한국   대만   중국   일본 
New Wave - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

New Wave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New Wave
Orixe musical punk rock , garage rock , glam rock , power pop , pub rock , ska , funk , musica electronica , bubblegum , musica disco
Orixe cultural anos 70, Estados Unidos e o Reino Unido
Instrumentos tipicos guitarra electrica, baixo, bateria, teclados e voces
Derivados New Romanticism
Xeneros de fusion
synthpunk , 2 Tone , electroclash

O New Wave (nova onda) e un xenero musical xurdido entre mediados e finais dos anos 70 como derivado do punk rock , e que evolucionou de xeito independente na decada dos 80. Inicialmente a musica New Wave foi considerada o mesmo que o punk rock, ata que foi indentificado como un xenero de seu, incorporando aspectos da musica electronica e experimental , subcultura mod , disco e pop dos anos 60, asi como gran parte do son e o caracter orixinal do punk rock , como a enfase nas cancions curtas e apegadizas. Nos anos 90 e 2000 houbo un renacer do xenero, e un feixe de bandas influenciadas por unha variedade de estilos de New Wave xurdiron acadando bastante popularidade a mediados da decada dos 2000.

O New Wave diferenciase dos movementos post-punk porque presenta caracteristicas mais comuns ao pop, en vez de buscar unha proposta mais artistica, a pesar de que incorpora os son e a actitude do punk exhibindo maior complexidade tanto na musica como nas letras. Caracteristicas comuns da musica New Wave, ademais das suas influencias punk, son o uso de sintetizadores e producions electronicas, e a importancia do estilo e da arte.

O New Wave e visto como un dos xeneros definitivos dos anos 80; converteuse nun fixo da MTV , e a popularidade de varios artistas New Wave foi parcialmente atribuida a exposicion dada por esta canle. A mediados da decada, as diferenzas entre o New Wave e outros xeneros comezaron a difuminarse. O estilo gozou dun rexurdimento nos anos 90, despois de que aumentase a infuencia do xenero en varios artistas desa decada. Ese rexurdimento, e o porterior a comezos dos anos 2000 foi pequeno, pero no ano 2004 fixose popular.

O termo "New Wave" [ editar | editar a fonte ]

Blondie .

A captura de toda a natureza da musica New Wave ten sido fonte de moita confusion e controversia. A discografia de 1985 Who's New Wave in Music (que e o New Wave na musica), listaba artistas unhas 130 categorias distintas. A New Rolling Stone Encyclopedia of Rock usa o termo "practicamente sen sentido" na sua definicion de New Wave, mentres que Allmusic menciona "diversidade estilistica".

O termo "New Wave" foi posto en circulacion como un xenero do rock a comezos dos anos 70, usado por criticos como Nick Kent e Dave Marsh para clasificar a bandas baseadas en Nova York como The Velvet Underground e New York Dolls . Estendeuse moito mais a principios de 1976 cando apareceu en fancines punk britanicos como Sniffin' Glue , e tamen en semanarios musicais como Melody Maker e New Musical Express . Nun artigo de Melody Maker no mes de novembro dese ano, Caroline Coon usou o termo "New Wave" para designar a musica de bandas que non eran exactamente punk, pero que se relacionaban co estilo, ademais de definir asi a parte da mesma escena musical desas bandas. O termo tamen foi usado nese sentido polo xornalista musical Charles Shaar Murray, comentando ao grupo irlandes The Boomtown Rats . Durante un periodo de tempo entre 1976 e 1977 , os dous termos foron intercambiables, pero cara finais dese ultimo ano "New Wave" substituira a "Punk" como a definicion para a nova musica underground no Reino Unido .

Nos Estados Unidos , o xefe de Sire Records Seymour Stein, crendo que o termo punk poderia significar peores vendas para os artistas do selo que tocaban frecuentemente no club CBGB , lanzou unha campana chamada "Don't Call It Punk" (non o chames punk) desenada para substituir o termo por New Wave. Debido a que os consultores de radio dos Estados Unidos informaran aos seus clientes de que o punk rock seria unha moda pasaxeira, decidironse polo termo New Wave. Nun primeiro momento, moitos escritores estadounidense usaron exclusivamente New Wave para as bandas britanicas de punk, pero cara decembro de 1976, The New York Rocker , que sospeitaba do termo punk, converteuse no primeiro xornal do pais en usalo con entusiasmo, primeiro cos grupos britanicos e posteriormente cos artistas relacionados coa escena CBGB.

O historiador musical Vernon Joynson afirma que o New Wave apareceu no Reino Unido a finais de 1976, cando moitas bandas comezaron a disociarse do punk. A musica que seguiu a filosofia anarquista dos Sex Pistols foi distinguida como "punk", mentres que a musica que tendia cara a experimentacion, a complexidade lirica ou cara producions mais limpas, foi categorizada como "New Wave". Nos Estados Unidos os primeiros artistas relacionados co New Wave eran grupos non tan punk asociados ao club CBGB, como Talking Heads , Mink DeVille e Blondie .


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre musica e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.