Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira misa en Cabilia
e unha
pintura o oleo
do pintor frances
Horace Vernet
(
1789
-
1863
), realizada en
1854
[
1
]
. Conservase no
Museo Cantonal de Belas Artes
(MCBA) de
Lausana
, logo de que fose doado en 1959 por Edgar Kaufmann jr. Ten unhas dimensions de 195 x 130 cm.
O cadro representa a difusion do cristianismo como parte da lexitimacion do imperialismo occidental. A cerimonia que da titulo a obra foi celebrada polo
Imperio Frances
en
Cabilia
(no sueste de
Alxeria
) o 14 de xuno de 1853 para conmemorar o vixesimo aniversario da chegada ao pais.
A obra foi feita para ser exposta en
Paris
como propaganda do Segundo Imperio. Desta a dimension relixiosa da escena, no momento de glorificar a Deus nun pais de infieis. O feito de que a accion ten lugar en Africa do Norte mostrase na presenza dos
spahis
e as babouchas en primeiro plano. Canda a eles aparecen os oficiais en posicion de repouso e os fusis dos soldados. As miradas concentranse nas mans entrelazadas do abade e na cruz do altar, ao pe do cal se amorean os tambores da banda militar, nunha clara mostra da espada como elemento evanxelizador. A neboa que esconde parcialmente a cruz manifesta a presenza inmaterial de Deus. Poren, unha vision contemporanea poderia interpretala como un veo pudico sobre o masacre levada a cabo contra os pobos indixenas.
O padre Francois Regis (1808-1880), abade de Nosa Senora de Staoueli, celebrou a misa nas beiras de Oued-Agrioun. Tras del aparece o padre Thomas de Aquin. Este episodio tivo lugar ao remate da campana dos Babors, liderada polo Mariscal Randon. Nunha carta escrita por Vernet o 25 de maio de 1854, explica que na obra ≪O momento que escollin e o da elevacion, cando a arma substituiu a campa, e o incenso o fume do po≫