한국   대만   중국   일본 
Paula Cabaleiro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Paula Cabaleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaula Cabaleiro

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 24 de setembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Cangas, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion artista Editar o valor em Wikidata

BNE: XX5544030 Dialnet: 4718468

Paula Cabaleiro Comesana, nada en Cangas en 1986 , e unha artista e xestora cultural galega , comisaria do Programa de Igualdade "Abrandares en accion Violencia cero" desde o ano 2015 e directora de Cultura da Deputacion de Pontevedra desde maio de 2020 . [ 1 ] [ 2 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Cabaleiro licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e posteriormente especializouse en xestion co Mestrado en Museoloxia, Critica e Arte Contemporanea da Universidade de Santiago de Compostela e o Mestrado en Educacion na Universidade de Vigo .

E critica de arte contemporanea e dirixiu a sua carreira cara ao comisariado. Foi comisaria do Espazo de Arte de Culturgal ( 2014 - 2019 ), pertence ao Consello da Cultura Galega (desde 2019) e a xunta directiva dos Premios Critica de Galicia (desde 2016 ). Foi directora do MAC Florencio de la Fuente ( Huete , Cuenca , 2015-2020). [ 3 ] Coordina programas como #CreaVigo, “Do Camino Vivido” ou “Somos rua, facemos arte”, residencias artisticas como “Estudo Aberto” ( 2013 -2016) ou “Programa de residencias artisticas MAC Florencio de la Fuente” (2019). [ 4 ] Entre os seus ultimos comisariados destacan "In Landscape Mode" de Chistian Villamide no CGAC (2019-2020), "Leave here your fears" de Alicia Framis na Cidade da Cultura (2019-2020), "Nacion S.A." de Iago Eireos na Deputacion de Lugo (2019) ou "Omnia Vanitas" de Paula Noya na Galeria Luisa Pita (2020).

No ano 2015, realizou un proxecto que iniciou en Galicia con 11 artistas contemporaneas. O proxecto consistiu en sair a rua de forma simultanea, tomando con performances espazos publicos de 10 concellos da provincia de Pontevedra cunha unica premisa: transformar o seu traballo artistico nun berro de denuncia. Naceu asi o programa Mulleres en Accionː Violencia Zero da Deputacion de Pontevedra, que, apoiando e visibilizando o talento das creadoras galegas, en directa colaboracion coa cidadania, puna o foco sobre a secuela social de violencia machista que azouta cada dia a nosa sociedade. No 2020, na sua quinta edicion, con 25 concellos e 25 novas accions cada ano, o programa consolidou a accion artistica reivindicativa contra a violencia machista, realizando mais de 75 pezas, no que se involucrou a participacion activa de centos de persoas, da man de creadoras de referencia na accion artistica. [ 5 ]

No 2017, o Museo Thyssen-Bornemisza presentou no ano 2017 El espacio de la memoria o perspectiva de genero , unha exposicion organizada pola area de Educacion coa sua participacion e a das artistas Monica Mura , Paula Noya e Mery Pais, para compartir o traballo realizado durante os dous ultimos anos dentro do proxecto 'Nos+outras en rede'. O proxecto, iniciado en 2015 para abordar a perspectiva de xenero, contou coa colaboracion de varias asociacions de mulleres, a Rede Museistica Provincial de Lugo e o apoio de The Edmond de Rothschild Foundations. A mostra recollia o proceso creativo das participantes nos obradoiros ideados polas artistas impulsoras. A asistencia aos talleres foi moi diversa, principalmente mulleres que non tiveran relacion coa arte e mediante estes obradoiros, e os traballos que realizaron neles estimuladas polas artistas, crearon as obras mostradas na exposicion. [ 6 ] [ 7 ] [ 8 ]

No ano 2018 publicou un artigo tituladoː Accion, reflexion, reaccion. El error como motor de aprendizaje en la gestion cultural. [ 9 ] Con motivo do Xacobeo 2021, Cabaleiro foi nomeada comisaria do programa "Camino (a) dentro", promovido pola Deputacion de Pontevedra (Turismo Rias Baixas ), en colaboracion con Xunta de Galicia . A exposicion pasa polos concellos de Baiona (Doures Temdras), Tui (Nastasia Zurcher), Oia (Maria Meijide), A Guarda (Inherente Teatro), Nigran (Carla Andrade), O Porrino (Duas), Redondela (Carmen Quinteiro), Soutomaior (Helen Bertels), Pontevedra (Lucia Loren) e Caldas (Ruth Monfiel Arias). [ 10 ]

