Pe (medida)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pe e unha unidade de lonxitude de orixe natural (baseada no pe humano ), xa utilizada polas civilizacions antigas.

O pe romano, ou pes , equivalia a 29,57 cm; o pe castelan a 27,6 cm.

Foi substituido en case todo o mundo polas unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI), salvo no uso corrente nos paises anglosaxons.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A primeira referencia historica dunha medida estandar do ≪pe≫ relacionase coa civilizacion sumeria , grazas a unha definicion da medida atopada nunha estatua de Gudea de Lagash . Segundo a crenza mais popular, orixinouse tras un descanso nunha extenuante xornada de traballo. O encargado de medir os bloques de pedra non era capaz de incorporarse e decidiu que seria moito mais comodo, para medir os bloques desde o chan, utilizar os pes desde a sua posicion. [ Compre referencia ]

Con todo, os arqueologos pensan que os exipcios e mesopotamicos favoreceron o cobado , mentres que os romanos e os gregos preferiron o pe. Orixinalmente tanto os gregos como os romanos dividiron o pe en 12 pulgas, pero nos ultimos anos, os romanos tamen o dividiron en 12 unciae (de onde deriva a palabra castela "onza" e as inglesas inch , "polgada" e ounce , "onza"). O pe grego (πο??, pous ) variaba dunha cidade a outra, oscilando entre 270 e 350 mm, pero as lonxitudes utilizadas para a construcion de templos parecen ser ao redor de 295 ou 325 mm, sendo o primeiro proximo ao tamano do pe romano . O pe dorico, empregado na orde dorica , oscilaba entre 325 e 328 mm. O pe romano normal ( pes ) media 295,7 mm, pero nas provincias usabase o pes Drusianus (pe de Neron Claudio Druso ) cunha lonxitude de aproximadamente 334 mm (en realidade, este pe esta constatado anteriormente a Druso). [ 1 ]

Despois da caida do Imperio Romano, continuaronse usando algunhas medidas tradicionais romanas, pero outras caeron en desuso. No ano 790, Carlomagno tentou reformar as unidades de medida nos seus dominios. As suas unidades de lonxitude basearonse na toesa (en frances toise ) e, en particular, a toise de l'Ecritoire , a distancia entre as puntas dos dedos dos brazos estendidos dun home. [ 2 ] A toesa ten 6 pied (pe) de 326,6 mm.

Con todo, non tivo exito na introducion dunha unidade normalizada de lonxitude en todo o reino. Durante o seculo IX utilizouse un pe romano de 296,1 mm, e no seculo X , un pe duns 320 mm. Ao mesmo tempo, os edificios monasticos usaban o pe carolinxio de 340 mm. [ 3 ]


Sistema anglosaxon [ editar | editar a fonte ]

En ingles , a medida ≪pe≫ escribese foot , plural feet , a abreviatura e ft ou ' (comina simple).

Equivalencias:

O ≪pe≫ utilizase so como unidade de medida popular nos Estados Unidos e o Reino Unido , e ainda se emprega en aeronautica e tamen, fora dos paises anglosaxons, para expresar a altitude de avions e outros vehiculos aereos. A adopcion por estes paises do Sistema Internacional hai xa uns anos ira facendo caer en desuso esta unidade, tamen nestes paises.

Pe de agrimensura [ editar | editar a fonte ]

Para o acotamiento de terras e costas, o Sistema Publico de Agrimensura de Terras dos Estados Unidos utiliza unha variedade chamada ≪pe de agrimensura≫, cuxa lonxitude equivale a 30,4800609601219 centimetros.

Pe madeireiro (ou pe taboleiro) [ editar | editar a fonte ]

Na industria da madeira e usual utilizar o ≪pe madeireiro≫, tratandose neste caso dunha unidade de volume. O seu valor e o que corresponde a unha peza cadrada de 1 pe de lado e 1 polgada de espesor.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  1. Dilke, Oswald Ashton Wentworth (1987). Mathematics and measurement . University of California Press . p. 26. ISBN   978-0-520-06072-2 . Consultado o 4 de outubro de 2013 .  
  2. Russ Rowlett. "How Many? A Dictionary of Units of Measurement" . Center for Mathematics and Science Education, University of North Carolina at Chapel Hill . Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013 . Consultado o 4 de outubro de 2013 .  
  3. Sutherland, Elizabeth R. (maio de 1957). "Feet and dates at Charlieu". Journal of the Society of Architectural Historians 16 (2). JSTOR   987740 .