한국   대만   중국   일본 
Merengue - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Merengue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Merengue (xenero musical) ≫)
  • Este artigo trata sobre o xenero musical e baile, para o doce vexase Merengue (doce) .

O merengue e un estilo musical e de baile orixinado no Caribe , especificamente na Republica Dominicana , contra finais do seculo XIX . Nos seus comezos, o merengue era interpretado con guitarras . Anos mais tarde, as guitarras foron substituidas polo acordeon conformandose, xunto coa guira e a tambora , a estrutura instrumental do conxunto de merengue tipico. Este conxunto, cos seus tres instrumentos , representa a sintese das tres variantes que conformaron a idiosincrasia da musica dominicana. A influencia europea ven a estar representada polo acordeon, a africana pola tambora (tambor de dous parches), e o aborixe pola guira.

Ainda que nalgunhas zonas da Republica Dominicana, en especial no Cibao e na Linea Noroeste, hai ainda conxuntos tipicos con caracteristicas similares aqueles pioneiros, este ritmo foi evolucionando durante todo o seculo XX . Primeiro, coa introducion de novos instrumentos como o saxofon e mais tarde coa aparicion de orquestras con complexas seccions de ventos. Este ritmo tivo actores notabeis como Luis Alberti , Johnny Ventura , Felix del Rosario , Wilfrido Vargas , Olga Tanon ou Juan Luis Guerra .