한국   대만   중국   일본 
Mozos Turcos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mozos Turcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ismail Enver , un dos lideres dos Mozos Turcos

Mozos Turcos e o sobrenome dun partido nacionalista e reformista turco de principios do seculo XX , oficialmente conecido como o Comite de Union e Progreso (CUP) ? en turco Ittihad ve Terakki Cemiyeti ? cuxos lideres levaron a cabo unha rebelion contra o sultan Abdul Hamid II (quen foi oficialmente deposto e desterrado en 1909 ). Gobernaron o Imperio Otoman dende 1908 ata finais da primeira guerra mundial , en novembro de 1918 . Durante o seu goberno aconteceu o denominado xenocidio armenio . Os Mozos Turcos tinan as suas orixes en sociedades secretas de estudantes de universidade e cadetes militares progresistas, conducidas subrepticiamente pola disidencia politica despois de que a constitucion fora revogada polo sultan Abdul Hamid II .

Sultan Abdul Hamid II

En 1913 , cando o goberno do sultan otoman perdia a Primeira Guerra Balcanica , o CUP tomou o poder. O goberno dirixido polos Mozos Turcos foi encabezado polo ministro do Gran Visir /Ministro de Interior, Talat Pa?a ( 1874 ? 1921 ). Traballando con el atopabanse o Ministro de Guerra Enver Pa?a , ( 1881 ? 1922 ) e o Ministro de Marina Cemal Pa?a , ( 1872 ? 1922 ). Ata que os arquivos alemans non foron abertos o publico, os historiadores tildaron o goberno do CUP como un triunvirato ditatorial; agora e de acordo as derradeiras investigacions historicas, sabemos que o partido estaba dividido polo desacordo interno e ceibemente dirixido por unha ampla organizacion directiva do comite central do partido.