한국   대만   중국   일본 
Mosteiro de Santa Maria da Franqueira - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mosteiro de Santa Maria da Franqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de Santa Maria da Franqueira
Fachada da igrexa coa portada romanica
Datos xerais
Pais Espana
Tipo Igrexa parroquial
Advocacion Santa Maria
Localizacion A Franqueira ( A Caniza )
Coordenadas 42°10′54″N 8°21′34″O  /  42.18175833, -8.35935 Coordenadas : 42°10′54″N 8°21′34″O  /  42.18175833, -8.35935
Culto
Culto Catolico
Diocese Tui-Vigo
Arquitectura
Construcion seculo VI , igrexa actual do seculo XIV
Estilo Romanico con reformas
editar datos en Wikidata  ]

O mosteiro de Santa Maria da Franqueira foi un pequeno mosteiro cisterciense de orixe medieval , situado nas abas do monte de Paradanta , nun noutrora inaccesibel lugar da parroquia da Franqueira ( Caniza ). Do antigo mosteiro so se conserva a igrexa parroquial. Foi levantado polos senores de Sobroso no seculo XIII , inicialmente para a orde dos Bernardos. No lugar celebrase a popular romaria da Franqueira , cunha antiga peregrinacion de todas as parroquias da contorna, do sur de Galicia e mesmo do norte de Portugal .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A historia dos inicios do mosteiro e da adoracion a Virxe vese chea de lendas e contos, alguns posibelmente herdeiros dunha orixe paga celtico-galaica. Xa no ano 570 no parroquial suevo nomeanse parroquias cristias na zona, primeira evanxelizacion da Gallaecia . Seica a fundacion do mosteiro da Franqueira fose arredor do ano 580 polo bispo Martino de Dumio . O termo Franqueira (tamen escrito antigamente Franqueyra ) procede do xermano e significaria: “lugar dos homes libres ou francos, honrados”. No seculo VIII , durante as breves invasions sarracenas, crese que a imaxe da Virxe foi agochada.

No seculo XI deronse as invasions viquingas e normandas e e daquela cando as tradicions din que se atopou a Virxe no Coto da Vella (cume de 924 m de altitude da Paradanta). Sabese que a imaxe se venerou nunha ermida, posibelmente froito dunha cristianizacion dun lugar de culto pagan e celta, e despois trasladouse a actual igrexa. Foi, pois, unha das advocacions mais antigas de Galicia. A lenda di que a Virxe foi atopada embaixo dunhas rochas no tal Coto da Vella por unha vecina que creu ver un resplandor nos penedos. A imaxe axina se fixo moi popular e foi considerada milagreira.

Interior da igrexa, coa boveda e a Virxe no fondo da absida .

Disque os vecinos de Luneda se enfrontaron aos da Franqueira, porque querian a construcion da capela nas suas terras. A decision final tomouse dun xeito moi especial: carrexouse a imaxe da Virxe nun carro de bois aos que lles vendaron os ollos; o primeiro lugar onde estes se detivesen a beber, e onde erguerian o templo. Os bois detiveronse no manancial da Franqueira. En 1968 colocouse unha imaxe de pedra da Virxe no Coto da Vella, en lembranza do lugar onde se atopara inicialmente a Virxe. A tradicion de levar a Virxe nun carro de bois durante a romaria refirese a este feito. [ 1 ] .

O primeiro testemuno serio da existencia do mosteiro e do ano 1063 , cando o rei de Galiza e Leon Fernando I fixo unha doazon ao seu abade Alvito e aos freires que nel moraban. Aproximadamente en 1293 adheriuse a Orde do Cister , despois de decadas de inexistencia da orde en Galicia. O seculo XIV foi o da plena consolidacion do mosteiro, construiuse o complexo monastico do que so se conserva a igrexa medieval, e recibironse varias doazons significativas pola gran veneracion que tina a Virxe. No ano 1343 levantouse a portada romanica , segundo reza o lintel . E curioso un testamento de 1361 do vecino de Ribadavia : Johan Gomes que manda yr en romaria por min huun home ou moller con oferta e con candea a Santa Maria da Franqueira, tamana candea como eu de meu estado .

