Manuel Almunia Rivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Almunia
Almunia xogando no West Ham en 2011
Informacion persoal
Nome Manuel Almunia Rivero
Nacemento 19 de maio de 1977
Lugar de nacemento Pamplona
Altura 1,92 m
Posicion Gardameta
Carreira xuvenil
CD Oberena
Carreira senior
Anos Equipos Aprs ( Gls )
1995?1999 Osasuna B 46 (0)
1999?2000 Osasuna 0 (0)
1999?2000 Cartagonova (cedido) 3 (0)
2000?2001 Sabadell 29 (0)
2001?2004 Celta de Vigo 0 (0)
2001?2002 Eibar (cedido) 35 (0)
2002?2003 Recreativo (cedido) 2 (0)
2003?2004 Albacete (cedido) 24 (0)
2004?2012 Arsenal 109 (0)
2011 West Ham (cedido) 4 (0)
2012?2014 Watford 76 (0)
Total 328 (0)
Na rede
UEFA: 95820 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles so en liga domestica.

editar datos en Wikidata  ]

Manuel Almunia Rivero , nado en Pamplona o 19 de maio de 1977 , e un ex futbolista espanol que xogaba na demarcacion de gardameta .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Formouse no CD Oberena da cidade navarra , que esta vinculado coma filial co Osasuna . Na tempada 1998 / 99 pasa a ser o porteiro titular do Osasuna Promesas . Ao ano seguinte pasa a ter contrato co primeiro equipo pero sairia cedido, primeiro ao Cartagena FC e ao CE Sabadell FC ao ano seguinte.

Tras o seu bo papel no Sabadell ficha polo Celta de Vigo no veran de 2001 ao rematar o seu contrato co Osasuna . Poren nunca chegaria a debutar co equipo vigues xa que foi cedido durante os tres anos que militou no equipo. Primeiro ao SD Eibar de Segunda Division , onde gana o Trofeo Zamora da categoria, e despois ao Recreativo de Huelva e Albacete Balompie de Primeira . Neste ultimo equipo desbancaria da titularidade a todo un mito como o arxentino Roa .

Esta traxectoria ascendente fixo que no veran de 2004 volvese a Vigo pero so para asinar o seu traspaso ao Arsenal F.C. Ingles por un prezo de 6 millons de euros.

Na Premier League [ editar | editar a fonte ]

No equipo dirixido por Arsene Wenger comezou como segundo porteiro, por detras do aleman Jens Lehmann , disputando so os encontros da Copa da Liga e a FA Cup . O ano seguinte seguiu nas mesmas condicions pero chegou a disputar parte da final da Copa de Europa ao ser expulsado Lehmann ante o FC Barcelona , Almunia acabaria encaixando os dous goles que lle darian a vitoria ao equipo catalan .

Na tempada 2007 / 08 finalmente faise coa titularidade no campionato ligueiro, abrindose o debate incluso da conveniencia de que fose convocado coa Seleccion de futbol de Inglaterra tras a sua nacionalizacion [ 1 ] . Defendeu a porteria gunner coma titular indiscutibel ata 2010 cando comezou a perder peso a causa do bo momento do gardameta polaco Wojciech Szcz?sny .

O 30 de setembro de 2011 foi cedido ao West Ham United durante dous meses a causa da lesion do porteiro titular do equipo. Tras a sua volta ao Arsenal en outubro dese mesmo ano non volveria disputar ningun encontro co equipo de Arsene Wenger, e rescindiria o seu contrato ao rematar a tempada [ 2 ] .

Tras quedar libre fichou polo Watford F.C. no veran de 2012 , onde renovou contrato ata 2014 [ 3 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]