Mary Isaura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Isaura

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Maria Isaura Villaoz Pereira Editar o valor em Wikidata
28 de outubro de 1897 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 8 de maio de 1982 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Barcelona, Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion cantante de opera Editar o valor em Wikidata
Tesitura Soprano Editar o valor em Wikidata


BNE: XX1351114

Maria Isaura Villaoz Pereira , [ 1 ] nada na Estrada o 28 de outubro de 1897 [ 2 ] e finada en Barcelona o 8 de maio de 1982 [ 3 ] , foi unha soprano galega, conecida artisticamente como Mary Isaura .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Mary Isaura naceu na rua de San Paio na Estrada, [ 4 ] [ 2 ] filla do militar comandante de infantaria Vicente Villaoz Bolanos (ca. 1857-1898), [ 5 ] nado en Regla , preto da Habana , e de Maria del Pilar Pereira Soto (1870-1928), nada na Estrada. [ 6 ] Vicente Villaoz e Pilar Pereira casaran nesa localidade o 14 de abril de 1883. [ 7 ] Uns dias antes do nacemento de Maria Isaura, o seu pai fora destinado a Cuba, de onde volveu para falecer en Santiago de Compostela enfermo de malaria o 5 de febreiro de 1898.

Quedaron enton sos a nai e os tres fillos, Eduardo (1889-1907), [ 8 ] Maria Luisa (?-1969) e Maria Isaura, en Santiago de Compostella. Maria Isaura estudou no colexio de Maria Cristina para orfos de infantaria e comezou os estudos musicais co compositor e profesor Antonio Garcia Jimenez (ca. 1868-1955). [ 9 ] Nos anos 1915 a 1917 recibiu unha bolsa da Deputacion de Pontevedra para estudar en Madrid , grazas as xestions do seu padrino, o avogado e politico Augusto Gonzalez Besada . A sua nai e mais ela marcharon vivir a capital a mediados de 1914 (o seu irman Eduardo falecera en 1907 e a sua irma Maria Luisa estudara nun seminario do que saira en 1905), onde Isaura estudou coa soprano Maria Galvany e con Luis Iribarne O'Connor . [ 10 ] En 1915 adoptou o nome artistico de Mary Isaura, despois de asistir a un concerto que ofreceu a soprano Amalia de Isaura . [ 11 ] Debutou en Madrid, no Teatro de la Zarzuela , en 1916. Estudou tamen no conservatorio do Liceu de Barcelona, co profesor Joaquim Vidal Nunell . [ 12 ] Segundo algunhas fontes debutou no Teatre Tivoli de Barcelona cantando a opera Maruxa de Amadeu Vives . [ 4 ] [ 13 ] A primeira referencia que se pode considerar como debut en Cataluna atopase en agosto de 1918, cando cantou Il barbiere di Siviglia de Rossini no Teatre de la Lliga Comercial de Capellades , durante as festas maiores da localidade. [ 14 ] A finais do mesmo ano presentouse co mesmo papel no Coliseu Pompeia de Barcelona, [ 12 ] nunha funcion de alumnos do profesor Vidal Nunell. O ano seguinte, 1919, contratada polo empresario Carles Mestres i Calvet (1869-1943), cantou no Teatre Tivoli de Barcelona as operas Il barbiere di Sivigla co tenor Julian Biel [ 15 ] (anunciouse como a sua presentacion en Barcelona), Rigoletto de Verdi e Lucia di Lammermoor de Donizetti , todas no mes de novembro de 1919. [ 16 ] Despois de cantar o paper de Rossina en Il barbiere o 16 de novembro de 1919, a cronica de La Veu de Catalunya indicaba que "e case unha nena para a sua idade". Despois do exito obtido con este papel, interpretou Rigoletto o 18 de novembro de 1919 [ 17 ] e acabou as representacions con Lucia di Lammermoor o 23 de novembro de 1919. Despois das suas actuacions de novembro de 1919, a prensa anunciou que tina que marchar "ao estranxeiro para cumprir compromisos contretados anteriormente". [ 18 ]

