한국   대만   중국   일본 
Patronato da Cultura Galega de Montevideo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Patronato da Cultura Galega de Montevideo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Logo
Tipo asociacion cultural
Data de fundacion 1964
Sede Montevideo
Pais Uruguai
Na rede
Facebook: pcgalega Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

O Patronato da Cultura Galega de Montevideo e unha asociacion creada en Montevideo en 1964 . O seu obxectivo principal era dar cobertura aos galegos emigrados ao Uruguai , pero tamen defenden e espallan a lingua e a cultura galega nese pais.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Foi fundado por un grupo de galegos que compartian un sentimento comun de galeguidade. O proxecto comezou coa creacion dunha biblioteca que pouco a pouco foi transformandose no actual padroado. Entre os seus fundadores estan Manuel Meilan Martinez , primeiro presidente da institucion e galardoado coa Medalla Castelao en 1987. A entidade e membro da Union de Sociedades Gallegas, e foille reconecida a condicion de galeguidade o 29 de xaneiro de 1992.

O numero de socios fundacionais da entidade era de 94, todos eles galegos. No 1998, ano no que se rexistrou o maior numero de socios, acadaronse os 910 afiliados, dos cales o 98 % eran galegos. Na ultima comprobacion rexistrada, no ano 2012, o numero de socios eran 871, dos cales o 58 % eran galegos.

Obxectivo [ editar | editar a fonte ]

O Patronato da Cultura Galega e e unha asociacion cultural sen fins politicos, relixiosos, filosoficos e lucrativos, cuxo obxectivo e a defensa e espallamento dos valores culturais de Galicia e a union entre o pobo galego e o uruguaio.

Actividades [ editar | editar a fonte ]

Realiza moitas actividades coa fin de fortalecer os lazos culturais. Por exemplo, dende a sua fundacion ate a remate do franquismo o padroado publica libros en galego de temas e autores prohibidos en Galicia.

Actividades dos membros do padroado [ editar | editar a fonte ]

A institucion leva a cabo a emision do programa de radio semanal Sempre en Galicia . Fundado no ano 1950 constitue a audicion mais antiga do mundo falada enteiramente en lingua galega.

O padroado conta con publicacion periodicas na revista Guieiro. Orgao do Patronato da Cultura Galega , que recolle diversas expresions culturais de Galicia e a sua repercusion fora da terra, asi como producions propias de galegos emigrados.

Actividades para os socios [ editar | editar a fonte ]

Realiza tamen diversos cursos e obradoiros que rodean sempre a tematica galega e a promulgacion ou ensinanza da lingua e cultura de Galicia. Alguns exemplos son: Clases de historia de Galicia , clases de lingua e cultura galegas, obradoiros de fotografia, literatura e pintura etc.

Na institucion realizanse tamen actividades de tipo conmemorativo, como homenaxes a galegos ilustres ou celebracions do aniversario das letras galegas , entre outros.

Vieira de Prata [ editar | editar a fonte ]

O Premio Vieira de Prata e o maximo galardon que outorga o Patronato anualmente, a aquela persoa ou institucion que destaque pola sua achega ou servizo ben ao Patronato, ben a cultura galega en xeral. A entrega deste galardon faise en acto publico na celebracion do Xantar aniversario da Irmandade. Figuras destacadas que obtiveron este galardon son, por exemplo, Isaac Diaz Pardo , Xose Neira Vilas ou Luis Seoane entre outros.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]