한국   대만   중국   일본 
O parrulo feo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O parrulo feo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O parrulo feo
Ilustracion de Vilhelm Pedersen (1820 - 1859), o primeiro ilustrador de Andersen.
Titulo orixinal Den grimme Ælling
Autor/a Hans Christian Andersen
Ilustrador/a Vilhelm Pedersen
Cuberta Vilhelm Pedersen
Orixe Dinamarca
Lingua Lingua dinamarquesa
Coleccion Nye Eventyr (Novos contos)
Tema(s) conto, fabula
Xenero(s) Conto de fadas , literatura infantil
Data de pub. 8 de novembro de 1843 ,
editar datos en Wikidata  ]

O parrulo feo (orixinalmente en dinamarques : Den grimme Ælling ) e un conto clasico-contemporaneo escrito por Hans Christian Andersen sobre un parrulo particularmente mais grande, torpe e laido ca seus irmans. O conto foi publicado por vez primeira o 11 de novembro de 1843 , e foi incluido na coleccion de Novos Contos ( Nye Eventyr ) de Andersen en 1844 .

O conto O parrulo feo e o n.º 25 da coleccion de Andersen.

Enredo [ editar | editar a fonte ]

A vida do parrulino comeza cando por erro vai dar un ovo de cisne a unha granxa de parrulos, ao naceren as diferenzas entre os seus "irmans" e evidente, o cisne e desproporcionado respecto dos agraciados parrulos, todos na granxa mofabanse del. Cando trata de partillar con seus "irmans" estes rexeitano dicindolle o laido que e, incluso a nai do parrulo, ofende e repudiao. A vida do pequeno cisne faise miserabel e desgraciada.

Un dia, estando a chorar no encoro, o reflexo da sua imaxe na auga distorsiona ainda mais a sua figura, polo que o seu pranto e mais triste. Nese intre, unha mama cisne pasa por ai xunto as suas crias e ouve chorar desconsoladamente ao cativo cisne, achegase e enchese de tenrura e invitao a se unir as suas crias; o "parrulo feo" ao ver a seus novos irmans decatase que non e un parrulo como el cria; senon unha ave que se ha converter algun dia nun fermoso cisne.

Enton o cisne que fora o "parrulo feo" marcha coa sua nova familia perante os ollos descridos da familia de parrulos que o rexeitara. Non sen antes saudar de novo a sua nai.

Analise [ editar | editar a fonte ]

Este conto, coa sua graciosa parodia da autoestima humana, considerase unha metafora da experiencia da incomoda etapa no crecemento dun rapaz. Como conto de fadas , e utilizado para facer que os nenos se sintan menos avergonados sobre as suas diferenzas. A moral da historia esta oculta no conto: Pouco importa que se naza no curral dos parrulos, sempre que un saia dun ovo de cisne . Un exemplo da vida real seria un rapaz ou unha rapariga que actue diferente aos demais rapaces e raparigas arredor del ou dela. O conto de fadas trae a esperanza de que esas diferenzas resultaran en beneficios especiais e un futuro brillante:

≪Rizou logo as suas as, ergueu o esvelto pescozo e alegrouse desde o fondo do seu corazon, xamais sonara que poderia ter tanta ledicia, daquela en que so era un parrulino feo.≫

O parrulo feo converteuse nunha metafora que se usa para calquera cousa que ao principio non se tomaba en conta mais que despois faise popular ou mellor. Por exemplo: "E incribel que sexa o mellor estudante! Antes so obtina cualificacions baixas; era o parrulo feo da clase.≫

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]