한국   대만   중국   일본 
Rio Amazonas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rio Amazonas

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rio Amazonas
Apurimac, Ene, Tambo, Ucayali, Solimoes, Parana-Uassu, Parana-Tinga, Amazonas
Localizacion administrativa
Estado Peru (nacemento)
Colombia
Brasil (desembocadura)
Division Departamento de Loreto ( Peru )
borde Departamento Amazonas ( Colombia )
borde Amazonas (Brasil)
Para (Brasil)
borde Amapa (Brasil)
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Oceano Atlantico
Continente America do Sur
Cunca Amazonas
Xeografia
Afluentes Esquerda : Maranon , Japura/Caqueta , Rio Negro /Guainia, Putumayo
Dereita : Ucayali , Purus , Madeira , Xingu , Tocantins
Cidades ribeiregas Iquitos (Peru); Caballococha (Peru), Santa Rosa del Yavari (Peru); Leticia (Colombia); Puerto Narino (Colombia); Tabatinga (Brasil); Manaus (Brasil); Santarem (Brasil); Belem do Para (Brasil); Macapa (Brasil).
Caracteristicas
Lonxitude maxima 7062   km
Altitude 5597   m
Outros datos
Lugar de nacemento Cordilleira dos Andes
Nevado Mismi , Arequipa , o Peru
Lugar de desembocadura Oceano Atlantico
Caudal medio 219 000 m³/s
Superficie conca 7 050 000 km²
Mapa

Sistema fluvial do Amazonas

O Amazonas e a sua fonte

O rio Amazonas (tamen chamado Parana-Uassu ou Paranaguasu polas tribos tupi-guaranis [ 1 ] ) e un rio suramericano que nace na Cordilleira dos Andes , no lago Lauri ou Lauricocha, no Peru , pasa por Colombia , atravesa o Brasil e desauga no oceano Atlantico , xunto a Illa do Maraxo , no Brasil , onde entra polo estado homonimo . E ao longo do seu curso recibe os nomes de Tunguragua , Maranon , Ucayali , Solimons e finalmente Amazonas. E o rio mais longo e caudaloso do mundo, e conten mais auga que o Nilo , o Yangtze e o Mississippi xuntos, suponendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado liquido do planeta. [ 2 ] O Amazonas, ten a conca hidrografica mais grande do mundo, ao redor de 7.4 millons de quilometros cadrados , representa aproximadamente a quinta parte do caudal fluvial do planeta. De feito, este rio ten a maior conca hidrografica do mundo incluso contando unicamente a rexion que atravesa Brasil, que supon a quinta parte do seu volume. [ 3 ] [ 4 ] Estudos realizados por investigadores brasileiros e peruanos en 2007 e 2008 apuntaban a que era o rio de maior lonxitude. [ nota 1 ] No ano 2010, finalmente, confirmouse que era o rio mais longo do mundo, con 7062   km de lonxitude desde o seu nacemento na Quebrada de Apacheta, rexion de Arequipa , Peru. [ 7 ]

Nas suas extensions superiores, sobre a confluencia do rio Negro o Amazonas e chamado Solimoes no Brasil; con todo, no Peru, Colombia, asi como o resto do mundo hispanohablante, o rio e xeralmente chamado Amazonas rio abaixo desde a confluencia dos rios Maranon e Ucayali no Peru. O sistema fluvial Ucayali- Apurimac e considerado a principal fonte do Amazonas, coa que e o seu principal afluente o arroio glacial Carhuasanta que flue da montana Mismi .

O ancho do Amazonas e de entre 1.6 e 10   km (quilometros) na sua etapa baixa, pero expandese (durante a tempada humida) ata 48   km ou mais. O rio entra no oceano Atlantico nun amplo estuario con 240   km de ancho. [ 8 ] A boca do sistema principal e de 80   km. Debido as suas vastas dimensions, e as veces chamada o Rio Mar. O primeiro ponte no sistema fluvial do Amazonas (sobre o rio Negro) foi inaugurado o 24 de outubro de 2011 preto de Manaus, Brasil.

O rio proporciona grandes beneficios comerciais a cidades amazonicas como Iquitos , Leticia , Manaus e Belem .

Orixe do nome [ editar | editar a fonte ]

A voz Amazonas proven de rio das Amazonas , dado ao rio Maranon por Francisco de Orellana logo de enfrontarse a unha etnia local na cal homes e mulleres se defendian por igual. Orellana derivou o nome do mito grego das guerreiras amazonas de Asia e Africa , [ 9 ] [ 10 ] narrado por Herodoto e Diodoro . Con todo, e moi probable que a palabra Amazonas fose unha deformacion por falso amigo paronomasico dunha palabra indixena cuxa pronuncia a oidos espanois era semellante a Amazonas, palabra indixena que significaba ‘rompedor de embarcacions’; [ 11 ] isto especialmente entre os marayoara, que podian observar o tremendo macareu , chamado pororoca na rexion amazonica, que este rio provoca ao contactar na sua desembocadura co oceano Atlantico .

