Portal : Sistema Solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Sistema Solar e o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Via Lactea , que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol . Inclue os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides , cometas e satelites . Outro xeito de consideralo e como a zona na que o Sol e a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extension moito maior, na que se supon que existen moitos corpos desconecidos ata o momento, incluindo a Nube de Oort , considerada como o berce dos cometas.

O Sistema Solar formouse hai uns 4 600 millons de anos. a partir do colapso dunha nube molecular . O material residual orixinou un disco circunestelar protoplanetario no que tiveron lugar os procesos fisicos que levaron a formacion dos planetas. O Sistema Solar esta situado no Brazo de Orion , a uns 28 000 anos luz do centro da galaxia.

Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa esta contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio , Venus , Terra e Marte , estan principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante mais grandes que os anteriores. Os maiores, Xupiter e Saturno , estan compostos principalmente de hidroxeno e helio ; os dous restantes Urano e Neptuno , estan formados en gran parte por xeo de auga , amoniaco e metano , e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo".

O Sistema Solar tamen ten outras rexions habitadas por obxectos mais pequenos. O cinto de asteroides , que se atopa entre Marte e Xupiter, e semellante aos planetas interiores, xa que esta composta principalmente por rochas e metal. Mais alo da orbita de Neptuno atopanse o cinto de Kuiper e o disco disperso ; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoniaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres , Pluton , Haumea , Makemake e Eris , reconecese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola sua propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos . Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas duas zonas existen cometas , centauros e po cosmico , que viaxan libremente entre as rexions.

Artigo destacado

editar

Os aneis de Xupiter son un sistema de aneis planetarios arredor do planeta Xupiter . Foi o terceiro sistema de aneis descubertos no Sistema Solar, tras os de Saturno e Urano . Foron observados por vez primeira pola sonda Voyager 1 , e estudados de novo a partir da decada de 1990 polas sondas Galileo e Cassini-Huygens . Tamen foron observados en observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble ao longo dos ultimos 25 anos. Os avistamentos desde a superficie da Terra esixe dos telescopios mais potentes disponibles.

Os aneis de Xupiter son debiles e consisten principalmente en po espacial. Tenen catro estruturas: no interior, un groso toro de particulas conecido como halo ou halo anel , un anel principal relativamente brillante, pero excepcionalmente fino e dous aneis de ancho, groso e debiles chamados anel difuso de Tebe e anel difuso de Amaltea polos nomes dos satelites de cuxo material estan formados.

Na banda de luz visible e no infravermello proximo, os aneis mostran unha cor avermellada, excepto o halo que ten unha cor neutra ou azulada. A masa total do sistema de aneis, incluindo os corpos non observados que xeran material para os aneis, non esta exactamente determinada, pero e probable que estea no rango 1011 a 1016 kg. A idade do sistema de aneis non e conecida pero posiblemente existan desde a formacion do planeta.


c
Artigos de calidade e bos
Categorias

editar

Queres atopar artigos relacionados co sistema solar? Proba buscando nas seguintes categorias :

Categorías de Sistema solar

Non se atopou a categoria " Sistema Solar "
Imaxe destacada

editar

O Sol fotografado a 304 angstroms polo Atmospheric Imaging Assembly (AIA 304) do Solar Dynamics Observatory (SDO) da NASA . Esta e unha imaxe do for falsa do Sol observada na rexion ultravioleta extrema do espectro.


Sabias que...?

editar



Proxectos irmans

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons