한국   대만   중국   일본 
Navia de Suarna - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Navia de Suarna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNavia de Suarna
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  42°57′54″N 7°00′14″O  /  42.965, -7.0038888888889 Coordenadas : 42°57′54″N 7°00′14″O  /  42.965, -7.0038888888889
Estado Espana
Comunidade autonoma Galicia
Provincia Provincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
Capital A Proba Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 988 (2023) Editar o valor em Wikidata (4,08 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 242 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 290 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Xefe do goberno Jose Fernandez Fernandez Editar o valor em Wikidata
Eleccions municipais en Navia de Suarna Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 27650 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 27034 Editar o valor em Wikidata

Navia de Suarna e un concello da provincia de Lugo , pertencente a comarca dos Ancares . Segundo o IGE en 2015 tina 1.211 habitantes (1.615 no 2006 , 1.680 no 2005 , 1.732 no 2004 , 1.807 no 2003 ) . O seu xentilicio (vexase no Galizionario) e ≪ naviego ≫.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O concello, de 242 km² , esta situado ao leste da provincia de Lugo, no norte dos Ancares . Limita ao noroeste coa Fonsagrada , ao nordeste con Ibias ( Asturias ), ao suroeste con Cervantes e ao leste con Candin ( provincia de Leon ).

Esta atravesado polo Rio Navia , e polos seus afluentes Ser, Rao, Moia e Bullan. O cumio mais alto e o porto de Ancares (1680 m). Nas Penas de Frou existen unhas covas .

Poboacion [ editar | editar a fonte ]

Censo total 1.211 (2015)
Menores de 15 anos 41 (3.38 %)
Entre 15 e 64 anos 598 (49.38 %)
Maiores de 65 anos 572 (47.23 %)
Evolucion da poboacion de Navia de Suarna   Fontes: INE e IGE .
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.670 6.633 6.546 3.773 1.732 1.441
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia [ editar | editar a fonte ]

Hai restos megaliticos , como as mamoas e dolmens de Ferreirua e Vilarpandin. Da cultura castrexa hai restos de ate 25 castros , como os de Monterrio , O Coedo , Larxentes , Canton e Cabanela (unidos por un corredor de 300 m), Cruz de Linares , Casa do Rio , Sevane , Vilela ou Galegos . Na parroquia de Rao esta o Campamento romano da Recacha . En Moia, Quinta, Munis e Ribon conservanse pallozas .

Da idade media son as sepulturas de Abrente e Molmean. O castelo de Navia ten a sua orixe no seculo XI. Pasou a mans dos Osorio e da casa de Altamira , e foi destruido durante a Gran Guerra Irmandina , e rehabilitado posteriormente para vivendas. A ponte da Proba , sobre o rio Navia, e de orixe romana. Ten un so arco apuntado, con muros altos e calzada empenada.

Patrimonio [ editar | editar a fonte ]

A igrexa de san Miguel de Barcia conserva a absida romanica , do seculo XIII. O templo de santa Maria de Rao e de nave rectangular, presbiterio con boveda redonda sobre catro arcos, retablo maior do seculo XVIII e un retablo lateral renacentista, do seculo XVI. A igrexa de san Salvador de Mosteiro conserva a nave romanica con armadura de madeira. A absida esta formado por un tramo recto con boveda de canon e o testeiro semicircular, con boveda en cuarto de laranxa. Ten un retablo salomonico de tres fornelos no corpo principal. O templo de santo Estevo de Vilarpandin ten tres naves, con presbiterio na cabeceira e duas sancristias nos laterais. Conserva tallas dos seculos XV e XVI.

En san Xose de Munis hai unha capela con retablo barroco, de tres fornelos e catro columnas salomonicas. outras capelas de importancia son as de Abrente, Marcelin e Molmean.

Dentro da arquitectura civil , amais das pallozas e piornos , existen diversos muinos , pombais e cortins , en Pan do Zarco e Vispeiro.

Gastronomia [ editar | editar a fonte ]

Nesta zona faise o queixo do Cebreiro . Outros produtos da zona son produtos de caza e pesca e as androllas , produto derivado do porco do que o domingo de entroido se celebra a festa da androlla .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Lugares de Navia de Suarna [ editar | editar a fonte ]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Navia de Suarna vexa: Lugares de Navia de Suarna .

Parroquias [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Navia de Suarna

Barcia (San Miguel) | Cabanela (Santa Maria) | Castanedo (Santiago) | Folgueiras (Santa Eufemia) | Freixis (San Pedro) | Galegos (Santiago) | Moia (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Munis (San Xose) | Penamil (Santiago) | Pin (Santa Maria) | A Proba de Navia (Santa Maria Madanela) | Queizan (Santiago) | Rao (Santa Maria) | A Ribeira (Santo Estevo) | Ribon (Santa Marina) | Savane (San Xoan) | Son (Santa Maria) | Vallo (Santa Marina) | Vilarpandin (Santo Estevo)

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]