Antes da conquista, o rio non tina un nome unico; pola contra, os indixenas nomeaban indistintamente as diferentes seccions con voces como Paranaguazu (Gran Parente do Mar), Guyerma; Solimoes, etc. En 1500, Vicente Yanez Pinzon , comandante dunha expedicion de exploracion espanola , converteuse no primeiro europeo en aventurarse polo rio logo de descubrir que as suas augas eran navegables e bebibles. Pinzon chamou ao curso da auga o rio Santa Maria da Mar Doce, que finalmente foi abreviado a Mar Doce (nome que tamen se deu nesas epocas ao rio da Prata ). Durante alguns anos posteriores a 1502 tamen se lle coneceu como Rio Grande e Orellana. Os companeiros de Pinzon bautizaron ao desaugadoiro como rio Maranon, voz de probable orixe indixena. E posible tamen que o nome derive do espanol marana , en representacion das enormes dificultades que aqueles homes atoparon ao explorar a area. En todo caso, a designacion persistiu ata os nosos dias no do Estado brasileiro de Maranhao e no do rio homonimo no Peru.

Curso do rio [ editar | editar a fonte ]

Mapa mostrando o traxecto do rio Amazonas e os seus afluentes, e a area aproximada da sua cunca hidrografica

A fonte mais alta e afastada do Amazonas foi situada na cordilleira Chila , nas saias do nevado Mismi, en Arequipa, Peru. Entre os diversos nomes que recibe o rio Amazonas ao longo do seu curso, destacan, sucesivamente, os seguintes: Lloqueta, Apurimac, Ene, Tambo, Ucayali, Maranon e Amazonas. Cando o rio entra no Brasil pasa a denominarse rio Solimoes durante un bo tramo. Logo volve adoptar o nome de rio Amazonas na confluencia co rio Negro. Logo da confluencia entre o Apurimac e o Ucayali , o rio deixa atras o territorio andino e entra nunha planicie aluvial inundable e suavemente ondulada. Percorre tamen a fronteira peruano-colombiana e despois fai fronteira tripartita co Brasil

O " Encontro das Augas ", preto de Manaus , e a confluencia do rio Negro , de augas mais escuras, co rio Solimoes , de augas mais claras.

Xa no Brasil, as escuras augas do rio Negro unense as do Amazonas, de cor areosa, observandose o contraste notorio das cores das augas, que practicamente non se mesturan durante uns 6   km, debido a diferenza de densidades e de temperatura e, sobre todo, a similar profundidade e velocidade das duas correntes fluviais no punto de confluencia.

Nalguns puntos, o rio dividese en ramificacions, ou multiples canles, a miudo moi longos, con canles interiores e laterais, todos conectados por un complicado sistema de canles naturais que cortan as terras baixas e planas do igapo , [ 12 ] que non adoitan superan os 5 metros sobre o leito baixo do rio en moitas illas. Nas angosturas de Obidos , a 600   km do mar, o rio estreitase, discorrendo nunha unica corrente de 1.6   km de ancho e 100   m de profundidade, cunha velocidade media de 7   km/h.

Desde a illa de Canaria na Gran Curva cara ao rio Negro, 1000   km corrente abaixo, so se atopan terras moi baixas, similares as da desembocadura. Vastas extensions do terreo estan completamente asolagadas, mesmo profundamente, asomando sobre a auga so as copas das arbores.

Desembocadura do Amazonas nunha foto de satelite tomada en 1990 .

Desde cerca da desembocadura do rio Negro ata Serpa , na marxe oposta ao rio Madeira , as beiras do Amazonas son baixas, comezando a elevarse nas proximidades de Manaus formando outeiros suaves. En Obidos, o sistema evoluciona ata transformarse nunha barranca de 17   m rodeada de outeiros baixos. O baixo Amazonas poderia ter sido no pasado un golfo no oceano Atlantico , cuxas augas erosionaron os outeiros proximos a Obidos.

So un 10   % da auga transportada polo rio penetra na poderosa corrente de Obidos, moi pouca da cal se origina na pendente norte do val. A area de drenaxe do Amazonas ao oeste de Obidos e duns 5 millons de quilometros cadrados e cara ao leste, dun millon de quilometros cadrados (aproximadamente un 20   %).

