한국   대만   중국   일본 
Piramide de Zoser - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Piramide de Zoser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piramide de Zoser
Piramide de chanzos de Zoser desde o sur
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Pais Exipto Exipto
Localizacion Coordenadas : 29°52′17″N 31°12′59″L  /  29.871266666667, 31.216394444444
Tipo Cultural
Criterios I, III e (iv)
Inscricion 1979
Rexion da UNESCO Mundo arabe
Identificador 86

A piramide de Zoser e a tumba do faraon Zoser de Exipto ( III Dinastia , seculo XXVII a.C. ). Conecese tamen como piramide de chanzos e foi edificada por Imhotep , o primeiro arquitecto de nome conecido. E a construcion mais notabel da necropole de Saqqara e foi o prototipo das piramides de Gizeh e das restantes piramides exipcias.

Ate a construcion da piramide de Zoser, as tumbas reais consistian en camaras subterraneas cubertas por unha estrutura de barro en forma de piramide truncada, chamadas mastabas . A piramide de Zoser esta feita en pedra e consiste en seis mastabas enormes, unha sobre a outra. Ademais, a piramide encadrase nun recinto que constitue un complexo funerario.

A piramide de chanzos situase no centro deste recinto rectangular de 554 m de norte a sur e 277 m de leste a oeste. A muralla e de calcaria , media orixinalmente 10,5 m de altura e tina catorce portas falsas e so unha verdadeira, que tamen imita unha porta falsa. As construcions tenen fachadas exteriores coidadas mais os interiores son bastos.

Esta entrada na porta falsa leva a un patio pequeno e logo a un corredor de 40 columnas, divididas en duas fileiras, sobre as que se apoiaba unha cuberta de bloques escuadrados e arredondados na parte interior, como imitando troncos de palmeira . O corredor dividese en duas partes de tamano desigual e remata unha sala rectangular con oito columnas unidas de par en par por pilastras . Estas columnas son as unicas fasciculadas da arte exipcia.

A continuacion, e tras outra porta falsa, hai un patio amplo con duas construcions enigmaticas que talvez representan as fronteiras norte e sur do treito entre as que o faraon debia realizar a carreira simbolica durante a cerimonia Sed .

Piramide de chanzos [ editar | editar a fonte ]

A piramide de Zoser ten base rectangular (121x109 m), esta orientada de leste a oeste e consiste en seis troncos de piramide superpostos, sen vertice, ate unha altura orixinal de 60 m. A inclinacion dos corpos da piramide e de 16° respecto a vertical e de 22° respecto a horizontal no ultimo nivel.

Parece que o deseno da piramide sufriu unhas seis modificacions, as tres primeiras ainda baixo a idea de mastaba e as outras tres xa como piramide de chanzos. Utilizaronse bloques de calcaria silicea extraida dos arredores unidos con argamasa e o exterior revestiuse con pedra calcaria fina dun espesor medio de dous metros.

A tumba de Zoser esta no centro da piramide, no fondo dun pozo de 28 m de fondo e 7 de anchura. A camara funeraria fixose en granito e revocouse con xeso . O arqueologo frances Jean-Philipe Lauer atopou restos da momia de Zoser. Arredor desta camara abrense catro galerias labirinticas unidas entre si mediante pasadizos. O terceiro proxecto da piramide consistiu nunha extension da mastaba orixinal para incorporar as tumbas da familia real. Hai once pozos de 32 m de fondo polos que se chega a outros tantos corredores horizontais nos que se atoparon dous sarcofagos de alabastro (un deles con restos dun neno de oito anos) e unha vaixela feita en pedra moi variada con mais de 40.000 pezas.

Outras construcions [ editar | editar a fonte ]

  • O templo das tres columnas acanaladas : na muralla leste, ao sur da piramide, hai un templo do que sobresaen tres columnas acanaladas, reconstruidas recentemente ate a altura dos capiteis orixinais. No leste hai unha porta falsa semiaberta.
  • A capela da cerimonia Sed : ao sur hai un edificio para a festa do trixesimo ano do reinado do faraon, a "cerimonia Sed ". Un corredor xira en angulo recto en canto o muro describe un cuarto de circulo; leva a parte sur dun patio alongado e ao que se abren varias capelas. Hai tamen unha tribuna con duas escaleiras pequenas, que probabelmente simbolizaban os tronos do Alto e Baixo Exipto .
  • A Casa do Sur : esta ao leste da piramide e e un edificio decorado con catro columnas acanaladas de 12 m de altura. A entrada leva a un corredor estreito que remata nunha sala pequena con planta en forma de cruz con nichos para ofrendas. A Casa do Norte , ao nordeste da anterior, ten unha fachada e interior semellantes.
  • O serdab e unha camara acaroada a cara norte da piramide. Nela habia unha estatua de Zoser e na fachada dous furadinos polos que a estatua podia ollar o mundo exterior.
  • O templo funerario esta situado ao oeste do serdab e atopase en ruinas. Un pasadizo conduce ao sarcofago do faraon e aos niveis inferiores da piramide.
  • No interior do lado meridional da muralla hai unha tumba , un pozo de 7 m de anchura e 29 de fondo cunha camara de granito cuxa funcion e desconecida (talvez representacion do cenotafio de Abidos ). Moi preto esta o santuario correspondente.