한국   대만   중국   일본 
Mercado Central de Valencia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mercado Central de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 39°28′25″N 0°22′44″O  /  39.473503, -0.378942

Mercado Central.
Plano do Mercado Central.

O Mercado Central (en valenciano Mercat Central ) de Valencia e unha construcion de estilo modernista , proxectada polos arquitectos Alexandre Soler i March e Francesc Guardia i Vial en 1914 , ambolos dous formados na Escola de Arquitectura de Barcelona e colaboradores de Lluis Domenech i Montaner, que fixo o Palau de la Musica Catalana e que se caracterizou por un estilo propio dentro das linas do modernismo .

O proxecto do Mercado Central da Cap i Casal pretendia conciliar o uso das grandes estruturas de ferro espido co estilo Art Nouveau . Despois dalgunhas desconveniencias e dalgunhas modificacions ao proxecto inicial, as obres acabaron no xaneiro de 1928 , so a direccion de Enric Viedma i Vidal.

Este mercado situase entre a Placa del Mercat (fachada principal) e a de Ciutat de Bruges. A rua Vell de la Palla separa o mercado da Igrexa de Sant Joan del Mercat . Pola outra beira do mercado esta a rua de Palafox, a praza d'en Gall e a rua de les Carabasses .

A Praza do Mercat [ editar | editar a fonte ]

A Placa del Mercat e unha das prazas mais singulares e conecidas da cidade de Valencia , xa que onda tres dos monumentos mais famosos da cidade: o modernista Mercat Central (s. XX), a tardogotica Llotja de la Seda (s. XV) co seu Consolat de Mar renacentista (XVI), e a parte barroca da igrexa de Sant Joan del Mercat (s. XVII). Pese a esta mestura de estilos, Joan Francesc Mira opina que "no se sap com, els tres edificis fan l'efecte de ser exactament com han de ser i ocupar el lloc que han d'ocupar, un davant o al costat de l'altre, com si haguera estat i haguera de ser sempre aixi" ( non se sabe como, os tres edificios fan o efecto de seren exactamente como tenen que ser e ocupando o lugar que tenen que ocupar, un diante ou a beira do outro, como se fose ou debese ser sempre asi ).

Detalle da fachada principal do Mercado Central, onde se combinan a ceramica e a pedra co vidro e o metal.
Fachada posterior do Mercado Central (Avenida do Baro de Carcer), mais tradicional no uso de materiais, predomina a pedra e a madeira nas xanelas.

Antecedentes do Mercado Central [ editar | editar a fonte ]

Antes da construcion do Mercado Central (1914-28), a Placa del Mercat servia coma espazo de mercado ao aire libre para a cidade. Durante o seculo XIX a praza ampliouse co derrubamento do convento das Magdalenes, pero ate o 1914, non se comezou a construcion do edificio cuberto do Mercado Central.

Foi a final do seculo XIX, co auxe das ideas hixienistas e da burguesia , cando as autoridades municipais suscitaron a necesidade de faceren un mercado pechado. Este mercado deberia ter grandes dimensions, para o cal foi preciso mercar e derrubar algunhas vivendas para reunir un terreo duns 8.000 m 2 .

Praza do Mercado en 1704 , segundo o plano do Padre Tosca, que se conserva no Museu Historic Municipal de Valencia [1] . Sobre parte desta praza erguese o actual Mercat Central (1914-1928).

Estilo eclectico e modernista [ editar | editar a fonte ]

O edificio poderia definirse como de estilo eclectico modernista , combinando a tradicion construtiva catala e a primeira arquitectura do ferro e o aceiro. A planta irregular adaptada na forma da parcela que ocupa conta con dous espazos: o mercado propiamente dito (6.800 m²) e a peixaria (1.700 m²), con carreiros rectos e longos atravesados por duas vias amplas.

As cubertas presentan teitos inclinados e duas innovadoras cupulas, unha para a peixaria, e outra para o mercado. Na parte alta desta segunda cupula hai un cataventos de ferro: a Cotorra del Mercat que, segundo como sopra o vento, fala ou mira outro cataventos, o Pardalot de Sant Joan , que se atopa na vecina igrexa homonima.

A armadura para cubrir de aceiro laminado con piares unidos entre si por arcos remite as grandes arquitecturas industriais do ferro, como as da Estacio del Nord ou o Mercat de Colom . Os muros perimetricos, que so tenen funcion de pechamento, presentan zocolos ceramicos policromados na sua base, persianas metalicas e azulexos de reflexo dourado na parte superior, e pedra nos cantons e nas portadas.

Cotorra del Mercat .
Cataventos de Sant Joan del Mercat, conecido popularmente coma o Pardalot de Sant Joan , que dialoga coa Cotorra del Mercat .

Catedral da luz [ editar | editar a fonte ]

Segundo Joan Francesc Mira , o Mercado Central e como unha catedral inmensa e luminosa, para inundacion continua de claridade que intensifica as cores da mercadoria. E un espazo de amplos carreiros interiores dedicados a venda de todo tipo de alimentos, onde a clientela non se empurra nin se apina porque o espazo e ben grande, e o balbordo se esvaece cara as alturas.

O interior do Mercat Central, aqui decorado con adornos de Nadal, e un espazo diafano e luminoso, onde a xente non se apina e o barullo se esvaece cara as alturas.
Interior do mercado.
Cupula con ventas de vidro do interior do Mercado Central, con laranxas na parte alta e reflexo dourado na de abaixo.
Detalle da Cupula do Mercado Central, con ramos de laranxas sobre fondo branco.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Mira i Castera, Joan Francesc: Valencia per a veins i visitants . Bromera, Col·leccio Grans Obres, Alzira. Segona edicio, maig del 2007, planes 82-84.
  • Sanchis Guarner, Manuel: La Ciutat de Valencia . Ajuntament de Valencia, Valencia. Cinquena Edicio 1989, plana 568.

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]