한국   대만   중국   일본 
Motor a dous tempos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Motor a dous tempos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motor a dous tempos e un tipo de motor de combustion interna de mecanismo simple. Ou sexa, ocorre un ciclo de admision, compresion , expansion e *exhaustion de gases a cada volta do eixo. Distinto dos motores de catro tempos , as etapas de funcionamento non ocorren de forma ben demarcada, habendo admision e *exhaustion de gases simultaneamente, por exemplo.

Un tempo de funcionamento do motor e percorrido do punto morto inferior ao punto morto superior da traxectoria do piston . Asi, un tempo equivale a media volta do eixo de manivelas . No caso, chamase o primeiro tempo de compresion e admision, o segundo, de escape e transferencia de calor .

En termos tecnoloxicos hai dous extremos. Existen os motores de pequeno porte, que equipan motoserras , algunhas motos , aeromodelos e pequenos xeradores electricos , por exemplo. E existen motores de grande porte, principalmente de ciclo Diesel , para propulsion naval , como o maior motor de combustion interna do mundo, o Warstsila-Sulzer RT-flex96C . Os principios, as formas e desempenos de cada un destes grupos son tan extremamente distinguidos como as aplicacion, debendose tratalos de maneira separada.

Motores de pequeno porte [ editar | editar a fonte ]

Mecanismo [ editar | editar a fonte ]

Motor a dous tempos , sen valvulas, de ignicion por faisca .

Motores de pequeno porte, a 2 tempos, non utilizan o carter como deposito de oleo. A lubrificacion obtense engadindo oleo directamente ao combustibel, na proporcion tipica de 1 volume de oleo para 40 de combustibel, ou coa utilizacion dalgun dispositivo de lubrificacion automatica, como o Lubrimat dos automobiles DKW ou o Autolub dalgunhas motocicletas. Durante a combustion , o oleo contido no combustibel depositase nas superficies metalicas lubrificando os elementos a medida en que pasa da camara de combustion para o carter.

Estes motores frecuentemente non posuen valvulas propiamente ditas, tenen duas xanelas na parede da camara de combustion , para comunicala co exterior e o carter:

  • A xanela de admision, por onde vai ser introducida a mestura gasosa formada polo ar e polo combustibel.
  • A xanela de comunicacion entre o cilindro e o carter, a cal tamen se da o nome de "traslada";
  • A xanela de escape, colocada na parte superior do cilindro e que fai a comunicacion deste co exterior, permitindo a saida dos gases queimados provenientes da combustion;

O funcionamento ocorre conforme a seguinte secuencia:

  1. A medida en que ocorre o movemento ascendente do embolo, o mesmo obstrue as xanelas, e axina comprime a mestura gasosa existente na parte superior do cilindro.
  2. Ao mesmo tempo crease un vacuo no carter, que forza a admision de ar atmosferico no interior do mesmo.
  3. Cando o embolo atinxe o punto morto superior dase a ignicion , debido a liberacion da faisca na buxia . Os gases premen o piston en direccion ao punto morto inferior , producindo asi traballo, movendo a cambota . Durante esta etapa, o embolo libera a xanela de escape posibilitando a saida dos produtos de combustion .
  4. Proximo ao punto morto inferior , o piston abre a xanela de transferencia. Ao mesmo tempo, seu movemento descendente presuriza o carter, forzando a nova mestura a penetrar na camara o que tamen contribue na *exhaustion de gases de combustion. Ao termo desta fase o motor fica nas condicions iniciais permitindo que o ciclo se repita.

Vantaxes,en relacion a un motor de 4 tempos e dimensions e RPM igual [ editar | editar a fonte ]

O motor coas mesmas dimensions e RPM (rotacion por minuto), da unha maior potencia que o motor de catro tempos e o torque e mais uniforme. O baixo custo de fabricacion, debido a que faltan os organos de distribucion dos cilindros, substituidos polos pistons, quedados coas fendas de escape e combustion, asi como as de carga, por iso ten menor peso e menor tamano en volume.

Desvantaxes, en relacion a un motor de 4 tempos e potencia e RPM igual [ editar | editar a fonte ]

Alen das bombas especiais de *exaustion e de carga, con menor poder calorifico e maiores emisions de contaminantes atmosfericos e polucion sonora, o consumo de combustibel relativamente elevado; carga calorifica considerabelmente mais elevada que nun motor de catro tempos, de iguales dimensions, menor eficiencia. O consumo de combustibel e cerca de 30% a maior en motores de dous tempos comparando con motor de catro tempos.