한국   대만   중국   일본 
Nacionalismo iraqui - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nacionalismo iraqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Leon de Babilonia nun anaco da Porta de Ishtar . O Leon de Babilonia permaneceu como un simbolo prominente de cultura iraqui.

O nacionalismo iraqui e un movemento politico nacionalista que defende os intereses dos pobos de Iraq , incluindo os diferentes grupos etno-relixiosos como os arabes , os kurdos , os turcomans , os asirios , os caldeos , os iezidis , os mandeos , os shabaks , os kawliya , os dom e os iarsans , entre outros. O nacionalismo iraqui implica o reconecemento dunha identidade iraqui herdeira da antiga Mesopotamia , incluindo as suas civilizacions de Sumeria , Acadia , Babilonia e Asiria . [ 1 ] O nacionalismo iraqui influenciou o movemento de Iraq pola independencia da ocupacion otoma e britanico . O nacionalismo iraqui foi un importante factor na revolucion de 1920 contra a ocupacion britanica, e a revolucion de 1958 contra a monarquia haxemita instaurada polos britanicos. [ 2 ]

Existen duas variantes do nacionalismo iraqui. A primeira considera a nacion iraqui como aquela que agrupa a arabes, turcomans, asirios e kurdos, todos os cales cunha herdanza cultural mesopotamica ; esta vision foi promovida por Abd al-Karim Qasim , quen tina unha ascendencia arabe e kurda. [ 3 ] A segunda variante e un nacionalismo dual que combina o nacionalismo iraqui e o nacionalismo arabe , sendo unha forma mais ampla de nacionalismo etnico que promove o nacionalismo iraqui e o conecta cos asuntos que importan aos arabes no seu conxunto. [ 4 ] Saddam Hussein cria que o reconecemento das orixes mesopotamicas e a herdanza dos arabes iraquis eran complementarias co nacionalismo arabe. [ 4 ] Oficialmente, o rexime ba'athista incluiu ao lider musulman kurdo Saladino como un simbolo patriotico de Iraq , xa que Saladino liderou forzas musulmas e arabes durante as Cruzadas . [ 5 ]

Simbolos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Reich, Bernard. Political leaders of the contemporary Middle East and North Africa: A Bibliographical Dictionary . Westport, Connecticut, USA: Greenwood Press, Ltd, 1990. Pp. 245.
  2. Bengio, Ofra. Saddam's Word: Political Discourse in Iraq . Nova York, Nova York, USA: Oxford University Press, 1998. Pp. 117-118.
  3. Por Kerim Yildiz, Georgina Fryer, Kurdish Human Rights Project. The Kurds: culture and language rights. Kurdish Human Rights Project, 2004. Pp. 58
  4. 4,0 4,1 Orit Bashkin. The other Iraq: pluralism and culture in Hashemite Iraq . Stanford, California, USA: Stanford University Press, 2009. Pp. 174.
  5. Kiernan, Ben. Blood and Soil: A World History of Genocide and Extermination from Sparta to Darfur . Yale University Press, 2007. Pp. 587.