한국   대만   중국   일본 
Marabedi - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Marabedi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de 4 marabedis de cobre dos Reis Catolicos .

O marabedi [ 1 ] foi unha antiga moeda peninsular utilizada entre os seculos XI e XIV , que tamen serviu como unidade de conta ata o seculo XIX .

Narciso Sentenach , escribiria en 1905 en relacion a epoca dos marabedis e ao vocabulo:

≪Esta e a epoca aurea e a que acreditou o marabedi a un extremo tal, que non foi despois excluido do noso vocabulario.≫ [ 2 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Se atendemos a etimoloxia mais admitida da palabra marabedi (correspondente aos almorabides ) teremos que aceptar a suposicion de que antes destes ( 1086 a 1146 ) non circulou na Peninsula Iberica moeda de ningunha clase con este nome, pero como queira que no Foro de Melgar de Suso , de 950 , falase de marabedises , e no de Fernando I aos lugares dependentes do mosteiro de Cardena tamen se len nalgunhas clausulas como expresion de valor , e noutros documentos que se puidesen aducir, como o Foro de Sepulveda , sen citar mais, puidese por iso acaecer unha antinomia , que fixo suponer a especialistas, que tal etimoloxia almorabide non e taxativa ou que esta palabra tina unha significacion mais ampla entre os cristians daquel tempo.

Pretendeuse resolver esta lagoa historica, en aparente disxuntiva, suponendo, que os textos primitivos de tales documentos estan alterados, pois os que chegaron a nos son copias posteriores , e que os prezos ou multas consignaronse transliterados as moedas correntes de cando se fixeron estas copias, pero sexa como for, o certo e:

a fins do seculo XII e principios do XIII , durante o reinado de Afonso VIII , o marabedi tina unha existencia perfectamente real, determinada, chamandose asi aos dinares almorabides , que aquel rei cristian de Castela imitou a sua vez, acunando Moeda de ouro , de peso e de valor equivalente, escritas en caracteres arabigos , variando tan so un pouco o texto das lendas , e introducindo entre elas o signo da cruz . [ 3 ]
  • O marabedi, xa fose orixinalmente arabe ou cristian , correu indistintamente entre ambos os habitantes posuidores de reinos na Peninsula , vulgo denominado tamen, nas diversas linguas dos reinos peninsulares, como mitcales de ouro, moravitines ou afonsinas .
  • Os xudeus, contadores ergo expertos no valor das moedas, tomaban, por aquel tempo, indistintamente os uns ou os outros , fosen marabedis musulmans ou cristians .

Os documentos son tan abundantes que apenas hai foros ou escrituras dos tempos de Afonso VIII ata Fernando III o Santo , que non falen de marabedises , como superior moeda corrente:

O foro de Cordoba , dado a esta cidade polo rei santo , redimia a pena do homicidio, en certos casos, por 270 marabedis. [ 4 ]

Aunacions [ editar | editar a fonte ]

Os reis intermedios, Fernando II e o inmediato Afonso IX cunaronos igualmente, pero con tipo distinto, pois imprimiron neles os seus bustos e as lendas con caracteres cristians . Fernando III non os cunou, valendose dos de reinados anteriores, ata que chegaron os dias do seu fillo Afonso X , nos que sufriu esta moeda unha crise , que constitue unha paxina singular da sua historia.

O seu pai, o rei santo , cunou so unha moeda divisionaria de billon , que probablemente se vina usando desde antes en Castela , chamada pepion , dos que 180 facian un marabedi.

Modificacion do sistema ponderal romano [ editar | editar a fonte ]

Afonso X , o rei sabio , amante da cultura , foi introdutor de novidades e ideou, entre outras cousas, modificar o sistema ponderal que vina rexendo na Peninsula desde o tempo dos romanos , e que fora substituido no resto de Europa por outro de orixe moi distinta.

