한국   대만   중국   일본 
Nicolasa Anon - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nicolasa Anon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicolasa Anon
Biografia
Nacemento (es) Nicolasa Anon Paz Editar o valor em Wikidata
28 de febreiro de 1810 Editar o valor em Wikidata
Boel, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 1 de novembro de 1887 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Boel, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion poetisa , escritora Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Familia
Irmans Francisco Anon e Tomas Anon Paz Editar o valor em Wikidata

BNE: XX5423546

Nicolasa Anon Paz , nada en Boel (na parroquia de San Pedro de Outes , concello de Outes ), o 28 de febreiro de 1810 e finada no mesmo lugar o 1 de novembro de 1887 , foi unha campesina e poeta galega. Foi a irma mais vella do poeta e xornalista galego Francisco Anon , precursor do rexurdimento cultural galego do seculo XIX .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Portada do libro manuscrito cos versos de Nicolasa Anon.

Estos versos mal compostos
son de Nicolasa Anon
que non tivo mais principios
que os que tivo o ligon.
Por Nicolasa Anon de
Paz, vecina del lugar
de Boel parroquia de
San Pedro de Outes.

—Ultima folla do manuscrito. [ 1 ]
A ruina da casa natal de Nicolasa pode apreciarse na fachada que da a horta. [ 2 ]

Naceu no seo dunha familia de labregos acomodados e dedicouse toda a vida o traballo no campo e as tarefas domesticas.

Casou o 23 de xuno de 1829 con Pedro Bujan Coiradas, de Pazos ( Santa Maria de Entins ), tamen de Outes, e tivo tres fillos: Jesus, Eduardo e Jose.

Nicolasa era analfabeta , cousa habitual entre os campesinos e as mulleres do tempo, pero en 1885 , con 75 anos de idade, ditou o mestre Jacobo Lema Fernandez un feixe de poesias que hoxe constituen a unica mostra da sua poesia; o manuscrito resultante estivo parcialmente inedito ata 2014 . [ 3 ] Jacobo Lema era natural de Olveira ( Dumbria ), de onde era parroco o fillo de Nicolasa, Jesus.

O texto esta formado por catro poemas en castelan e dous mais en galego, de certa extension e de tematica relixiosa; so un dos poemas, en galego, e que se aparta desta tematica e recolle a visita que fixera o rei Afonso XII a Santiago de Compostela .

En 1886 , o xornalista noies Lisardo Rodriguez Barreiro foi conecela a Boel e recolleu na reportaxe duas poesias que Nicolasa lle recitou: unha era a dedicada a Afonso XII e outra inedita, dedicada a morte do seu irman Francisco Anon. [ 4 ]

Senor, non lle valen nada, porqu’eu maxinos asi coma quen non quer a cousa, mentras debullo n’o millo ou acomerando as vacas

O 1 de novembro de 1887 faleceu a consecuencia dunha pulmonia, na mesma casa onde nacera, e da que so quedan as ruinas e unha placa que so lembra o poeta Francisco Anon.

O periodista e escritor espanol Manuel Ossorio y Bernard dedicoulle unha entrada na sua obra Apuntes para un diccionario de escritoras espanolas del siglo XIX , publicado en cinco capitulos na revista cultural La Espana Moderna , entre setembro de 1889 e maio de 1990. [ 4 ]

Ninguen volve mencionar a Nicolasa ata 1963, cando Ricardo Carballo Calero publica a sua Historia da literatura galega contemporanea e contempla a sua obra " ao agarimo da sombra do seu irman ". [ 5 ] Xesus Alonso Montero dalle unha entrada na Gran Enciclopedia Galega que, na edicion de 2003, di que nacera "entre 1806 e 1810" e que da sua obra so se conservan " duas composicions, en estrofas octosilabicas, que posuen toda a gracia e espontaneidade da poesia popular ". [ 6 ] Lembrese que o manuscrito de Jacobo Lema non se fixo publico ata o ano 2014, [ 7 ] despois de que o escritor Ramon Blanco Fernandez o atopase casualmente en outubro de 2012 cando presentaba na Serra de Outes un libro seu sobre Francisco Anon.

Posteriormente, tamen foi reivindicada por Xosefina Lopez de Serantes , Carmen Blanco [ 8 ] e Aurora Marco . [ 9 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Remate do libro de Nicolasa. 1885
  2. Album de mulleres Consello da Cultura Galega .
  3. "Nicolasa Anon, a do verso apagado" . www.edu.xunta.gal . Consultado o 2024-05-30 .  
  4. 4,0 4,1 Rolland, Eduardo (2021-02-28). "Nicolasa Anon, a poeta galega que non sabia ler nin escribir" . GCiencia . Consultado o 2024-05-30 .  
  5. Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da Literatura Galega Contemporanea . Galaxia. pp. 85?86; 551; 790. ISBN 84-7154-227-7 .  
  6. Gran Enciclopedia Galega Silverio Canada ( DVD ). El Progreso . 2005. ISBN 84-87804-88-8 .  
  7. Poesias de Nicolasa Anon , Asociacion Civico-Cultural Terra de Outes, 2014.
  8. Blanco Garcia, Carmen (1991). Literatura galega da muller . Vigo: Edicions Xerais de Galicia .  
  9. Marco Lopez, Aurora (1993). As precursoras . A Coruna: La Voz de Galicia .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]