O ano seguinte volveu a Madrid, onde se presentou no Teatro Reina Victoria [ 19 ] [ 20 ] e debutou no Teatro Real coa opera Il barbiere di Siviglia , anunciandose pouco despois que viaxaria a Italia. [ 21 ] O 23 de setembro de 1921 reapareceu en Barcelona, no Tivoli, interpretando a opereta La casta Susana , version en castelan da opereta Die keusche Susanne con musica do frances Jean Gilbert , e o 3 de outubro outra opereta adaptada, Una noche de baile , orixinal do compositor Oscar Straus , [ 22 ] continuando a temporada do Tivoli con outras obras como El pajaro azul , zarzuela don musica de Rafael Millan Picazo , estreada o 5 de marzo de mesmo ano no Tivoli coa compania de Emili Sagi Barba e Lluisa Vela , cos que Isaura compartiu escenario en outubro de 1921, e La dogaresa , do mesmo compositor, entre outras obras. Entre o repertorio cantado por Isaura estaba unha obra de Amadeu Vives , Bergamino el Lampo , que Isaura estreou no Tivoli o 21 de xaneiro de 1922. [ 23 ] O compositor asistiu a estrea acompanado dos autores do libreto, Eduardo Marquina e Gregorio Martinez Sierra . A temporada do Tivoli rematou en maio de 1922, con beneficio para a cantante. De Barcelona marchou a Madrid para participar na estrea no [[Teatro Circo Price, o 22 de setembro de 1922, da revista musical ("revista comico-lirico-bailable en un acto y siete cuadros") ¡Es mucho Madrid! , con musica de Juan Antonio Martinez e un elenco que contaba con numerosos artistas. [ 24 ]

En xullo de 1923 anunciouse que Amadeu vives contrataba a Mary Isaura para a sua compania. [ 25 ] O 31 de agosto de 1923, a compania representou en Madrid a opera Il barbiere di Siviglia de Rossini, co texto en castela e un grande exito por parte de Mary Isaura. Vives estaba xa na recta final para a estrea da zarzuela Dona Francisquita , que foi interpretada por primeira vez no Teatro Apolo de Madrid o 23 de outubro dese ano con Mary Isaura no papel protagonista, que da nome a obra. Uns meses mais tarde, en decembro de 1923, a compania chegou a Barcelona para a estrea da obra na capital catala. Despois de moitas semanas en cartel en Barcelona, a compania saiu en diferentes xiras por America do Sur , actuando na Arxentina , o Uruguai , Chile , o Peru e mais tarde en Cuba e na Cidade de Mexico na primavera de 1925. Naqueles momentos, Mary Isaura cantar xa mais de catrocentas veces o papel de Dona Francisquita. [ 26 ] O 10 de xuno de 1925 cantou por 500.ª vez o papel, polo que foi homenaxeada no Teatre Olympia de Barcelona, onde estaba a representala desde habia unhas semanas. [ 27 ] Os seus companeiros de elenco foron enton Cora Raga , que cantara o papel de Aurora la Beltrana desde a estrea, Emili Vendrell e Pau Gorge Samper . A zarzuela continuou as xiras, mais Isaura xa non participou nelas. En xuno de 1925 cantou Marina de Emilio Arrieta no Tivoli con Hipolit Lazaro ("o primeiro tenor do mundo" segundo anunciaba o Tivoli), Frederic Caballe e Gabriel Olaizola . [ 28 ] En outubro de 1925 cantou no Tivoli En Sevilla esta el amor , unha adaptacion a zarzuela da opera Il barbiere di Siviglia de Rossini, ademais da zarzuela Maria Sol con musica de Jacinto Guerrero , [ 29 ] estreada un mes antes no Teatro de la Zarzuela de Madrid, e a estrea absoluta de La mosquetera con musica de Rafael Martinez Valls (primeira obra sua estreada) tamen no Tivoli, con Tana (Gaietana) Lluro e o tenor mexicano Ricardo C. Lara. O 25 de novembro de 1925 estreou no Tivoli a zarzuela en dous actos Margaritina , de Joaquim Zamacois , con Tana Lluro e Emili Sagi Barba. [ 30 ] A temporada de estreas no Tivoli continuou o 23 de decembro de 1925 con outra zarzuela de Rafael Millan, La severa . [ 31 ] Xunto con Isaura estiveron os grandes cantantes da temporada no Tivoli, Emili Sagi Barba, Emili Vendrell i Tana Lluro, baixo a direccion do compositor.

