한국   대만   중국   일본 
PO-552 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

PO-552

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-552
Mapa
Estrada PO-552
Estrada PO-552 no paso por Oia ( Vigo )
Identificador
Tipoloxia Estrada da Rede Primaria Basica
Rede Rede de estradas de Galicia
Titular da via
Xunta de Galicia

Dimensions
Lonxitude 71,21 km
Formato 1 carril por sentido
Localizacion
Inicio   Avenida de Citroen   ( Vigo )
Fin   N-551   Tui

A PO-552 [ 1 ] [ 2 ] (na provincia de Pontevedra ), e unha estrada da Rede Primaria Basica da Xunta de Galicia que une as localidades de Vigo e Tui ; atravesa os concellos de Vigo , Nigran , Baiona , Oia , O Rosal , A Guarda , Tomino e Tui . Ten unha lonxitude de 71,21 quilometros e iniciase nun cruzamento coa Avenida de Citroen en Vigo e finaliza nun cruzamento coa N-551 en Tui. Foi creada en 1986 logo da fragmentacion da antiga estrada comarcal C-550 , que percorria a costa galega das Rias Baixas .

Nomenclatura [ editar | editar a fonte ]

Como a Rede Autonomica de Estradas de Galicia ( RAEGA ) manten a denominacion da sua Rede Primaria Basica Convencional, e por isto polo que non se chama GA-552. O 552 debese a continuidade da N-552 .

Percorrido [ editar | editar a fonte ]

Comeza na rotonda viguesa onde confluen a Avenida de Citroen e a circunvalacion de Vigo , VG-20 . Segue cara a Santo Andre de Comesana , Coruxo , Oia e Saians , rodeando os montes do Mauxo . Continua polas parroquias de Priegue e Nigran , ata chegar a Ramallosa , onde se cruza coa PO-340 e a PO-325 .

Cruza o rio Minor , e chega a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa ( Baiona ). Continua, pasando por Sabaris , O Burgo e a vila de Baiona ata pasar Cabo Silleiro en Baredo . Dende ai, segue polos pes da Serra da Groba .

Pasa polas parroquias oienses de Mougas , Viladesuso , Pedornes e Santa Maria de Oia ; pola parroquia do Rosal e as parroquias guardesas de Salcidos e A Guarda , nesta ultima realiza un xiro para seguir o curso do rio Mino . Prosegue polas parroquias de Salcidos , San Miguel de Tabagon , San Xoan de Tabagon , As Eiras , Goian , Figueiro (onde se une coa PO-344 ), Estas , Tomino , Forcadela , Amorin , Curras e Sobrada . Remata na parroquia do Regueiro , onde conflue coa estrada nacional N-551 .

Nomes locais [ editar | editar a fonte ]

Densidade do trafico [ editar | editar a fonte ]

O primeiro tramo Vigo - Baiona e o que maior densidade de trafico ten xa que nel estan as zonas residencias e industriais. En Coruxo , alcanza, aproximadamente, 15.000 vehiculos/dia. [ 3 ]

O segundo tramo Baiona - A Guarda e o que menor densidade presenta. E o terceiro tramo A Guarda - Tui ten unha densidade media composta por trafico local.

Notas [ editar | editar a fonte ]