireles comeza a seguinte tempada entrando desde o banco no minuto 75 minutos ante o Sunderland . No seguinte partido, contra o Arsenal , no cal non figuraba de novo no once inicial, sae desde o banco no minuto 71 para axudar cun gol. Uns dias mais tarde, o 31 de agosto de 2011, presenta unha solicitude de transferencia por escrito, nos ultimos minutos do periodo de traspasos.

Chelsea e Fenerbahce [ editar | editar a fonte ]

Co Chelsea procurando no mercado coa necesidade dun centrocampista despois dunha lesion a longo prazo de Michael Essien , xunto a unha tentativa errada de adquirir a Luka Modri? do Tottenham Hotspur , propicia que Meireles asine un contrato co club londiniense de catro anos por unha cantidade por volta dos 12 millons de libras . Uns dias despois, Meireles afirmou que nunca quixo deixar o Liverpool , mais a oportunidade de traballar con Andre Villas-Boas , con quen pasara un curto periodo de tempo no FC Porto , era demasiado boa como para rexeitala.

Debutou cos "blues" o 10 de setembro de 2011 nun encontro contra o Sunderland que terminou con vitoria de 2-1 para o seu equipo. No mes seguinte, anotou o seu primeiro gol do Chelsea nun partido da fase de grupos da UEFA Champions League , nunha vitoria por 5-0 contra ante Racing Genk belga . O 12 de decembro, Meireles anotou o seu primeiro gol na Premier League co seu novo equipo na vitoria por 2-1 ante os lideres da liga nese momento: o Manchester City . Tres meses mais tarde, o 7 de marzo de 2012, anotou o seu terceiro gol da tempada, esta vez dun esforzo potente gama de longo na FA Cup na quinta rolda na vitoria de repeticion sobre o Birmingham City . O 3 de setembro de 2012, confirmase o acordo entre o Chelsea e o Fenerbahce turco para a venda de meireles por 8 millons de libras.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]