A comezos de 1926 Mary Isaura decidiur dar un xiro a sua carreira e entrar no mundo das varietes . [ 32 ] Debutou no xenero no Teatre Eldorado de Barcelona, onde comezou a actuar o 17 de marzo de 1926, [ 33 ] despois dunha estadia en Paris , onde adquiriu vestiario para as suas actuacion como cantante de variedades. [ 34 ] Traballou tamen no Teatre Mercantil de Igualada e posteriormente no Teatre del Bosc de Barcelona, ambos durante o mes de abril. Na festividade de San Xoan estaba a cantar no Teatre Tarragona . O anuncio do concerto na prensa tarraconense indicaba que Isaura volvia dunha xira polo norte de Espana e por Paris. [ 35 ] Antes de rematar o ano, Isaura retirouse dos escenarios, comezando unha etapa de gravacion de discos. En novembro de 1926 publicouse que recibira unha importante herdanza [ 36 ] dun familiar apelidado Soto Torres, que segundo o testamento a obrigaba a retirarse dos escenarios durante un ano se queria cobrala. [ 37 ] O certo e que Isaura non volveu subir a un escenario lirico. En maio de 1928 faleceu de cancro a sua nai na rua Salmeron de Barcelona.

A ultima referencia en hemerotecas dunha actuacion dua foi o 18 de xaneiro de 1936, nun espectaculo do bailarin ruso nacionalizado espanol Sacha Goudine . [ 38 ]

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

En 1904 aparece censada en Barcelona, no piso principal da rua Seneca do barrio de Gracia, [ 39 ] piso que mantivo ata a sua morta. Cando volveu a Cataluna en 1925 despois da xira con Dona Francisquita construiu unha casa de estilo modernista en Sant Vicenc dels Horts , obra do arquitecto Josep Domenech i Mansana , [ 40 ] que foi vendida despois da sua morte pola sua filla, Anna Maria Canti i Villaoz.

Casou o 2 de marzo de 1953 co empresario Domenec Canti i Canals (ca. 1882-1963), [ 2 ] presidente do consello de administracion das empresas Domingo Canti SA e Perchas y Aprestos SA. Canti morreu o 30 de maio de 1963 no domicilio familiar da rua Seneca. [ 41 ] [ 42 ] El enviuvara do seu primeiro matrimonio con Angela Canals i Sibils, que falcera o 3 de febreiro de 1953, un mes antes do enlace con Isaura. [ 43 ] A voda tivo lugar na maxima intimidade debido a esta circunstancia. [ 44 ] O novo matrimonio xa tina unha filla nese momento, Anna Maria Canti i Villaoz. [ 45 ]

Discografia [ editar | editar a fonte ]

