한국   대만   중국   일본 
Provincias dos Paises Baixos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Provincias dos Paises Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincias dos Paises Baixos e principais cidades.

Unha Provincia Neerlandesa representa a capa administrativa entre o goberno estatal e os concellos, con responsabilidades en asuntos de importancia rexional ou subnacional. O goberno de cada provincia conta de tres partes principais: o Provinciale Staten que e o parlamento provincial elixido cada catro anos, os membros electos desta institucion mais tarde elixen o Gedeputeerde Staten , que e o consello coa maioria das tarefas excutivas, presidido polo Commissarios van de Koningin (Comisario do Reino), nomeado pola Coroa.

Division [ editar | editar a fonte ]

Hoxe en dia os Paises Baixos estan divididos en doce provincias ( provincies en neerlandes ).

As doce provincias estan listadas a continuacion:

Band. Provincia Capital Cidade mais populosa Area (km 2 ) Poboacion [ 2 ] Densidade
(por km 2 )
Brabante do Norte Den Bosch Eindhoven 5.099 2.434.744 477
Zelandia Middelburg Middelburg 2.934 380.897 130
Drenthe Assen Assen 2.680 489.695 183
Flevoland Lelystad Almere 2.412 383.496 159
Frisia Leeuwarden Leeuwarden 5.749 645.101 112
Groninga Groninga Groninga 2.960 574.481 194
Gueldria Arnhem Nimega 5.137 1.990.871 388
Holanda Meridional A Haia Rotterdam 3.419 3.477.876 1017
Holanda Setentrional Haarlem Amsterdam 4.092 2.647.149 647
Limburgo Maastricht Maastricht 2.209 1.140.813 516
Overijssel Zwolle Enschede 3.421 1.125.108 329
Utrecht Utrecht Utrecht 1.449 1.210.761 836

Historia [ editar | editar a fonte ]

Case todalas provincias neerlandesas tenen a sua orixe no estado medieval , ben coma condado ou ben coma un ducado , ao igual que en Belxica . A sua situacion trocou o seu status e chegaron estar baixo unha soa administracion central, relegando os estados a provincias, dezasete en total. A partir destes Paises Baixos unificados, no seculo XVII sete provincias do norte formaron a Republica das Sete Provincias Unidas , e dicir Holanda , Zelandia , Gueldria , Utrecht , Frisia , Overijssel e Groninga . As terras da republica tamen incluian a Drenthe (unha das dezasete, mais sen o mesmo status autonomo que as outras), e partes do Brabante, Limburgo e Flandres , que eran considerados coma "terras conquistadas" e eran gobernadas directamente polo Staten-Generaal , o parlamento, polo que eran chamadas Terras da Xeneralidade , e foron chamados Staats-Brabant , Staats-Limburg e Staats-Vlaanderen , que significa "do Estado". Cada un destes "Paises Baixos" tina un certo grao de autonomia e cooperaban entre si sobre todo en defensa e no plano internacional en xeral, mais mantendo os seus propios asuntos noutros lugares.

O 1 de xaneiro de 1796 , durante a Republica Batava , Drenthe e Staats-Brabant converteronse na oitava e novena provincias dos Paises Baixos, esta ultima conecida como Bataafs Bravant , Brabante Batavo, trocando o seu nome a Brabante do Norte en 1815 cando pasaron a formar parte do Reino Unido dos Paises Baixos , que tamen contina o enton Brabante do Sur , unha provincia belga . En 1839 , coa independencia de Belxica, a provincia orixinal Limburgo foi divida en duas terras entre os dous paises, asi que hoxe en dia cada un ten unha provincia chamada Limburgo. Un ano despois, Holanda, a mais grande e poboada provincia neerlandesa dividiuse en duas, para chegar a un total de once. O doceavo membro foi Flevoland , unha provincia que e practicamente todo terra recuperada ao mar, estabelecida o 1 de xaneiro de 1986 .

Os Departamentos do Periodo Frances [ editar | editar a fonte ]

Durante a Republica Batava os Paises Baixos foron completamente reorganizados en oito novos departamentos entre 1798 e 1801 , a maioria nomeados co nome de rios, inspirados polo exemplo de Francia , nunha tentativa de acabar co antigo status autonomo provincial.

