한국   대만   중국   일본 
Mercury-Redstone 3 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mercury-Redstone 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercury MR-3
Mercury MR-3 durante o lanzamento.
Tipo Tripulado
Organizacion NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera. [ 1 ]
Data de lanzamento 5 de maio de 1961 [ 1 ] [ 2 ]
Foguete portador Redstone MRLV [ 1 ] [ 3 ]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Canaveral [ 1 ]
Duracion da mision 15 minutos e 22 segundos [ 1 ] [ 4 ]
Obxectivo da mision Primeiro lanzamento espacial tripulado (suborbital) dos Estados Unidos de America. [ 1 ]
Decaemento 5 de maio de 1961 [ 1 ]
Masa 955,0 kg [ 1 ] [ 4 ]

Mercury-Redstone 3 ou MR-3 , e tamen conecida como Freedom 7 polo nome da capsula, foi a primeira mision espacial tripulada dos Estados Unidos de America, levada a cabo dentro do proxecto Mercury , co astronauta Alan Shepard a bordo. Foi unha mision suborbital que tivo lugar 23 dias despois do historico voo de Iuri Gagarin . [ 1 ] [ 4 ]

Desenvolvemento da mision [ editar | editar a fonte ]

Os obxectivos de MR-3 foron familiarizarse coa entorna espacial nunha primeira toma de contacto, con todas as etapas (engalaxe, voo propulsado, voo en ingravidez , reentrada e aterraxe) do voo espacial, avaliar a validez do astronauta como unha parte mais das misions espaciais e a sua capacidade para tomar o control en caso necesario, estudar as reaccions psicoloxicas do astronauta ao voo espacial e recuperar intactos tanto ao astronauta como a nave. [ 1 ] [ 4 ]

O lanzamento, pese a algunhas vibracions do foguete Redstone MRLV , tivo lugar sen contratempos. Trala separacion da capsula xa no espazo, Shepard probou algunhas manobras manuais. Todolos sistemas funcionaron tal como estaba previsto. A capsula non tina ventas polas que mirar cara a fora, pero Shepard disponia dun periscopio co que obter vistas dos arredores da capsula. A velocidade maxima que alcanzou a nave foi de 8200 km/h e a sua altura maxima, 186,4 km. A capsula amarou a 483 km de Cabo Canaveral, a 75 graos e 53 minutos de latitude norte e 27 graos e 13,7 minutos de lonxitude norte, no oceano Atlantico , sendo recuperada polo portaaeronaves USS Lake Champlain . Shepard soportou aceleracions de ata 6 g durante o lanzamento e case 12 g durante a reentrada. A duracion total do voo foi de 15 minutos e 22 segundos. Permaneceu en ingravidez durante uns 5 minutos. [ 1 ] [ 4 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (26 de agosto de 2014). "Mercury Redstone 3" (en ingles) . Consultado o 1 de febreiro de 2015 .  
  2. Claude Lafleur (2010). "Mercury 3 (MR-3 / Mercury-Redstone 3)" (en ingles) . Consultado o 1 de febreiro de 2015 .  
  3. Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mercury Flight History" (en ingles) . Consultado o 1 de febreiro de 2015 .  
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mark Wade (2011). "Mercury MR-3" (en ingles) . Consultado o 1 de febreiro de 2015 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]