O
primeiro ministro de Eslovenia
, oficialmente
presidente do Goberno da Republica de Eslovenia
(en
esloveno
:
'
Predsednik Vlade Republike Slovenije'
), e o
xefe de goberno
de
Eslovenia
.
Houbo novo primeiros ministros dende que o pais se converteu nun sistema
parlamentario
en
1989
e se independizou en
1991
.
O primeiro ministro e nomeado polo
presidente
logo de consultar cos partidos representados na
Asemblea Nacional
. E elixido formalmente por maioria simple da Asemblea Nacional. Se ningun candidato recibe maioria, deberase realizar un novo voto antes de 14 dias. Se ningun candidato recibe maioria tras esta rolda, o presidente debera disolver a lexislatura e convocar novas eleccions parlamentarias a non ser que a Asemblea Nacional acepte celebrar unha terceira rolda. Se ningun candidato e elixido despois dunha terceira rolda, a lexislatura disolvese automaticamente a espera de novas eleccions.
Na practica, dado que o primeiro ministro debe comandar unha maioria da Asemblea Nacional para gobernar, acostuma a ser o lider do partido maioritario na Asemblea Nacional ou o lider do socio maior na coalicion de goberno. A Asemblea Nacional so pode retirar o seu apoio a un primeiro ministro mediante unha
mocion de censura construtiva
, e dicir, unha
mocion de censura
que non ten efecto sen que o futuro sucesor tena o apoio dunha maioria da camara. O primeiro ministro e tamen presidente do Consello de Seguridade Nacional.
O primeiro ministro e elixido pola
Asemblea Nacional de Eslovenia
.
Despois das eleccions parlamentarias, a nova
Asemblea Nacional
reunese na sesion constitutiva (normalmente ao redor de 2-3 semanas despois das eleccions), logo de que se formen os novos grupos parlamentarios. Despois de que se formen todos os grupos (normalmente dentro duns poucos dias), o
presidente da Republica
reunese cos lideres dos grupos para consultas. Durante as consultas, o presidente da Republica tenta identificar a un candidato que poida obter unha maioria absoluta na Asemblea Nacional (46 votos). Despois das consultas, o presidente da Republica pode proponer oficialmente un candidato ao presidente da Asemblea Nacional, isto debe realizarse dentro dos 30 dias posteriores a sesion constitutiva. A asemblea debe votar o candidato en 7 dias, pero non antes das 48 horas tras a proposta. O candidato ten que presentar o seu proxecto de goberno ante a Asemblea Nacional antes da votacion. Cando o primeiro ministro e elixido, comeza a formacion dun novo goberno.
Se non sae elixido primeiro ministro, tera lugar a segunda rolda. Despois de novas consultas, o presidente da Republica pode propor un novo candidato ou o mesmo candidato de novo dentro dos 14 dias seguintes a votacion da primeira rolda. Na segunda rolda os grupos parlamentarios tamen poden proponer un candidato. Se hai mais dun candidatos proposto, a Asemblea Nacional votara primeiro ao candidato proposto polo presidente da Republica, e so se ese candidato non e elixido a Asemblea votara os outros candidatos na orde de presentacion das propostas. Precisase maioria absoluta para ser elixido primeiro ministro (46 votos). Se o primeiro ministro e elixido, comeza a formacion dun novo goberno.
Se a Asemblea Nacional volve a fallar ao elixir primeiro ministro, o presidente da Republica disolvera a Asemblea Nacional e convocara eleccions rapidas, a menos que a Asemblea Nacional decida, dentro das 48 horas seguintes a votacion, celebrar unha terceira rolda de eleccions.
Na terceira rolda o primeiro ministro e elixido por maioria relativa (maioria dos deputados presentes). Na Asemblea Nacional da terceira rolda votase por todos os candidatos da primeira e segunda volta, e se ningun dos candidatos recibe maioria de votos, enton votanse novas propostas, comezando pola proposta do presidente da Republica e logo os demais na orde de presentacion das candidaturas. Se o primeiro ministro e elixido, comeza a formacion dun novo goberno, se non, o presidente disolve a Asemblea Nacional e tenen lugar as eleccions rapidas.
O primeiro ministro toma oficialmente posesion despois de que todos os seus ministros fagan o xuramento do cargo ante a
Asemblea Nacional
, logo da eleccion do goberno con maioria relativa na Asemblea Nacional. O primeiro ministro xura o cargo despois da sua eleccion.
O primeiro ministro e os ministros prestan o mesmo xuramento segundo o artigo 104 da Constitucion: "
Xuro que vou cumprir a orde constitucional, que actuarei segundo a mina conciencia e que farei todo o que poida para o ben de Eslovenia
".
Lista de primeiros ministros de Eslovenia
[
editar
|
editar a fonte
]
- Partidos
Conservadores
:
- Partidos
- Partidos
Democratas cristians
:
Liberais
:
Conservadores
:
Socialdemocratas
:
![](//upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/timeline/d0e4fymjpa8wd0wk0fncc1smgb1nlpb.png)