Departamentos Batavos
Nome galego Nome neerlandes Capital Contidas nos territorio de
Departamento do Ems Departement van de Eems Leeuwarden Norte de Frisia, Groninga
Departamento do Vello IJssel Departement van de Oude IJssel Zwolle Sur de Frisia, Drenthe, Overijssel, Norte de Gueldria
Department do Rin Departement van de Rijn Arnhem Gueldria Central, Utrecht Leste
Departamento do Amstel Departement van de Amstel Amsterdam Area arredor de Amsterdan
Departamento de Texel Departement van Texel Alkmaar Holanda Setentrional menos Amsterdan, noroeste de Utrecht
Departmento do Delft Departement van de Delft Delft Holanda Meridional ate o Mosa, suroeste de Utrecht
Departmento do Dommel Departement van de Dommel 's-Hertogenbosch Parte leste do Brabante Batavo, sur de Gueldria
Departmento do Escalda e Mosa Departement van de Schelde en Maas Middelburg Zelandia, Holanda Meriodional do Mosa e a parte oeste do Brabante Batavo

Despois de so tres anos, a raiz dun golpe de Estado, as fronteiras das antigas provincias foron restauradas, ainda que non os seus status de autonomia. Foron tamen chamadas "departamentos" e engadiuse e Drenthe foi engadido en Overijssel. En 1806 o Reino dos Paises Baixos substituiu a republica para promover os intereses franceses. Foi durante esta administracion que Holanda se divide en dous, co departamento de Amstelland ao norte e o de Maasland ao sur. Frisia Oriental, enton como agora en Alemana , foi engadida ao reino coma departamento en 1807 e Drenthe separouse de novo, facendo en total once departamentos.

Mapa das subdivisions dos Paises Baixos durante a Administracion Francesa. Notese que Frisia Oriental non esta incluida neste mapa.

Cando finalmente os Paises Baixos se fixeron plenamente parte de Francia en 1810 , os departamentos do reino e as suas fronteiras mantiveronse en grande medida, con algunhas unidas. Poren, foron case todas nomeadas de novo, principalmente polos rios de novo, pero con nomes diferentes a epoca batava.

Departamentos franceses nos Paises Baixos
Nome galego Nome frances Nome neerlandes Provincias modernas
Departamento do Zuiderzee Departement du Zuyderzee Departement van de Zuiderzee Holanda Setentrional e Utrecht
Departamento da Foz do Mosa Departement des Bouches-de-la-Meuse Departement van de Monden van de Maas Holanda Meridional
Departamento da Foz do Escalda Departement des Bouches-de-l'Escaut Departement van de Monden van de Schelde Zelandia
Departamento dos Dous Nethen Departement des Deux-Nethes Departement van de Twee Nethen Oeste do Brabante Norte e Antuerpen
Departamento da Foz do Rin Departement des Bouches-du-Rhin Departement van de Monden van de Rijn Leste do Brabante Norte e sur de Gueldria
Departamento do IJssel Superior Departement de l'Yssel-Superieur Departement van de Boven IJssel Norte de Gueldria
Departamento da Foz do IJssel Departement des Bouches-de-l'Yssel Departement van de Monden van de IJssel Overijssel
Departamento de Frisia Departement de la Frise Departement Friesland Frisia
Departamento do Ems Occidental Departement de l'Ems-Occidental Departement van de Wester Eems Groninga e Drenthe
Departamento do Ems Oriental Departement de l'Ems-Oriental Departement van de Ooster Eems Frisia Oriental

Coa derrota e retirada dos franceses en 1813 , as antigas provincias e os seus nomes volveronse a estabelecer, Holanda xuntouse de novo e a Frisia Oriental separouse. As dezasete provincias do Reino Unido dos Paises Baixos foron en parte baseados nos antigos departamentos franceses e as suas fronteiras, en particular do que mais tarde se converteria en Belxica.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Regionale Kerncijfers Nederland" (en Dutch) . Statistics Netherlands. 2007 . Consultado o 2007-10-13 .  
  2. "Bevolking per regio naar leeftijd, geslacht en burgerlijke staat" (en Dutch) . Statistics Netherlands. 2007 . Consultado o 2007-10-13 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]