O marco de Colonia , foi desde enton aceptado como patron para os pesos , ao historiar a nova Metroloxia designada por Afonso X , achamos disposicions tan explicitas como a carta de Sevilla de 14 de abril da era de 1299 , dada a Leon , na que tratando de unificar en todos os reinos pesalas e medidas , dicia:

≪  E dos pesos ponemos o marco Alfonsi, que e este que vos enviamos, en que a oito oncas, e na onza a media, e quarta, e oitava. E en libraa aya dous marcos, que son dez e sex oncas. E ponemos arroba, en que aya veynte cinco libras. E no quintal quatro arrobas, que son cient libras.

Tal e o sistema ponderal que introducia o apelado rei , concluindo co antigo romano, en vigor ata enton.

Substitucion do marabedi pola dobra de ouro [ editar | editar a fonte ]

E principio inconcuso (indiscutido) que o peso da moeda ha ter que responder en todo tempo ao -sistema ponderal corrente- (vixente, en uso), asi que ao ocorrer cambio tan completo na -metroloxia hispana-, non podia menos que modificarse tamen o sistema monetario a el correspondente. [ 5 ]

Os marabedis castelans e mouriscos, dunha sexta parte da onza antiga , debian a sua talla a un sistema ponderal distinto ao que se introducia, polo que era imposible equiparalos cos divisores do marco de Colonia cuxo peso era de 3,8 a 3,85 gramos.

Tina pois que desaparecer o marabedi e ser substituido por outra aurea moeda, que fose divisora do novo tipo ponderal, enton e por esta razon, apareceu a dobra , moeda algo equivalente, ainda que superior ao marabedi , que desde o momento da sua aparicion representaba a cincuentava parte do marco de Colonia , cuxo peso medio era de 4,50 gramos, 6,5 mais que o marabedi. (e dicir, o marabedi pesaba -2 gramos)

D. Afonso X foi o primeiro que ordenou a cunaxe da dobra de ouro , dandolle vida para varios reinados, ata que dexenerada, foi substituida por outro tipo de mais credito, nos dias dos Reis Catolicos. [ 6 ]

A dobra quedou desde enton como o tipo da moeda superior daquel tempo pesando a cincuentava parte do marco , vina representar o papel do marabedi, ao que substituia , o que antes se contratou por marabedis, desde enton debia valorarse por dobras , pero non por isto eliminabase o sistema dos marabedis , ainda se seguia contando por eles.

Substitucion do marabedi por moeda de prata [ editar | editar a fonte ]

Ata enton os reis de Castela cunaran so o billon , e para rematar o ouro, ainda non existia a moeda de prata castela, como se dixo, Afonso X foi quen designou, ao comezo do seu reinado, cunar moeda nova en ouro e prata en razon ao marco de Colonia.

Ao introducirse a prata habia que darlle algun nome as pezas que dela se cunasen, e como en ouro se inaugurara a dobla , polas novas moedas de prata pretendiase continuar o sistema dos marabedis, estimouse oportuno cunar unhas pezas de prata de modulo aproximado a aqueles e de talle tal, que dada a relacion que se establecia entre ambos os metais ricos, ≪seis de prata valesen tanto como un de ouro≫ , e por isto chamaronselles marabedis brancos ou burgaleses .

Asi se vina a continuar pola prata o sistema antigo do ouro, baixo o que existian tantos contratos, e deste xeito, si no ouro introduciase un novo sistema, na prata transixiase co pasado , que por tal medio continuabase. Nisto estaria, ademais, a a razon das equivalencias do marabedi de ouro co de prata.

Uso como moeda de conta [ editar | editar a fonte ]

Nas decadas centrais do seculo XIV abandonouse o uso do marabedi como moeda con existencia fisica. Con todo, continuouse empregando o marabedi como moeda de conta, para facer as conversions entre as diversas moedas en uso. Algunhas destas tinan valores superiores ao marabedi, mentres que outras, como a branca, serian equivalentes a fraccions de marabedi. Asi se fala de tendencia a depreciacion do marabedi durante o periodo 1429 - 1451 , seguido dun periodo de estabilidade que chegaria ata 1460 , e depreciandose de novo ata chegar cara a 1480 . [ 7 ]

Trala Primeira Guerra Civil Castela , a finais do seculo XIV , fixeronse fortes depreciacions para poder pagar a guerra. Ao estar o marabedi relacionado co valor das moedas depreciadas, creouse un novo marabedi, cuxo valor era a metade do vello marabedi. [ 8 ]

Uso como moeda da Idade Moderna [ editar | editar a fonte ]

Moeda de cobre de curso legal que, con sucesivas cunaxes, estivo vixente desde os Reis Catolicos ata a primeira reforma no sistema monetario de Isabel II ( 1474 - 1854 ).

