Paixon de gabians

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paixon de gabians

Editar o valor em Wikidata
Formato Drama, romance, comedia
Creado por Julio Jimenez
Desenvolvido por Hugo Leon Ferrer
Dirixido por Ricardo Suarez Rodrigo Triana
Interpretes Mario Cimarro
Juan Alfonso Baptista
Michel Brown
Danna Garcia
Paola Rey
Natasha Klauss
Tema de apertura "Fiera Inquieta" (por Angela Maria Forero)
Pais de orixe Colombia
Lingua(s) Castelan
Episodios 188
Emision orixinal
Canle de orixe Telemundo, Canal Caracol
Na rede
IMDB: tt0387763 Facebook: Pasión de Gavilanes Twitter: PasionGavilanes Instagram: pasiondegavilanes Netlix: 80047032Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Paixon de gabians , orixinalmente en castelan Pasion de gavilanes , e unha telenovela colombiana escrita por Julio Jimenez .

Saiu o ar en Colombia o 16 de outubro do 2003 na canle Telemundo , mais en Galiza a sua emision non foi ata o ano 2005 , o 11 de abril , [ 1 ] , ainda que houbo de reemitirse a partir do 18 de xullo na mesma canle: TVG . Conta cun total de 188 episodios de 45 minutos aproximadamente. A telenovela combina o drama, a comedia e mailo romance. Ten como protagonistas a Danna Garcia e mais a Mario Cimarro , e de antagonista a Lorena Meritano , entre outros. E unha version da telenovela colombiana Las aguas mansas .

A novela acadou un grande exito tanto no seu pais de orixe, como en Galiza onde chegou a superar un 30% de share de audiencia. [ 1 ]

Trama [ editar | editar a fonte ]

Despois de atravesa-la fronteira e abandona-lo seu pais, os irmans Reyes Guerrero: Juan, Oscar, Franco e Libia, instalanse nunha pequena e axitada cidade, onde abren unha panadaria, que axudaos a se sosteren. Libia, a mais nova, namorase de Bernardo Elizondo, un home maior, que a sua vez tolea por ela. Os dous viven un secreto e torrido romance que e descuberto polos irmans Reyes.

Indignados, tentan separalos, poren a situacion complicase cando Libia confesa estar embarazada, o que fai rematen a acepta-la union de Libia e mais Bernardo, noentento, este oculta estar casado.

Bernardo esta disposto renunciar a sua familia composta por Gabriela Acevedo, a sua esposa, e tres fillas: Norma, Jimena e mais Sarina, os cales viven nunha facenda os arredores da cidade, para se dedicar ren mais que a Libia, cando a morte sorprendeo nun inesperado accidente.

O se decatar do falecemento de Bernardo e descubrir que e casado, Libia remata coa sua vida, tirandose dunha ponte. Os irmans Reyes sepultana e xuran vinga-la sua morte co proposito de destruir aquela familia. As circunstancias levanos a ser confundido cuns traballadores que deben construir unha cabana na facenda.

O profundo odio comeza a se disipar cando os Reyes conecen as fillas dos Elizondo, e aquela facenda convertese nun campo de batalla, onde se enfrontan o amor e os feroces sentimentos de vinganza e carraxe.

Notas [ editar | editar a fonte ]