한국   대만   중국   일본 
Manuel Pessanha - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Manuel Pessanha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lele
Informacion persoal
Nome Manuel Pessanha
Nacemento 23 de marzo de 1918
Lugar de nacemento Barra Mansa
Falecemento 16 de agosto de 2003
Lugar de falecemento Rio de Xaneiro
Posicion dianteiro
Carreira senior
Anos Equipos Aprs ( Gls )
Americano
?1943 Madureira
1943?1948 Vasco da Gama
1948?1950 Sao Paulo
1950?1952 Ponte Preta
Seleccion nacional
1944?1945 Brasil 4 (1)
Partidos e goles so en liga domestica.
editar datos en Wikidata  ]

Manuel Pessanha , mais conecido como Lele , nado en Campos dos Goytacazes o 23 de febreiro de 1918 e finado en Campinas o 16 de agosto de 2003 , foi un futbolista brasileiro . Xogaba de dianteiro e e un dos maximos goleadores da historia do Vasco da Gama , club no que militou na decada de 1940 .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nacido en Campos dos Goytacazes , comezou a sua carreira no Americano da sua cidade natal, pasando logo ao Madureira . [ 1 ] No equipo carioca , formou xunto con Isaias e Jair Rosa Pinto un trio atacante que foi alcumado Os Tres Patetas , en referencia a un trio comico famoso nos cines brasileiros. Durante esta epoca, participou no partido de inauguracion do estadio Aniceto Moscoso , onde o Madureira derrotou por 4-2 ao Fluminense , e tamen nunha goleada por 5-1 sobre o Vasco da Gama . [ 1 ]

En 1943 os tres foron contratados polo Vasco da Gama, a peticion do adestrador Ondino Viera , que comezaba a reformar o cadro de xogadores do club. O equipo daquela epoca, liderado no ataque por Ademir de Menezes , pasou a ser conecido co alcume de Expresso da Vitoria , e en 1945 ganou o Campionato Carioca , con Lele como maximo goleador do torneo, con 15 goles. [ 1 ] [ 2 ] Proclamouse campion tamen en 1947, [ 3 ] e sumou varios titulos mais en diferentes competicions, como o Campionato Suramericano de Campions de 1948, considerado o precursor da Copa Libertadores . [ 1 ] [ 4 ] Ese mesmo ano deixou o club do Rio de Xaneiro , sendo naquel momento o segundo maximo goleador da sua historia, con 147 tantos, e ocupando na actualidade o noveno posto.

Fichou enton polo Sao Paulo , [ 5 ] co que ganou o Campionato Paulista de 1949, [ 1 ] e posteriormente xogou no Ponte Preta , ata 1952. Trala sua retirada traballou nas aduanas do Aeroporto de Viracopos . [ 1 ] Faleceu en Campinas o 16 de agosto de 2003, aos 85 anos de idade.

Seleccion brasileira [ editar | editar a fonte ]

Foi catro veces internacional coa seleccion brasileira , [ 6 ] a primeira delas nun partido da Copa Roca contra a Arxentina en 1940. En 1944 xogou dous amigables contra o Uruguai , [ 7 ] [ 8 ] para finalmente disputar o seu ultimo encontro internacional en 1945, ante a Arxentina na Copa Roca.

Palmares [ editar | editar a fonte ]

Vasco da Gama
Sao Paulo
Individual

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Lele… os “Tres Patetas” do Madureira" (en portugues ) . 13 de maio de 2017 . Consultado o 5 de maio de 2022 .  
  2. "Campionato Carioca de 1945" . rsssfbrasil.com (en ingles ) . Consultado o 5 de maio de 2022 .  
  3. "Conheca Lele, mais um componente da Fabrica de Artilheiros do Vasco" (en portugues ) . 13 de setembro de 2011 . Consultado o 5 de maio de 2022 .  
  4. "La maxima fiesta del futbol continental" . conmebol.com (en castelan ) . Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2013 . Consultado o 5 de maio de 2022 .  
  5. "Vasco celebra o centenario do nascimento do craque Lele" (en portugues ) . 23 de marzo de 2018 . Consultado o 5 de maio de 2022 .  
  6. "Selecao Brasileira (Brazilian National Team) 1939-1946" . rsssfbrasil.com (en ingles ) . Consultado o 5 de maio de 2022 .  
  7. "Brasil - Uruguai 14/05/1944" . Asociacion Uruguaia de Futbol (en castelan ) . Consultado o 5 de maio de 2022 .  
  8. "Brasil - Uruguai 18/05/1944" . Asociacion Uruguaia de Futbol (en castelan ) . Consultado o 5 de maio de 2022 .