한국   대만   중국   일본 
Manuel Simon Campos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Manuel Simon Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Simon Campos
Biografia
Nacemento 1914 Editar o valor em Wikidata
Lavadores, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 21 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Lavadores, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Conflito Guerra civil espanola Editar o valor em Wikidata

Manuel Simon Campos , conecido como Xanote e Luis Pena , nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947 , foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Foi repartidor de peixe no peirao do Berbes e militante do PCE . Mobilizado en 1936, desertou para estar coa sua muller e o seu fillo acabado de nacer, e permaneceu agochado. En 1938 integrouse no grupo de Rogelio Garcia Morales O Maletas . En 1939 presentouse ao chamamento do Gobernador civil de Pontevedra Manuel Gomez Cantos , que prometeu unha amnistia, e pola sua condicion de desertor foi obrigado a repetir o tempo do servizo militar. Destinado a un Rexemento con gornicion en Zaragoza, aproveitando un permiso fuxiu de forma definitiva a mediados de 1941.

En 1943 contactou co PCE que pretendia organizar a guerrilla no sur da provincia de Pontevedra . En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do vecino de Petelos Fructuoso Costas Giraldez (o garda civico que rematou a Manuel Gonzalez Fresco ), con Jose Garcia Morales , Ramon Pereira Antelo , Jose Luis Quintas Figueroa e Abraham Lloriente Sanchez . [ 1 ] En 1946 creou o destacamento Paco Barreiro integrado na V Agrupacion do Exercito Guerrilleiro de Galicia con Avelino Otero Montes como lugartenente. No grupo integraronse os fuxidos pola represion policial Basilio Calvar Solla , Agustin Alvarez Araujo e Claudio Rodriguez Vazquez . Foi acusado co seu lugartenente Avelino Otero da morte do falanxista de Cabral Eusebio Lago Campos acontecida o 30 de xaneiro de 1947. [ 2 ] Morreu o 21 de maio de 1947 nun enfrontamento coa Garda civil preto de Lavadores. Con el faleceu Avelino Otero Montes. Foron detidos Ramon Villar Paz e Eladio Covelo Alvarez .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Requisitoria, El Pueblo Gallego , 17-4-1943, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego , 9-4-1947, p. 4.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Abad Gallego, Xoan Carlos (2005). Heroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo . Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN   84-89599-33-5 .  
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965) . Sada: Do Castro. p. 130. ISBN   84-8485-231-8 .  

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]