한국   대만   중국   일본 
Longa Marcha - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Longa Marcha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa no que se pormenoriza o desenvolvemento da Longa Marcha. As partes sombreadas en laranxa indicas as zonas que estaban baixo control comunista.

A Longa Marcha  ( en chines tradicional : 長征 ; en chines simplificado : ?征 ; pinyin: Chang Zh?ng ), tamen conecida como Gran Marcha , foi unha viaxe a traves do interior da China que seguiron as tropas do Exercito Popular de Liberacion , as forzas armadas do Partido Comunista da China , entre os anos 1934 e 1935, fuxindo do exercito da Republica da China . Anos antes, os comunistas chineses lograran establecer unha zona baixo o seu control nunha area montanosa da provincia de Jiangxi , ao sur do pais, onde estableceron a Republica Sovietica da China . Perseguidos polas forzas da Republica, dirixidas polo xeneral en xefe Chiang Kai-shek , o 16 de outubro de 1934 os dirixentes comunistas decidiron emprender a fuxida cara ao interior do pais, que os levaria un ano despois a provincia de Shaanxi , unha rexion ainda mais remota que tamen se atopaba baixo control comunista.

Durante a Longa Marcha, os comunistas, eventualmente liderados por Mao Zedong e Zhou Enlai , escaparon cara ao norte e oeste do pais, percorrendo preto de 12.500 quilometros en 370 dias. A dificultade da viaxe a traves da China interior, que so completarian arredor dunha decima parte das tropas que sairon de Jiangxi, faria deste un dos episodios mais significativos e determinantes da historia do Partido Comunista da China, que selaria o prestixio persoal dos novos lideres do partido, con Mao a cabeza, nas decadas seguintes.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]