En 1444 o rei Afonso VII de Leon e Galiza concede un privilexio ao mosteiro. No seculo XIV , Paio Sorreda de Soutomaior incorpora ao patrimonio varios coutos, incluido o extinguido mosteiro de Castelans, en Covelo para que A Franqueira conservase a categoria abacial ao ingresar na Congregacion de Castela, que se produce en 1521 mediante bula outorgada polo Papa Leon X .

No ano 1572 o Conde de Salvaterra intentou que o mosteiro recuperase o rango abacial, mais non se conseguiu pola grande esixencia economica que implicaba. Asi, durante a Idade Moderna , A Franqueira tivo a categoria menor de priorado ou presidencia, poucos monxes, e rendas baixas. Dende 1689 a 1692 fixeronse diversas obras no mosteiro: corredor, cocina, refectorio, celas, etc. Tamen se construiu o retablo, o sagrario e unha imaxe do Resucitado na igrexa. En 1699 ampliouse a absida coa sua boveda, embeleceuse o presbiterio cun retablo do que se conservan as imaxes dos fundadores cistercienses e substituironse por un baldaquino arroco. En 1750 , sabese grazas ao censo do Marques de Ensenada que a vila contaba con gran sona; existia unha hospedaria monacal, unha botica, catro mesons, xastre, ferreiros de cabalos, oito arrieiros de vino do Ribeiro, e incluso dous traficantes que traian lenzos de teas dende Madrid.

En 1835 o mosteiro foi abandonado por mor da desamortizacion de Mendizabal , dende aquela o mosteiro pasou a funcionar como igrexa parroquial. Comezou a ruina deste.

En 1883 o canteiro Ignacio Cervino Quinteiro comezou uns traballos de restauracion coa reconstrucion da boveda do altar; e en 1888 emprazouse o sino maior fundido en Braga , no obradoiro de Narciso Antonio da Costa. A nova torre rematouse en 1895 tamen por Cervino Quinteiro [ 2 ] .

Descricion [ editar | editar a fonte ]

Portada gotico-romanica.

O templo actual comezou a construirse en 1343 nun estilo romanico serodio en cantaria de granito. No exterior salientan os contrafortes e a cornixa con canzorros . Salienta na fachada occidental a portada gotica con reminiscencias romanicas de arquivoltas semicirculares, nas que salienta a imaxinaria. Posue catro pares de columnas de fustes de ornamentacion variada que sostenen as arquivoltas, con anxos dispostos en forma de arco como nas portadas oxivais . No timpano representase unha escena da adoracion dos Reis Magos coa Virxe sentada baixo unha cupulina oxival e o Neno no colo. A torre orixinal foi substituida pola actual ergueita a finais do seculo XIX (posibelmente a anterior se derrubara trala desamortizacion) [ 1 ] .

O interior e sinxelo, propio da Orde do Cister, sendo o presbiterio a zona mais antiga que da paso a unha cupula construida no seculo XVII . A sinxeleza do edificio fai centrar a vista na imaxe petrea policromada da Virxe da Franqueira, baixo un baldaquino barroco no fondo da absida . A planta e rectangular, unida a unha capela de absida tamen rectangular mediante unha boveda de media laranxa. A nave posue catro compartimentos separados por arcos apuntados sobre os que acouga un teito de madeira [ 3 ] .

A romaria [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Romaria da Franqueira .
A Virxe da Franqueira en Mondariz-Balneario durante a romaria.

A Virxe da Franqueira ten gran devocion e e lugar de peregrinacion os dias de romaria . As Pascuillas celebranse o luns de Pentecoste , cincuenta e un dias despois da Pascua . Este dia e festa en catro concellos da zona, e unhas 60 parroquias acoden dende a mana cedo das aldeas coas imaxes das suas Virxes deica A Franqueira. E unha festa moi celebrada na zona, a que tamen acoden os mozos. No camino vanse unindo as diferentes imaxes con saudos e toda sorte de rituais. A mediodia faise unha misa na Franqueira con todas as imaxes.

A segunda romaria e a da Natividade da Virxe, nos dias 7, 8 e 9 de setembro. E a mais numerosa e onde acoden xentes de lugares mais afastados como a costa ou Portugal. A imaxe da Virxe da Fonte sae en procesion, segundo a lenda, nun carro de bois; e diante do carro catro parellas de mozos bailan batendo uns paus ao son da ancestral musica [ 1 ] .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]