Colaborou con diversas institucions como comisaria, organizando exposicions, ciclos e programas ou sendo relatora en congresos, como Centro Galego de Arte Contemporanea de Santiago de Compostela, CGAC, Museu Romantico de Porto, Museo Arqueoloxico de Cacabelos, Rede Museistica de Lugo, Pazo da Cultura de Pontevedra, Afundacion, USC , UVigo , Centro Marcos Valcarcel, Fundacion PG Camilo Jose Cela , Fundacion Antonio Perez, Universidade de Valladolid , Universidade Complutense de Madrid , en MediaLab Prado de Madrid ou no Museo de Pontevedra . [ 11 ] [ 12 ]

No ano 2020, foi nomeada Directora de Cultura da Deputacion de Pontevedra, tras ser seleccionada por unanimidade nun proceso de seleccion levado a cabo por un organo tecnico de funcionarios da propia Deputacion de Pontevedra . [ 13 ] [ 14 ] [ 15 ] [ 16 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. ARTEINFORMADO (20140603). "Paula Cabaleiro. Artista, Comisario" . ARTEINFORMADO (en castelan ) . Consultado o 2021-08-18 .  
  2. "Paula Cabaleiro presenta Mulleres en Accion: Violencia Zero" . Mujeres Mirando Mujeres (en castelan ) . 2017-04-06 . Consultado o 2021-08-18 .  
  3. "Paula Cabaleiro" . La Ponte (en castelan ) . Consultado o 2021-08-18 .  
  4. Cangas (2019-10-11). "La "alta comisaria" de Cangas en el arte" . Faro de Vigo (en castelan ) . Consultado o 2021-08-18 .  
  5. "Paula Cabaleiro presenta Mulleres en Accion: Violencia Zero" . Mujeres Mirando Mujeres (en castelan ) . 2017-04-06 . Consultado o 2021-08-18 .  
  6. " ' El espacio de la memoria' o la perspectiva de genero" . hoyesarte.com (en castelan ) . 2017-03-01 . Consultado o 2021-08-18 .  
  7. "Paula Cabaleiro archivos" . Revista de Arte - Logopress (en castelan ) . Consultado o 2021-08-18 .  
  8. "Actividad - Habitamos cuadros" . EducaThyssen (en castelan ) . Consultado o 2021-08-18 .  
  9. Cabaleiro Comesana, Paula (2018). "Accion, reflexion, reaccion. El error como motor de aprendizaje en la gestion cultural ." (6): 175?188.  
  10. Cangas (2019-10-11). "La "alta comisaria" de Cangas en el arte" . Faro de Vigo (en castelan ) . Consultado o 2021-08-18 .  
  11. "Paula Cabaleiro" . bne.es .  
  12. Garcia Deber, Luis. Ordenacion de los Espacios Litorales en Galicia . Netbiblo. pp. 213?224. ISBN   978-84-9745-132-1 . Consultado o 6 de xuno de 2020 .  
  13. MAV. "COMUNICADOS / Paula Cabaleiro, socia de MAV, nueva directora del servicio de Cultura de la Diputacion de Pontevedra" (en castelan ) . Consultado o 6 de xuno de 2020 .  
  14. Press, Europa (22 de maio de 2020). "Paula Cabaleiro, nueva directora para el area de Cultura de la Diputacion de Pontevedra" (en castelan ) . Consultado o 6 de xuno de 2020 .  
  15. "Paula Cabaleiro, nueva directora para el area de Cultura de la Deputacion" (en castelan ) . Consultado o 6 de xuno de 2020 .  
  16. "Paula Cabaleiro, nova directora de Cultura da Deputacion de Pontevedra" (en castelan ) . 22 de maio de 2020 . Consultado o 11 de xuno de 2020 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]