Manuel Ceruelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ceruelo
Biografia
Nacemento 1913 Editar o valor em Wikidata
Arzua, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 31 de agosto de 2003 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Santiago de Compostela, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion sindicalista Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata


Manuel Ceruelo Ares , nado en Arzua en 1913 e finado en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 2003 , [ 1 ] foi un sindicalista e politico galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Formouse nas Juventudes Libertarias ao final da ditadura de Primo de Rivera , e integrouse no Sindicato de Metalurxicos durante a Republica, en 1936 desempenaba postos directivos do sindicato. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 enrolouse no exercito franquista para zafar do que lle agardaba, e con miras de pasar ao bando leal. Evadiuse a zona republicana na fronte de Araba, e loitou primeiro no Batallon Celta en Euskadi e logo no Batallon Galicia da CNT asturiana. Coa caida da fronte do Norte, foi detido e condenado a morte, conmutada logo por trinta anos que quedaron en seis. Ao sair da cadea en 1943 retornou a CNT compostela e cando en 1946 Manuel Fandino Ricart colleu a secretaria da CRG, Ceruelo pasou a formar parte do Comite. Coincidindo coa sua actuacion no Comite da CRG cobixou e deu traballo no seu negocio de reparacion de maquinas de escribir a Jose Luis Quintas Figueroa , un cenetista vigues que andaba escapado. Na primavera de 1947 unha xigantesca redada deu cabo da CNT en Galicia, Ceruelo foi detido. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947. [ 2 ] Xulgado, foi condenado a nove anos, dez meses e trece dias, que cumpriu nas cadeas de Vigo, Lugo e Santona.

Cando en 1972 o albanel compostelan Manuel Amil Barcia , que fora secretario da CNT do interior entre 1941 e 1944, agonizaba en solitario en Pontevedra logo dunha vida de traballos e persecucions, recibiu a asistencia de Pazos, Ceruelo e outro companeiro de Santiago, que o acompanaron nos seus derradeiros momentos.

A comezos dos anos setenta, o seu establecemento de material de oficina e reprografia da Rua Republica del Salvador era moi frecuentado pola xuventude rebelde, porque era persoa de confianza para todo o que tivera que ver con minervas, vietnamitas e imprentas.

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casou con Carmen Nieves Calvelo, coa que tivo duas fillas, Hildelina e Maria del Carmen Ceruelo Nieves.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. La Voz de Galicia , 2-9-2003, p. 42.
  2. La Voz de Galicia , 10-8-1947, p. 2.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]