No curso inferior do rio, a beira norte consiste nunha serie de abruptas mesetas que se estenden por uns 240   km, desde a marxe oposta a desembocadura do rio Xingu ata Monte Alegre .

Estas estruturas estan cortadas en forma de bancais. Monte Alegre alcanza unha altura de varios centos de metros. Na marxe meridional, sobre o rio Xingu discorre unha lina case ininterrompida de barrancas baixas que bordean a planicie aluvial e se estenden case ata Santarem . O conxunto e unha sucesion de grandes curvas que finalmente torcen cara ao suroeste e se funden cos outeiros que forman a marxe de bancais do val do rio Tapajos .

Belem e a principal cidade e porto da desembocadura do rio no oceano Atlantico. A localizacion exacta da embocadura do Amazonas e a sua largura son temas de disputa debido a peculiar xeografia da zona. Os rios Para e Amazonas estan conectados por unha serie de canles fluviais naturais chamados furos , preto da cidade de Breves . Entre estas canles achase Marajo , a maior illa do mundo rodeada tanto por auga doce como por auga marina

Incluindo o rio Para e a illa de Marajo, o esteiro do Amazonas ten unha largura duns 325   km, medida desde o cabo Norte, ao leste de Pracuuba , no estado de Amapa , ata Ponta da Tijoca, preto da cidade de Curuca . Unha medida mais conservadora, excluindo o esteiro do rio Para, desde a embocadura do rio Araguari en Amapa, ata a Ponta do Navio, na costa norte de Marajo, ainda da unha lonxitude de aproximadamente 180   km. Se so se considera a canle principal do rio, entre as illas de Curua, en Amapa, e Jurupari, en Para , a lonxitude decae ata uns 15   km.

Os verquidos transportados polo rio son responsables dos fondos lamacentos que cobren unha area de 1,3 millons de quilometros cadrados, influindo na salinidade , pH , penetracion da luz e sedimentacion dunha ampla area do Atlantico norte tropical.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

A cantidade de auga doce lanzada no Atlantico e xigantesca: preto de 190 000 m³/s na estacion de choivas, ou un quinto de toda a auga fluvial do planeta. Na verdade, o Amazonas e responsable dun quinto do volume total de auga doce que desauga nos oceanos de todo o mundo. Dise que a auga ainda e doce mesmo a quilometros de distancia da costa, e que a salinidade do oceano e ben mais baixa ca o normal 150 km en mar aberto.

O Amazonas, que pode ter 40 km de anchura en periodos de chea, e navegable por navios oceanicos de porte medio ata Iquitos , a 3500 km do mar.

Caudal [ editar | editar a fonte ]

Caudal medio mensual do Amazonas (m³/s) medido nunha estacion as aforas de Obidos
Datos dos ultimos 70 anos (anual 176 000 m³/s)

Estimacion do caudal medio mensual do Amazonas (en m³/s)
na desembocadura, tendo en conta os catro ultimos afluentes (anual 209.000 m³/s)

Fauna e flora [ editar | editar a fonte ]

Toda a fauna da selva tropical humida suramericana esta presente na Amazonia. Os cientificos afirman que ali existen innumeras especies de plantas ainda sen clasificacion, millares de especies de paxaros, innumeros anfibios e millons de insectos.

Desde os insectos ata os grandes mamiferos como o puma, a denta e os veados, reptiles como a tartaruga, a anaconda , o caiman e a vibora. Hai paxaros e peixes de todas as especies, plumaxes e peles. Nas lagoas ao longo do Amazonas florece a planta Victoria Rexia , cuxas follas circulares chegan a mais dun metro de diametro.

E tan amplo o seu numero de especies de peixes e plantas acuaticas que enumeralas todas seria imposible. Para todos os afeccionados ao acuarismo, tratase da fonte que proporciona a maior cantidade de especies de peixes que hoxe en dia poboan os comercios e acuarios de todo o mundo.

Pulmon do planeta [ editar | editar a fonte ]

Cientificamente, tratase dun equivoco chamar as forestas tropicais de "Pulmon do planeta". Hai varios motivos para iso, como por exemplo:

  • O pulmon e un organo que absorbe osixeno e elimina gas carbonico , ou sexa, "produce" gas carbonico.
  • Outro feito e que a maior parte da producion do osixeno que respiramos proven de microorganismos ( algas e cianoficeas ) e que a sua producion de osixeno por fotosintese supera en moito o seu consumo pola respiracion . Mentres que nas forestas tropicais o osixeno producido pola fotosintese durante o dia (fase clara) e consumido en gran parte a noite (fase escura) pola respiracion das mesmas. Apenas forestas que ainda estan en desenvolvemento producen mais osixeno do que consomen, e as forestas tropicais na sua gran maioria xa estan en proceso de estabilidade ecoloxica.

