한국   대만   중국   일본 
Primeira misa en Cabilia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Primeira misa en Cabilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Primeira misa en Cabilia .

Primeira misa en Cabilia e unha pintura o oleo do pintor frances Horace Vernet ( 1789 - 1863 ), realizada en 1854 [ 1 ] . Conservase no Museo Cantonal de Belas Artes (MCBA) de Lausana , logo de que fose doado en 1959 por Edgar Kaufmann jr. Ten unhas dimensions de 195 x 130 cm.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

O cadro representa a difusion do cristianismo como parte da lexitimacion do imperialismo occidental. A cerimonia que da titulo a obra foi celebrada polo Imperio Frances en Cabilia (no sueste de Alxeria ) o 14 de xuno de 1853 para conmemorar o vixesimo aniversario da chegada ao pais.

A obra foi feita para ser exposta en Paris como propaganda do Segundo Imperio. Desta a dimension relixiosa da escena, no momento de glorificar a Deus nun pais de infieis. O feito de que a accion ten lugar en Africa do Norte mostrase na presenza dos spahis e as babouchas en primeiro plano. Canda a eles aparecen os oficiais en posicion de repouso e os fusis dos soldados. As miradas concentranse nas mans entrelazadas do abade e na cruz do altar, ao pe do cal se amorean os tambores da banda militar, nunha clara mostra da espada como elemento evanxelizador. A neboa que esconde parcialmente a cruz manifesta a presenza inmaterial de Deus. Poren, unha vision contemporanea poderia interpretala como un veo pudico sobre o masacre levada a cabo contra os pobos indixenas.

O padre Francois Regis (1808-1880), abade de Nosa Senora de Staoueli, celebrou a misa nas beiras de Oued-Agrioun. Tras del aparece o padre Thomas de Aquin. Este episodio tivo lugar ao remate da campana dos Babors, liderada polo Mariscal Randon. Nunha carta escrita por Vernet o 25 de maio de 1854, explica que na obra ≪O momento que escollin e o da elevacion, cando a arma substituiu a campa, e o incenso o fume do po≫

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Ficha no MCBA de Lausana" . Arquivado dende o orixinal o 09-08-2016 . Consultado o 30-03-2017 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]