한국   대만   중국   일본 
Pacto de Lestrobe - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pacto de Lestrobe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo da Hermida, lugar da xuntanza do Pacto de Lestrobe

O Pacto de Lestrobe foi a xuntanza celebrada o 26 de marzo de 1930 no Pazo da Hermida de Lestrobe ( Dodro ) na que se acordou a constitucion da Federacion Republicana Gallega . Participaron os partidos ORGA , Partido Radical , Partido Radical Socialista e Partido Republicano Federal e personalidades republicanas galegas. Pretendian establecer unha estratexia conxunta e autonoma dos republicanos galegos. [ 1 ]

Asistiron unhas 50 persoas, entre outros Xerardo Abad Conde e Santiago Casares Quiroga , sendo dono do pazo Jose Vazquez Batalla . Asinaron un manifesto dirixido a opinion publica. [ 2 ]

Celebracion do comicio [ editar | editar a fonte ]

Celebrouse nas Torres de Lestrobe, por inspiracion da Organizacion Republicana Gallega Autonoma (ORGA), o 26 de marzo de 1930, no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas.

A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a Ditadura caia, a Republica xa se albiscaba e as distintas fraccions do republicanismo galego non se ponian de acordo. Daquela tomouse a decision de converxer todos os republicanos da rexion nun so feixe, con vistas a acelerar o proceso de caida do rexime monarquico e preparar o terreo para a Republica. Fixose unha reunion clandestina en Roxos (Santiago) pero alguen debeu traizoalos e por iso finalmente Xesus San Luis Romero acompanado por Constante Nogueira e Andres Suarez tiveron que marchar o Pazo de Hermida, onde o vello republicano Jose Vazquez Batalla lles ofreceu a sua casa para celebrar o comicio clandestino.

A reunion, a que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacions que componian o espectro republicano, tivo lugar o 26 de marzo de 1930. Nun primeiro plano estaba a ORGA, promotora do acto, e o Partido Radical cos seus respectivos lideres a cabeza, Casares Quiroga e Abad Conde. Xunto a eles, o Partido Radical-Socialista, o Partido Republicano Federal, unha representacion da seccion galega da FUE e alguns republicanos a titulo persoal, asi como varios sindicalistas ex-militantes da CNT . En total, mais de medio cento de asembleistas.

Tras os debates de rigor, os asistentes acordaron a creacion da Federacion Republicana Gallega co obxectivo da implantacion do rexime republicano democratico en Espana e loitar pola autonomia de Galicia. A Federacion Republicana Galega, acabada de crear, enviou a Santiago Casares Quiroga como delegado o pacto de San Sebastian .

Unha anecdota que determina o entusiasmo republicano de Vazquez Batalla e que mentres se deliberaba, el serviu de vixia na torre do pazo para facilitar a fuxida os montes do Barbanza se eran sorprendidos.

A principios de abril, a prensa publicou o "Manifiesto de la Federacion Republicana Gallega" no que se recollian os acordos do pacto e a relacion dos asinantes. [ 3 ]

No terceiro aniversario do pacto, xa en plena Republica, volveron reunirse case todolos asistentes no mesmo lugar para ofrendar a Vazquez Batalla cun pergameo en conmemoracion da data daquel acto. [ 4 ]

Asinantes do pacto [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "El acta inedita de la Asamblea de Lestrove", El Pueblo Gallego , 1-4-1934, p. 9.
  2. "Manifiesto de la Federacion Republicana Gallega", El Pueblo Gallego , 6-4-1930, p. 14.
  3. "Manifiesto de la Federacion Republicana Gallega", El Pueblo Gallego , 6-4-1930, p. 14.
  4. "El pacto de Lestrove: se cumplieron los setenta y siete anos de una vieja ilusion" Arquivado 17 de maio de 2014 en Wayback Machine .. El Correo Gallego (24-4-2007), en castelan.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Silvia Figueira: Dodro, un concello para ver . Concello de Dodro.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]