한국   대만   중국   일본 
O Bierzo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaO Bierzo
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  42°39′19″N 6°36′53″O  /  42.655389, -6.614798 Coordenadas : 42°39′19″N 6°36′53″O  /  42.655389, -6.614798
Estado Espana
Comunidade autonoma Castela e Leon
Provincia provincia de Leon Editar o valor em Wikidata
Capital Ponferrada Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 131.302 (2016) Editar o valor em Wikidata (56,4 hab./km² )
Xentilicio berciano Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 2.328 km² Editar o valor em Wikidata

Paxina web ccbierzo.com Editar o valor em Wikidata

O Bierzo (en castelan e oficialmente: El Bierzo , en leones : El Bierzu/Bierciu ) e unha comarca do oeste da provincia de Leon , limitrofe con Galicia , que ocupa unha area de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A sua capital e Ponferrada . E a unica comarca reconecida por lei en Castela e Leon , creada polas peculiaridades xeograficas, historicas, sociais e economicas que a diferencian do resto da comunidade.

A comarca e parcialmente galegofalante e polo tanto con representacion na Real Academia Galega . Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase a zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta .

Onomastica [ editar | editar a fonte ]

O toponimo O Bierzo ven do latin bergidum , que procede da raiz xermanica *berg-, 'montana'. A ditongacion do e breve tonico faina unha palabra mais proxima ao asturleones que ao galego. A denominacion oficial e El Bierzo , en castelan . [ 1 ] O xentilicio do Bierzo e berciano/-ana . [ 2 ]

Simbolos [ editar | editar a fonte ]

Os simbolos que representan ao Bierzo son a bandeira e o escudo do Bierzo aprobados o 14 de abril de 2000 polo Pleno do Consello Comarcal do Bierzo . No centro do escudo do Bierzo encadrase a Cruz de Penalba , simbolo relixioso e popular da comarca.

A patroa do Bierzo e a Virxe da Acineira , coroada como tal o 8 de setembro de 1908 .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Atopase entre a serra do Courel , os montes Aquilianos e a serra de Fistedo , nos contrafortes da cordilleira Cantabrica . E unha fosa tectonica enchida por materiais terciarios, que oscila entre os 400 e os 500 metros, mentres a zona montanosa paleozoica esta situada entre os 1.500 e os 2.000 metros. A comarca pertence a cunca do Sil , principal afluente do Mino , que e a sua saida natural cara Galicia . O clima e humido e as temperaturas son mais elevadas que na Meseta . Hai carballos , faias , castineiros , landas e prados na montana, e os vales estan ocupados por cultivos.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Idade Antiga [ editar | editar a fonte ]

O Bierzo forma parte da franxa occidental da cultura castrexa , sinalandose hai varias decadas mais dunha trintena de castros , alguns deles indicados mesmo na documentacion altomedieval, como o Rupianense , sito no Val do Silencio . Conecida a zona como Bergidum , polos romanos, foi incorporada por estes ao seu Imperio, durante as Guerras Cantabras, entre o 29 a.C. e o 19 a. C. , ficando administrativamente detro do convento xuridico asturicense . Duas poboacions aparecen con claridade: Bergidum Flavium e Interamnium Flavium, ainda que non son doadas de reducir a un lugar actual. O territorio era atravesado pola Via XVIII, que unia Braga e Asturica , que confluia aqui con outra que procedia de Lucus Augusti . O traballo dos xacementos auriferos centrou a explotacion romana do territorio, do que son mostra exemplar As Medulas , pero non unico.

Idade Media [ editar | editar a fonte ]

Durante o periodo final do reino visigodo, as fundacions cenobiticas de Froitoso de Braga , e logo do seu sucesor espiritual, san Valerio , levaron a falar da "Tebaida berciana". A invasion musulma, a comezos do seculo VIII , afundiu o Bierzo na escuridade. A mediados do seculo VIII, o conde Gaton, gobernador do territorio, atreveuse a repoboar o sur do Bierzo, da La Cepeda e as terras de Astorga . A fins do seculo VIII, funda san Xenadio , entre outros, os mosteiros de Santiago de Penalba e de San Pedro de Montes . Mentres desde esta epoca e ate seculos despois, outros condes gobernan o territorio berciano, e con frecuencia son membros da familia real. o seculo X aparecen novos mosteiros como os de Carracedo e Compludo .

A adoracion do corpo do Apostolo Santiago en Compostela , arredor de 814, cambiara paulatinamente o aspecto do Bierzo. Por el pasa un tramo importante do camino , a denominada via francixena : duas xornadas na guia de Aymeric Picaud . Varias poboacions medran as beiras da ruta: Foncebadon , Molinaseca , Cacabelos , Vilafranca , e, por ultimo, Ponferrada , medrada a caron da ponte ferrata para cruzar o Sil. Hospicios e mesons suscitan o interese senorial polos lugares xacobeos do Bierzo por ver de obter as ganancias que deixan os devotos peregrinos. Desde a mitra compostela que domina Cacabelos, pasando polo mosteiro de Sobrado dos Monxes que ten propiedades en Molinaseca, aos templarios con castelos en Ponferrada e Cornatel , o bispado de Astorga que cobra as peaxes de Ponferrada, ate a Orde de Cluny que funda Santa Maria de Cluniaco en Vilafranca. Extintos os templarios, son os condes de Lemos os que reciben parte da herdanza dos castelos.