Portos [ editar | editar a fonte ]

Os portos mais importantes do rio Amazonas fican nas cidades de Iquitos , no Peru , Leticia en Colombia e Manaus no Brasil .

Estrada [ editar | editar a fonte ]

Un pouco ao sur do Amazonas esta a Estrada Transamazonica , como un longo canal de poeira e barro, resultado dunha das aventuras mais ousadas xamais tentadas na maior de todas as rexions forestais do mundo. A estrada BR-233 imita o curso do rio Amazonas, pois avanza en forma paralela a este. Ten, de acordo cos numeros oficiais, cinco mil quilometros de lonxitude, a pesar de estar invadida pola foresta en varios treitos. A estrada, iniciada no periodo da ditadura militar, nunca fixo uso nin dos miles de millons de dolares, nin das esperanzas de desenvolvemento , depositadas nela, mais foi unha grande indutora da deforestacion ao longo do seu curso.

Desnivel nos ultimos quilometros [ editar | editar a fonte ]

O rio Amazonas, cuxo curso e moi plano (20 m de desnivel nos ultimos 1500 quilometros) antes da sua desembocadura, constitue un caso moi especial de Mareas oceanicas . Na rexion do rio Amazonas, tales mareas son conecidas como pororoca , e son unha atraccion turistica. Os primeiros resultados dunha investigacion realizada por institucions brasileiras asociadas no marco do programa HiBAn (Hidroloxia da bacia amazonica) permiten entender mellor a influencia da marea no funcionamento hidrodinamico do Amazonas ao se aproximar ao oceano e, de maneira mais particular, medir o seu impacto nas pulsacions do caudal do rio e no transporte de sedimentos en direccion ao oceano.

Grupos indixenas [ editar | editar a fonte ]

No territorio ao longo do rio Amazonas moran innumeros grupos nativos precedentes orixinalmente do Peru , de Colombia e do Brasil.

Afluentes principais [ editar | editar a fonte ]

Do nacemento a foz.

Cidades principais [ editar | editar a fonte ]

Da nacente a foz :

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Normalmente, o rio Nilo era considerado o de maior lonxitude do mundo, cuns 6650   km, [ 5 ] e o Amazonas o segundo, cuns 6400   km. [ 6 ] Estudos brasileiros e peruanos en 2007 e 2008 engadian as canles formadas pola marea na sua desembocadura mais meridional, ademais do estuario do Tocantins en Para, concluindo asi nunha lonxitude total de 6992   km. Con todo, ainda en 2010 seguia sendo un tema aberto a interpretacion e debates continuos.
  1. Instituto de Investigaciones de la Amazonia Peruana-HAP (agosto do 2008). El mar dulce : El majestuoso Amazonas (PDF) (en castelan ) . Iquitos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2021 . Consultado o 14 de abril do 2021 .  
  2. C. Davis, Kenneth (2012). Que Se Yo de Geografia: Todo lo que Necesitas Saber Acerca del Mundo . Harper Collins E Books.  
  3. Tom Sterling: Der Amazonas. Time-Life Bucher 1979, 7th German Printing, p.   19
  4. Smith, Nigel J.H. (2003). Amazon Sweet Sea: Land, Life, and Water at the River's Mouth . University of Texas Press. pp. 1?2. ISBN   978-0-292-77770-5 .  
  5. "Nile River" . Encyclopædia Britannica. 2010 . Consultado o 3 de agosto de 2010 .  
  6. "Amazon River" . Encyclopædia Britannica. 2010 . Consultado o 3 de agosto de 2010 .  
  7. "Confirmado: manantial arequipeno Apacheta da origen al rio Amazonas" . El Comercio (en castelan ) . 1 de decembro do 2010 . Consultado o 15 de abril do 2021 .  
  8. Amazon (river) (2007 ed.). Microsoft Encarta Online Encyclopedia. Martes, 13 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2007 . Consultado o 12 de agosto de 2007 .  
  9. "Apollonius Rhodius, Argonautica, Book 2" . Arquivado dende o orixinal o 30 dem agosto de 2017 . Consultado o 16 de abril do 2021 .  
  10. "Argonautica Book 2" . Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2018 . Consultado o 16 de abril do 2021 .  
  11. "Amazon River", Encarta Encyclopedia, Microsoft Student 2009 DVD.
  12. Igapo e unha palabra que se usa en Brasil para denominar aos bosques amazonicos asolagados por augas negras. Estes bosques pantanosos e similares, estan asolagados estacionalmente con auga doce. Polo xeral estan presentes ao longo dos tramos baixos dos rios e ao redor dos lagos.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]