한국   대만   중국   일본 
Membro superior - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Membro superior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Membro superior
Vista frontal do membro superior dereito
Vista de atras do membro superior dereito
Latin membrum superius
Gray's pag.1325

A extremidade superior ou membro superior refirese ao ombreiro , brazo , antebrazo e man , no ser humano e noutros bipedes .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Composta por cerca de trinta osos articulados entre si, a extremidade superior do corpo humano esta constituida, a partir do pescozo , polo ombro ( articulacion ), brazo , cobado ( articulacion ), antebrazo , pulso (articulacion), man e dedos (estes coas articulacions, tamen chamadas nos).

Musculos do brazo

Nos primates , os brazos estan adaptados non so para trepar axilmente, senon tamen para actividades mais complexas, principalmente respecto a manipulacion de obxectos . A articulacion do ombreiro permite o movemento dos brazos nun plano case completamente circular, en canto que a presenza de dous osos no antebrazo (o ulna e o radio ) que poden rodar un o redor do outro permite unha gama extra de movementos, que non se dan na maior parte dos vertebrados .

Osos do membro superior [ editar | editar a fonte ]

No membro superior achanse os seguintes osos :

Articulacions [ editar | editar a fonte ]

No membro superior situanse varias articulacions, cuxo obxectivo e proporcionar mobilidade para a man . No ombreiro formase unha complexa articulacion, constituida por tres unions:

As tres articulacions mantenen estable o ombreiro e permiten multiples movementos.

Entre o brazo e o antebrazo achase o cobado , na que participan o oso radio , o cubito e o umero . A epifise inferior umeral conten un condilo e unha troclea. Ao lado do condilo (epicondilo) e ao lado da troclea ( epitroclea ) insirense numerosos musculos do antebrazo. O condilo artellase co radio e a troclea co cubito .

O radio e o cubito artellanse entre si, permitindo os movementos de pronacion e supinacion. Hai duas articulacions radiocubitais en cada membro superior, unha superior e outra inferior .

A epifise distal ou inferior do radio e do cubito artellase co carpo , formando a articulacion do pulso . Radio e cubito constituen unha cavidade condiloide, e os oito osos dos carpo forman un condilo. Pola sua banda, os osos do carpo, distribuidos en duas fileiras de catro (proximal e distal), artellanse entre si formando as articulacions intercarpais e a a articulacion mediocarpal .

Por debaixo, o carpo artellase cos cinco osos do metacarpo , mediante as articulacions carpometacarpianas . O metacarpo forma o esqueleto da palma da man . Os osos metacarpais artellanse entre si, a traves das articulacions intermetacarpais .

O metacarpo artellase inferiormente coas falanxes , que forman o esqueleto dos dedos , a traves das articulacions metacarpofalanxicas e entre si mediante as articulacions interfalanxicas da man .

Vascularizacion [ editar | editar a fonte ]

Vascularizacion arterial [ editar | editar a fonte ]

A vascularizacion arterial do membro superior proven da arteria subclavia , que e unha rama da aorta no lado esquerdo e do tronco braquiocefalico arterial no lado dereito. Ao entrar na axila , a subclavia cambia de nome para chamarse arteria axilar . A traves da axila , entra no brazo , dando lugar a sua rama terminal, a arteria umeral . A umeral da lugar a unha rama grande, a arteria umeral fonda , que discorre pola parte posterior do brazo . A arteria umeral fonda abastece o umero dende atras e forma un plexo arterial en torno ao cubito . A arteria umeral da lugar a duas ramas terminais, a arteria radial e a arteria cubital , ambas no antebrazo .

A arteria radial discorre pola parte externa ou lateral do antebrazo, por encima do oso radio , mentres que a arteria cubital discorre por dentro, por encima do cubito . Ao longo do seu traxecto dan lugar a varias pequenas ramas, para nutrir os osos e os musculos da rexion.

As arterias entran na man a traves do pulso. A este nivel, son vasos de calibre mais reducido e pasan polo arco do carpo , onde poden sufrir compresions. Da arteria radial deriva o arco palmar arterial fondo da man , mentres que da arteria cubital deriva o arco palmar arterial superficial da man . Ambos arcos arteriais estan conectados entre si por pequenas ramas.

Dos arcos arteriais derivan pequenas ramas cara aos dedos , que son as arterias dixitais palmares comuns .

Vascularizacion venosa [ editar | editar a fonte ]

O sistema venoso do membro superior consta dunha parte superficial e doutra fonda. Ambas comezan na man , nas veas dixitais dorsais e veas dixitais palmares . Na man e no pulso formanse varios arcos venosos, un superficial e outro fondo . Drenan cara ao antebrazo , a veas fondas ( vea radial , vea cubital e vea braquial ) e a veas superficiais ( vea cefalica , vea cefalica acesoria , vea mediana cubital , vea mediana antebraquial , vea basilica ). As veas do antebrazo drenan nas veas do brazo ou continuan por el. Finalmente rematan na vea axilar , na vea subescapular ou na vea circunflexa escapular , que transportan o sangue cara a vea cava superior e finalmente ao corazon .

Vasculatura linfatica [ editar | editar a fonte ]

A drenaxe linfatica comeza na man , a traves de pequenos vasos linfaticos, que no antebrazo discorren cara ao cobado , acompanando a diversas veas , coma a cefalica ou a mediana . Drenan nos ganglios linfaticos epitrocleares , nos ganglios linfaticos deltoidopectorais e nos ganglios linfaticos axilares . Dende o cobado , percorren o brazo , ata a axila . Alguns drenan nos ganglios linfaticos cervicais fondos . Outros derivan a linfa cara ao tronco linfatico subclavio , que a deposita no sistema venoso, na vea xugular interna ou na vea subclavia .

Innervacion [ editar | editar a fonte ]

A innervacion do membro superior procede do plexo braquial , a traves dos nervios espinais cervicais e primeiro nervio toracico. Do plexo braquial derivan numerosas ramas colaterais, o nervio toracico longo , o nervio dorsal da escapula , o nervio subclavio e o nervio supraescapular . Tras o paso pola axila , o plexo dividese en tres fasciculos, medial, lateral e posterior. Do fasciculo medial deriva o nervio pectoral medial , o nervio cutaneo medial do brazo , o nervio cutaneo medial do antebrazo e o nervio cubital . Do fasciculo lateral derivan o nervio pectoral lateral e o nervio musculocutaneo . Os fasciculos medial e lateral forman o nervio mediano , que continua cara ao antebrazo . Do fasciculo posterior do plexo braquial derivan o nervio subescapular superior e o inferior , o nervio toracodorsal e o nervio axilar .

Do tronco secundario posterior deriva o nervio radial , que se dirixe cara ao antebrazo . Nel da lugar a diversas ramas sensitivas e motoras. Unha rama sensitiva accede a man a traves do arco do carpo . A rama terminal posterior innerva diversos musculos da man.

O nervio mediano tras pasar polo antebrazo , entra na man a traves das corredoiras flexoras, polo tanto, distribuese pola palma da man.