Idade Moderna [ editar | editar a fonte ]

En 1513 os vecinos de Ponferrada solicitaron ao poder real desvencellarse do rito de vodas castelas e celebrar as vodas conforme unha provision que se deu para o reino de Galicia. [ 3 ]

Idade Contemporanea [ editar | editar a fonte ]

Situacion do Bierzo

O Bierzo conformou a provincia do Vierzo [ 4 ] no proxecto de division territorial de 1822 que non chegou a entrar en vigor [ 5 ] [ 6 ] durante o Trienio liberal . Poren, na definitiva division territorial de 1833 foi integrada na provincia de Leon .

Economia [ editar | editar a fonte ]

E unha rexion humida con moitas pradeiras naturais onde pasta o gando vacun. Hai cultivos de pataca , millo e froitas, ademais de vide , oliveira e centeo . Ten minas de antracita, un tipo de carbon , e volframio . A industria siderurxica centrase na cidade de Ponferrada , capital da comarca. Nos seus limites coa provincia de Ourense atopanse as antigas explotacions auriferas romanas das Medulas .

Goza dun microclima que permite unha producion excelente de froitas e verduras. E unha zona con xacementos de ferro e carbon ( antracita ), pero que respectivamente non se explotan ou estan en recesion, asi como xacementos de lousas que se exportan o norte de Europa para os teitos de edificios.

Existe unha pequena actividade fabril nesta rexion arredor dos sectores do carbon empregado para a producion de electricidade (aqui fundou o estado ENDESA en 1944 para a producion de enerxia electrica), o sector siderurxico, eolico, a extraccion de lousa , e unha certa presenza nos sectores do vidro e o cemento. Posue asemade unha pequena rede de empresas industriais. O sector servizos, o igual que no resto do pais, vai adquirindo mais peso a medida que se desmantela o sector secundario. Todo isto esta unido a unha industria agroalimentaria que, dentro do pequeno tamano que poden acadar polas limitacions fisicas que implica o escaso tamano da comarca, e dunha gran calidade (vino, industrias carnicas, froitos).

Vista do Bierzo Baixo desde Paradela de Muces, con Ponferrada ao fondo.

Lugares de interese [ editar | editar a fonte ]

Ademais dun incipiente turismo rural baseado na beleza das suas paisaxes naturais como Os Ancares , ou creadas polo ser humano como As Medulas , unha explotacion de ouro realizada polos romanos e agora declarada Patrimonio da Humanidade ; asi como o Camino de Santiago . No Bierzo podense atopar alguns dos poucos edificios da arte mozarabe , como a igrexa de Santiago de Penalba e a de Santo Tomas das Ollas.

Linguas [ editar | editar a fonte ]

Mapa das comarcas de Leon e Zamora onde se fala o asturiano.
Mestura de lexico castelan e morfoloxia galega no nome dunha rua da Ponte de Domingos Florez .

A lingua predominante e o castelan , pero tamen se falan o galego e o leones , que van aumentando de oriente a occidente e de sur a norte respectivamente. O emprego do galego e do leones no uso cotian ten sortes dispares, ainda que ambos gozaron dunha recente revitalizacion a traves do labor de distintas asociacions que promoven o seu uso e estudo, sendo, o galego o mais favorecido, estendendose o seu uso na sua zona de influencia, e o leones continua tendo un uso moi limitado.

A lingua galega falase e permitese o seu ensino regulado no occidente do Bierzo , asi como na zona zamorana das Portelas , segundo un acordo entre a Conselleria de Educacion da Xunta de Galicia e a Conselleria de Educacion da Xunta de Castela e Leon . No curso 2005-06 habia 844 alumnos que estudaban o galego en 9 concellos bercianos, a cargo de 47 profesores, e no curso 2008-09 foron mais de 1.000 os alumnos que cursaron galego no Bierzo e As Portelas . Ademais no Estatuto de Autonomia de Castela e Leon , no seu artigo 5º, indicase: "Gozaran de respecto e proteccion a lingua galega e as modalidades linguisticas nos lugares en que habitualmente se utilicen".

Son concellos galegofalantes do Bierzo: Barxas , Borres , Cacabelos , Candin , Carucedo , Carracedelo , Corullon , Oencia , Ponte de Domingos Florez , Sobrado , Toural dos Vaos , Trabadelo , Valboa , A Veiga de Valcarce e Vilafranca do Bierzo . Ademais falase tamen o galego en zonas dos concellos de Arganza , Benuza , Camponaraia , Fabeiro , Peranzais , Ponferrada , Priaranza e A Veiga de Espinareda .

O patsuezu e a variante do asturleones occidental mais falada no norte do Bierzo. O seu dominio estendese desde Luarca , en Asturias , ata O Bierzo, e a sua principal caracteristica e a 'ch' representada por ts, tx o l.l, esta ultima como suxestion da Academia da Lingua Asturiana .


Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Cabeza Quiles, F : Toponimia de Galicia . Vigo . Editorial Galaxia . 2008, 703 paxs. ISBN 978-84-9865-892-1
  2. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para berciano .
  3. Gonzalez Gonzalez , Francisco (1983). A proposito de las autonomias. El Bierzo en la encrucijada: evolucion historica (en castelan ) . Ponferrada: Centro de Formacion Profesional y Administrativa Lamelas. p. 46. ISBN   84-398-0597-7 .  
  4. Gaceta de Madrid. martes 16 de outubro de 1821
  5. Baquer, Sebastian Martin-Retortillo (1980). "En torno a la organizacion provincial" . Revista de administracion publica (93): 7?28. ISSN   0034-7639 .  
  6. "Decreto do 27 de xaneiro de 1822 de division provisional do territorio espanol (PDF)" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2009 . Consultado o 19 de xullo de 2009 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Multimedia: o galego do Bierzo
Falame sempre , capitulo un
Falame sempre , capitulo dous
Falame sempre , capitulo tres

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]