  • El nino judio (1918, fragmento)
  • Dona Francisquita (1927, fragmento)
  • Dona Francisquita (1930, fragmento)
  • La alegria de la huerta (1930)
  • La viejecita (1930)
  • El Rey que rabio (1931)
  • Molinos de viento (1931)
  • La Reina mora (1932)
  • Don Gil de Alcala (1933, fragmento)
  • Los gavilanes (1934)
  • La viejecita (1935)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Tamen escrit Villahoz ou Villoz nalgunhas publicacions. O apelido Villaoz e o que aparece na sua inscricion de bautismo e no expediente militar do seu pai, asi como noutros documentos oficiais. O segundo apelido aparece nalgunhas fontes como Pereiras , por exemplo na asignacion da pension de viuvedade a sua nai trala morte do comandante Villaoz .
  2. 2,0 2,1 2,2 Inscricion de bautismo na igrexa parroquial de San Paio da Estrada, ano 1893, libro 3, folio 27, numero 54. Inclue unha referencia manuscrita posterior coa data do matrimonio con Domenec Canti i Canals.
  3. "Necrologicas" . La Vanguardia : 16. 10 de maio de 1982.  
  4. 4,0 4,1 ALFAGEME (16 de maio de 1924). "Artistas gallegos - Maria Isaura Villaoz Pereira" . El Progreso : 1.  
  5. Vicente Villaoz Bolanos faleceu na Estrada o 5 de febreiro de 1898 segundo o seu expedient militar .
  6. "Esquela de defuncio de Pilar Pereira Soto" . La Vanguardia : 23. 18 de maio de 1928.  
  7. Arca Caldas 2001 , p. 23, Matrimonio Villaoz Pereiras.
  8. Arca Caldas 2001 , p. 39, Madrid capital.
  9. "Las fiestas del Apostol - Segunda parte" . El Eco de Santiago : 2. 23 de xullo de 1913.  
  10. "De la farandula - Los que triunfan y las que empiezan - Iribarne y la senorita Isaura Villaoz" . El Dia, diario reformista (Almeria): 1. 15 de xullo de 1917.  
  11. Arca Caldas 2001 , p. 41, Isaura becaria.
  12. 12,0 12,1 "Coliseo Pompeya - Isaura Villaoz" . La Vanguardia : 15. 24 de decembro de 1918.  
  13. A pesar desta afirmacion, non hai informacion nas hemerotecas do ano 1916 sobre a actuacion de Mary Isaura en Maruxa no Teatre Tivoli. Talvez non cantou o papel principal.
  14. "Capellades" . La Veu de Catalunya : 7. 21 de agosto de 1918.  
  15. "Teatre Tivoli" . El Diluvio : 3. 16 de novembro de 1919.  
  16. "Cronica" . La Veu de Catalunya : 13. 11 de outubro de 1919.  
  17. "D'espectacles - Tivoli" . La Veu de Catalunya : 10. 18 de novembro de 1919.  
  18. "D'espectacles - Tivoli" . La Veu de Catalunya : 5. 19 de novembro de 1919.  
  19. "Una nueva artista" . La Accion : 3. 21 de setembro de 1920.  
  20. "Noticias" . El Diluvio : 15. 6 de outubro de 1920. En el Teatro Victoria de Madrid actua con gran exito la soprano Mary Isaura, quen, segun parece, abandono el genero de opera para dedicarse a la zarzuela  
  21. "D'espectacles" . La Veu de Catalunya : 10. 27 de decembro de 1919.  
  22. "Por esos teatros" . El Diluvio : 25. 18 de setembro de 1921.  
  23. "Anunci del Teatre Tivoli" . El Diluvio : 3. 21 de xaneiro de 1922.  
  24. "Informaciones y noticias teatrales - ¡Es mucho Madrid!" . ABC : 27. 24 de setembro de 1922.  
  25. "Por esos teatros" . El Diluvio : 22. 31 de xullo de 1923. Se dice que la linda y muy discreta tiple "de numero" Mary Isaura (es la tiple de un numerito por obra) ha sido contratada por el maestro Vives  
  26. Arca Caldas 2001 , p. 83, Retorno de Mary Isaura.
  27. "D'espectacles" . La Veu de Catalunya : 7. 10 de xuno de 1925.  
  28. "Espectaculos - Teatros - Tivoli" . El Diluvio : 3. 16 de xuno de 1925.  
  29. "Espectacles - Teatre Tivoli" . La Veu de Catalunya : 9. 20 de outubro de 1925.  
  30. "Espectaculos - Tivoli" . La Vanguardia : 12. 25 de novembro de 1925.  
  31. "Musica y teatros" . La Vanguardia : 26. 22 de decembro de 1925.  
  32. "Musica y teatros" . La Vanguardia : 19. 20 de xaneiro de 1926.  
  33. "Espectaculos - Eldorado" . La Vanguardia : 14. 17 de marzo de 1926.  
  34. "D'espectacles - Olympia" . La Veu de Catalunya : 2. 8 de marzo de 1926.  
  35. "Gacetilla - Mary Isaura" (PDF) . Tarragona : 4. 24 de xuno de 1926.  
  36. Segundo as fontes, a cifra varia entre un e cinco millons de pesetas .
  37. "La tiple Maria Isaura hereda cinco millones" . El Adelanto : 7. 6 de novembro de 1926.  
  38. "Homenajes, beneficio, presentaciones y proximos estrenos" . El Sol : 2. 18 de xaneiro de 1936.  
  39. Padro d'habitants de Barcelona de 1905, Districte 8, seccio 298, foli 772.
  40. "Inventari del Patrimoni Historic, Arquitectonic i Ambiental de Sant Vicenc dels Horts" . Diputacio de Barcelona - Ajuntament de Sant Vicenc dels Horts. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2019 . Consultado o 9 de agosto de 2019 .  
  41. "Necrologicas" . La Vanguardia : 30. 1 de xullo de 1963.  
  42. Registre de Defuncions de l'Ajuntament de Barcelona, numero de registre 1119 de 1963.
  43. "Necrologicas" . La Vanguardia : 15. 8 de febreiro de 1953.  
  44. Arca Caldas 2001 , p. 83.
  45. "Ecos de sociedad" . La Vanguardia : 13. 1 de xullo de 1953.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Arca Caldas, Olimpo (2001). Unha voz... Mary Isaura . Asociacion Fillos e Amigos Da Estrada. PO-237/01.