Proxector cinematografico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proxector de 35 mm en accion.
Proxector de 35 mm .

Un proxector cinematografico e un dispositivo opto-mecanico empregado para mostrar peliculas ao proxectalas nunha pantalla. A maioria dos componentes opticos e mecanicos, excepto os relacionados coa iluminacion e o son, estan tamen presentes nas camaras cinematograficas .

A maquina proxecta, a intervalos regulares de poucas centesimas de segundo, un feixe de luz sobre os fotogramas dun pelicula; este feixe de luz ven aumentado e invertido por un lente que enfoca a imaxe resultante sobre unha pantalla.

O cinematografo foi patentado en febreiro de 1894 polos irmans Lumiere e as primeiras exhibicions publicas realizaronse en 1895. Na actualidade existen "proxectores cinematograficos dixitais" que proxectan unha imaxe xerada por medios dixitais, sen facer uso dunha pelicula, pero si do feixe de luz e dos lentes.

Fisioloxia e uso [ editar | editar a fonte ]

De acordo coa teoria da persistencia retiniana , o proceso perceptual do cerebro e a retina do ollo humano reten unha imaxe durante un breve lapso de tempo. Esta teoria e a explicacion da ilusion de movemento que se produce cando unha serie de imaxes se mostran en rapida sucesion, en lugar de percibir cada imaxe individual da serie.

A persistencia da vision deberia compararse co fenomeno relacionado do movemento beta e o fenomeno phi . Unha parte critica da comprension do fenomeno da percepcion visual e que o ollo non e unha camara , e dicir, que non hai " imaxes por segundo " no ollo. En lugar diso, o sistema ollo/cerebro ten unha combinacion de detectores de movemento, detectores de detalle e detectores de patrons, cuns resultados que se combinan para crear a experiencia visual.

A frecuencia a que o cambio de imaxes se volve invisible depende do nivel de iluminacion. Xeralmente, 16 imaxes por segundo (ou, do ingles, frames por segundo: fps) considerase a frecuencia mais baixa a que o movemento continuo e percibido polos humanos. (E interesante destacar que este limiar varia entre as diferentes especies; unha proporcion maior de bastons na retina ten como consecuencia unha frecuencia limiar maior).

E posible apreciar o espazo entre imaxes pechando e abrindo os ollos rapidamente. Se se fai suficientemente rapido, nalgun momento atraparase a transicion. Isto non funcionara coa television debido a persistencia do fosforo nin cos proxectores LCD ou DLP debido a continuidade da imaxe, ainda que algunhas tecnoloxias dixitais de proxeccion poden deixar ver artefactos.

Desde o nacemento do cine sonoro , case todos os proxectores de cine comerciais proxectan a unha frecuencia de 24 imaxes por segundo. Esta velocidade escolleuse por razons financeiras e tecnicas: era a frecuencia mais baixa (polo que requiria menor cantidade de pelicula) a que se podia realizar unha reproducion e amplificacion do son satisfactorias. Ainda asi, hai alguns formatos especiais como Showscan ou Maxivision que proxectan a frecuencias mais altas, normalmente 48 imaxes por segundo.

As peliculas mudas normalmente non se proxectaban a velocidades constantes [1] Arquivado 07 de abril de 2007 en Wayback Machine ., senon que variaban durante a proxeccion a discrecion do proxeccionista, nomalmente segundo notas proporcionadas polo distribuidor.

Antigo proxector cinematografico.

Proxector de cine "Victoria 5" [ editar | editar a fonte ]

Este modelo de proxector cinematografico e da marca italiana Cinemeccanica, un dos mais utilizados nas cabinas de cine actuais xunto con Christie, Kinoton, Prevost etc. Dividese principalmente en tres partes importantes:

  • Unha a a bancada onde se encontra toda a parte electrica que o fai funcionar. As veces non se considera como parte do proxector, xa que e un conxunto de circuitos electricos.
  • A outra parte e a lampada; esta e un habitaculo onde se encontra colocada unha lampada de xenon. Este habitaculo esta equipado cun sistema de ventilacion para o correcto arrefriamento da lampada. En caso de que contenan lampadas de 6.000W tamen posuen un xogo de cristais anticaloricos para evitar que a luz queime a pelicula e ademais tenen un sistema de refrixeracion por auga para a zona onde pasa a pelicula (os patins).
  • A terceira parte e a mais importante, porque nela incluense:
  1. O crono, que e un conxunto de rolos dentados por onde a pelicula pasa a unha velocidade de 24 fotogramas por segundo.
  2. Tamen conten o obturador; e unha peza fundamental que coordina o paso dun fotograma a outro coa luz, ocultando a union entre un e outro, creando asi o efecto do movemento na pantalla.
  3. A outra parte importante e a torreta, que e a que ten o lente que amplia a imaxe que se proxecta cando o feixe de luz pasa a traves do fotograma. Neste modelo a torreta consta de dous lentes: un para o formato panoramico e outro para o formato scope.

Proxector de cine dixital [ editar | editar a fonte ]

O cine e a television sempre estiveron en disputa desde que os televisores chegaron aos fogares nos anos 1940 e 1950. Podese dicir que por esta razon o cine cambiou a sua proporcion (fullscreen a widescreen) co proposito de atraer espectadores. Mais a television tivo tanto exito que obrigou as casas peliculeiras a reinventarse para que asi a xente se movera aos cines en lugar de quedar en casa. Por esta e outras razons xorde a proxeccion dixital.