En 1854 , baixo o reinado de Isabel II , o marabedi empezou a substituirse polo "centimo de real"; as emisions de centimos de real mantiveronse ata 1864 , a partir desa data, as moedas de cobre que se empezaron a cunar, pasaron a chamarse "centimo de escudo" (tamen denominado "decima" por ser equivalente a decima de real).

As moedas espanolas contemporaneas ao marabedi de cobre foron o " Real " de prata e o " Escudo " de ouro. Un cambio comun desde 1497 ; dado que e variable ao longo de toda a epoca moderna, e o seguinte: Cada 34 marabedis era un Real e a sua vez 16 reais de prata eran 1 Escudo de ouro; polo que 544 marabedis eran un Escudo .

O escudo , desde 1535 cotizou a 350 marabedis. A sua valoracion cambia ao longo da epoca moderna, oscilando entre os 400 marabedis de 1566 e os 440 de 1609 . O Real tampouco estivo exento de cambios na sua paridade; cotizou en 1642 a 45 marabedis e a 64 marabedis desde 1686 .

No reinado dos Reis Catolicos , as moedas de ouro tiveron outros nomes, como ducados , excelentes ou dobres excelentes , e existiron outras moedas de cobre ademais do marabedi, - Dineiro -, - Branca -.

Os valores mais usuais foron moedas "de a un", "de a dous", "de a catro", "de a oito" e "de a dezaseis" marabedis. Foron cunadas en distintas cecas durante os reinados de Isabel e Fernando , Xoana e Carlos , Carlos I , Filipe II , Filipe III , Filipe IV , Carlos II , Filipe V , Lois I (dada a brevedade do seu reinado non chegou a cunar marabedis, ainda que si Treseta, Dobler, Real e Escudo ), Fernando VI , Carlos III , Carlos IV , Xose Napoleon , Fernando VII e Isabel II .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marabedi .
  2. ≪Esta es la epoca aurea y la que acredito el maravedi a un extremo tal, que no fue despues excluido de nuestro vocabulario.≫
  3. a fines del siglo XII y principios del s. XIII, durante el reinado de Alfonso VIII, el maravedi tenia una existencia perfectamente real, determinada, llamandose asi a los dinares almoravides, que aquel rey cristiano de Castilla imito a su vez, acunando Moneda de oro, de peso y de valor equivalente, escritas en caracteres arabigos, variando tan solo un poco el texto de las leyendas, e introduciendo entre ellas el signo de la cruz.
  4. El fuero de Cordoba, dado a esta ciudad por el rey santo, redimia la pena del homicidio, en ciertos casos, por 270 maravedis.
  5. Es principio inconcuso (indiscutido) que el peso de la moneda ha tenido que responder en todo tiempo al ?sistema ponderal corriente? (vigente, en uso), asi que al ocurrir cambio tan completo en la ?metrologia hispana?, no podia menos que modificarse tambien el sistema monetario a el correspondiente.
  6. D. Alfonso X fue el primero que ordeno la acunacion de la dobla de oro , dandole vida para varios reinados, hasta que degenerada, fue substituida por otro tipo de mas credito, en los dias de los Reyes Catolicos.
  7. Guinot, p. 218-220
  8. MacKay, p. 52

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Guinot Rodriguez, Enric. La Baja Edad Media en los siglos XIV y XV. Economia y Sociedad . Madrid: Sintesis. ISBN   84-9756-116-3 .  
  • MacKay, Angus (1981). Money, prices and politics in Fitfteenth Century Castile (en ingles) . London: Royal Historical Society. ISBN   0-901050-82-2 .  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]