한국   대만   중국   일본 
One Albania - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

One Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
One Albania
Na rede
https://www.one.al/
editar datos en Wikidata  ]

One Albania sh.a e unha compania de telecomunicacions que opera en Albania , anteriormente esta compania foi conecida como AMC , e como Telekom Albania . A AMC formou parte da empresa COSMOTE Group desde o ano 2000 ate o ano 2008 que ficou en mans da compania Deutsche Telekom Group .

Os comezos [ editar | editar a fonte ]

Antigo logotipo da AMC.

A compania foi constituida en novembro de 1995 da man do estado albanes e sendo este o seu propietario comezou as suas operacions comerciais en maio de 1996, convertendose no primeiro operador mobil en toda a Albania. A empresa foi privatizada con exito en agosto do ano 2000ao adquirir a empresa de telecomunicacions grega COSMOTE o 85% das accions de AMC, a traves do grupo COSMO-HOLDING ALBANIA S.A.

No ano 2008 a compania de telecomunicacions alema  Deutsche Telekom Group lider en toda a Europa, adquiriu todas as accions de COSMO-HOLDING ALBANIA S.A. cambiando asi de donos, e o 1 de xullo de 2015 a AMC e renomeada. O seu logotipo anteriormente verde foi substituido por un logotipo do grupo Telekom en cor maxenta .

Os servizos [ editar | editar a fonte ]

Cando COSMOTE adquiriu a AMC, a empresa tina 11 000 clientes de rede mobil. A finais de decembro de 2001 a AMC xa conseguira mais de 273 000 clientes e no 2009 xa tina alcanzado unha base de clientes de 1,9 millons.

Na actualidade, a cobertura da rede mobil da empresa cobre o 99,6% da poboacion albanesa e o 95% da area xeografica de Albania, e no 2011 os seus clientes achegaronse aos 1,8 millons de clientes. [ 1 ]

En 2011 a AMC entra no mercado de telefono fixo en Albania, co que chega a ser a segunda empresa na Albania en ofrecer o servizo de telefono fixo en todo o pais.

Tamen Telekom Albania foi a primeira en ofrecer os servizos de cobertura mobil LTE 4G na capital do pais, Tirana , e no sur da Albania. Ademais a empresa foi unha das primeiras en Europa que lanzou a tecnoloxia LTE-A Cat4 con ate 150 Mbps de velocidade de baixada.

Cota de mercado [ editar | editar a fonte ]

No 2012 a Albania tina 5,3 millons de clientes de rede mobil (cun 187% de cociente de penetracion), dos cales 3,2 millons son usuarios activos (cun 114% de cociente de penetracion).

A autoridade reguladora de telecomunicacions na Albania e a Autoridade de comunicacions electronicas e postais , e para esta unha numeracion activa de mobil e aquela que fixese algun tipo de comunicacion no numero de mobil, como pode ser unha chamada mesmo nos ultimos 3 meses. [ 2 ]

Posicion Operador Redes Clientes no 2012
(en millons)
Propiedade
1 Vodafone GSM -900/1800
UMTS , HSPA , HSPA+ , 4G , 4G+
1 839 ou 34,76% Vodafone
2 Telekom Albania GSM -900/1800
UMTS , HSPA , HSPA+ , 4G , 4G+
1 736 ou 32,82% Deutsche Telecom
3 Eagle Mobile GSM -900/1800
UMTS , HSPA , HSPA+ , 4G
1 304 ou 24,66% Albtelecom
4 Plus GSM -900/1800 0 410 ou 7,76% Plus Communication

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Deutsche Telekom in Albania" . Deutsche Telekom . Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016 . Consultado o 5 febreiro 2016 .  
  2. "2012 yearly report (in Albanian)" (PDF) . Electronic and Postal Communications Authority . AKEP . Consultado o 5 febreiro 2016 .   [ Ligazon morta ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]