O proxector dixital usa a tecnologia DLP baseada en espellos que se moven reflectindo a luz con diferente intensidade e cor. Os proyectores que se estan instalando en todo o mundo son de 2K (2048 x 1080), ainda que tamen hai de 4k (4096 x 2160) en desenvolvemento. A calidade do cine analoxico en soporte 35mm seria aproximadamente de 8k, polo que o dixital non chega a equipararselle, ainda que ten outras vantaxes como que a calidade da proxeccion non se ve deteriorada co tempo, non se raia, ten mellor brillo e ten a posibilidade de proxectar contidos de TV, DVD, HD DVD, asi como a posibilidade da proxeccion en 3D, ao ser instalados sistemas de filtros de polarizacion de imaxe, como RealD 3D, Dolby3D, ou XpanD, entre outros.

Para proxectar contido dixital os proxectores reciben o sinal dun servidor ou SMS (Screen Management System), que e unha computadora a cal se lle inxestan os DCP (digital cinema package) que son os spots, trailers ou peliculas, ou ben poden recibir o sinal desde un DVD, Blu-ray, HD-Cam etc.

As normas internacionais que regulan este sistema son DHI. As marcas de proxectores dixitais mais avanzadas son Barco, Christie, Cinemecanica, Kinoton, Sony, Victor Company of Japan, e utilizan tecnoloxia de Texas Instruments .

Texas Instruments [ editar | editar a fonte ]

Cada sistema de proxeccion de TI posue un semicondutor optico ou chip DMD. Cada un destes dispositivos conten unha coleccion de aproximadamente 2.2 millons de microespellos montados individualmente en pequenas bisagras cunha inclinacion de ±10°. Esta inclinacion permite enfrontarse ou cubrirse con sombra da fonte de luz co que se obten un pixel luminoso ou escuro sobre a superficie proxectada. Como resultado, cada espello microscopico correspondelle un pixel da imaxe sobre a pantalla. Os proxectores de cine dixital estan equipados con tres dispositivos, cada un dos cales se dedica a unha cor primaria. O feixe de luz descomponse en tres feixes ao atravesar un prisma que o descompon en vermello, verde e azul. Esta luz coloreada volve combinarse ao seu paso polo lente de proxeccion para formar a imaxe en pantalla. A combinacion destes chips permite alcanzar unha gama de 35 trillons de cores. [ 1 ]

Philippe Binant [ 2 ] realizou, 2000, a primeira proxeccion de cine numerico publico de Europa, fundada sobre a aplicacion dun MEMS desenvolvido por Texas Instruments. [ 3 ]

Victor Company of Japan [ editar | editar a fonte ]

JVC desenvolveu a tecnoloxia Liquid Crystal On Silicon (LCOS), composta por cristais liquidos reflectantes que se abren e se cerran reflectindo ou bloqueando a fonte de luz. Os proxectores para a exhibicion cinematografica utilizan tres dispositivos que modulan a luz nas canles vermella, verde e azul. A luz repartse nestas componentes e proxectase de forma simultanea sobre a pantalla. O obxectivo de JVC nunca foi a proxeccion de cine dixital, mais, a compania desenvolveu alguns proxectores de alta definicion con calidade apta para a sala e cedeu a tecnoloxia a empresa Kodak para que a incorpore nos seus proxectores. [ 1 ]

Sony [ editar | editar a fonte ]

En 2003 Sony empeza a experimentar na area da proxeccion dixital coa tecnoloxia SXRD. Esta basease no cristal liquido de silicona, empregado tamen por JVC, pero coa diferenza que incorpora a variacion de materiais Liquid Crystal Alignment Vertically. Con este sistema, as moleculas quedan alinadas verticalmente ao substrato da cela que esta sendo usada, co que se obten unha boa circulacion de voltaxe e alta calidade das propiedades opticas. Sony incorpora como novidade a minimizacion do tamano de cada pixel e do espazo entre eles. Esta tecnoloxia de Planarization Technology of Silicon Backplane combinase cun proceso de fabricacion da capa de alinacion que establece unha forma de montar as obleas enteiras, uniformes, sen o uso de espazadores. Desta forma, moitos paneis creanse inmediatamente ao mesmo tempo. Este proceso reduciu a penetracion de po ao mesmo tempo que mellora a calidade de imaxe. De feito, o SXRD e a maior promesa de calidade ate o momento, cunha resolucion de 4096 x 2160 pixeles e un contraste de 3000:1. [ 1 ]

Sistemas de proxeccion [ editar | editar a fonte ]

A funcionalidade do sistema de proxeccion categorizase de tres distintas maneiras. D-cinema ou Cine Dixital abarca a exhibicion tradicional de peliculas pero transportadas ao sistema dixital. A calidade pretende ser mayor a de 35 mm. O sistema de presentacion debe estar desenado especificamente para uso cinematografico. A-cinema ou contido alternativo e o material que non representa unha longametraxe. Como o sistema de proxeccion non necesariamente ten que estar desenado para a proxeccion de peliculas, o equipamento e mais economico pero de igual calidade. Por ultimo esta a categoria de Pre-Show e publicidade , onde se utiliza equipamento de baixa calidade para presentacions de publicidade.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 Izquierdo Castillo, J. El impacto de la tecnologia en la exhibicion cinematografica: el lento camino a la sala digital Revista Latina de Comunicacion Social, Vol. 12, Num. 64, 2009, pp. 43-56.
  2. Es.encydia.com Biografia : Philippe Binant (1960 - )
  3. "Texas Business" . Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012 . Consultado o 17 de outubro de 2013 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]