한국   대만   중국   일본 
Marta Doviro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Marta Doviro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarta Doviro

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Santiago de Compostela, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: marta.doviro Instagram: martadoviro Editar o valor em Wikidata

Marta Perez Torre , nada en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1984 , e unha actriz e presentadora de television galega . [ 1 ] Debe o seu nome artistico, Marta Doviro , o alcume da sua familia paterna, orixinaria da aldea de Viro , en Outes .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Marta Doviro criouse entre Muxia e Corcubion e con 17 anos volveu a Santiago de Compostela, onde estudou tres anos de farmacia . Nesta etapa ganou o concurso de moda local organizado por El Corte Ingles e quedou finalista en duas ocasions no concurso de moda Top Area Central . Logo deses tres anos decidiu mudarse a Ourense onde finalmente se diplomou en Deseno de Produtos na Escola de Arte e Superior de Deseno Antonio Failde. [ Compre referencia ]

Logo desta etapa de estudante foi vivir a Coruna onde estivo traballando no departamento de mercadotecnia da firma galega de moda Caramelo . [ 1 ]

Presentou A mochila do viaxeiro en V Television , traballo polo que foi nomeada a un Premio Mestre Mateo no ano 2011 na categoria de Mellor Comunicadora. Na Television de Galicia presentou De quen ves sendo? en 2013, Somos ben curiosos en 2015 [ 2 ] e Mais galego nos verans de 2014 e 2015. Por este ultimo foi finalista, de novo na categoria de mellor comunicadora, dos Premios Mestre Mateo 2014 .

Presentou xunto a actriz Isabel Blanco o programa Especial 30 anos de Series da TVG e acompanou a Xose Ramon Gayoso copresentando Luar en xullo do 2015. Ese mesmo veran retransmitiu en directo as fogueiras de San Xoan nun programa especial da TVG xunto a Lucia Rodriguez Vazquez e Bernardo Montana. [ Compre referencia ]

No ambito da interpretacion participou como "Doutora Pita" na serie de television Luci en 2014, e deu vida a "Olalla" na serie Pazo de Familia desde a sua incorporacion de 2015 a 2017, na 3ª temporada e durante duas mais, ata a penultima da serie. [ Compre referencia ]

En 2016 participou no especial de Nadal de Larpeiros (TVG), e nos anos 2016-2017 presentou Feirantes [ 3 ] e Gastropodos , cocina en ruta na TVG. [ 4 ] Tamen en 2017 rodou a curtametraxe O jazz dos proscritos , de Manuel Gil Castro .

En 2018 acadou o seu terceiro nomeamento os premios Mestre Mateo como mellor comunicadora co programa Unha viaxe para contar , tamen na TVG. [ 5 ] Na gala tamen se encargou de entregar un dos premios. [ 6 ] A finais dese mesmo ano, comezou a gravar a segunda tempada do programa Malo sera , que se emitiu o longo de 2019 na TVG, no que exerceu de presentadora, e ocasionalmente tamen participou actuando nalgun sketch, sendo a sua primeira incursion no mundo do humor. [ 7 ] Todo isto combinao coa presentacion de diversas galas de moda, deportivas, beneficas, culturais e de festas, participacions en programas de radio na Radio Galega e en Radio Coruna, especiais de Nadal do programa "Coma un allo", entrevistas no programa A Revista , e en obras de teatro como E se os sonos se cumpren , coa compania O Garaxe Hermeneutico , para o publico infantil. Tamen impartiu en 2019 clases de teatro.

Asi mesmo, volveu o mundo da publicidade o protagonizar en 2019 un spot televisivo para o lanzamento de MEGA da cervexeira Estrella Galicia . [ 8 ] [ 9 ]

Galardons e nomeamentos [ editar | editar a fonte ]

Premios Mestre Mateo [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Titulo Resultado
2011 Mellor comunicadora A mochila do viaxeiro Nomeada
2014 Mellor comunicadora Mais galego Nomeada
2018 Mellor comunicadora Unha viaxe para contar Nomeada

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]