한국   대만   중국   일본 
Lois III de Francia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lois III de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLois III de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (fr) Louis III Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 863 Editar o valor em Wikidata
Saint-Denis, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte 5 de agosto de 882 Editar o valor em Wikidata (18/19 anos)
Saint-Denis, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morte morte accidental , caida de cabalo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Basilica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Monarca da Francia Occidental
11 de abril de 879 ? 5 de agosto de 882
←  Lois II de Francia ? Carloman II  →
Xunto con: Carloman II
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion monarca Editar o valor em Wikidata
Lingua Frances antigo Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Duque Editar o valor em Wikidata
Familia Dinastia Carolinxia Editar o valor em Wikidata
Pais Lois II de Francia Editar o valor em Wikidata  e  Ansgarda de Borgonha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Gisela der Franken (en) Traducir, Ermentrude of France (en) Traducir, Carloman II e Carlos III de Francia Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Carolingian-88 Find a Grave: 21088 Editar o valor em Wikidata

Lois III de Francia [ 1 ] ou Luis III de Francia chamado o Novo , nado en 863 ou 864 e finado o 5 de agosto de 882 , foi rei de Francia ( 879 - 882 ). q

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nado no 863 ou 864 , era fillo de Lois II de Francia ao que sucedeu no 879 . Compartiu o trono co seu irman Carloman II . Foron coroados por Ansexiso , arcebispo de Sens, na abadia de Ferrieres en 880 . Lois quedou con Neustria e Austrasia e Carloman con Borgona e Aquitania . Boson proclamouse rei da Provenza e Hugo fillo de Lotario II reclamou Lorena , aos que derrotou. Tamen derrotou aos normandos en Saucourt en 881 e 882 . Morreu en Saint Denis o 5 de agosto do 882 . Sucedeuno o seu irman Carloman .

Familia [ editar | editar a fonte ]

Devanceiros [ editar | editar a fonte ]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
8. Lois o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos II o Calvo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Xudit de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Lois II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Oton I de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Ermentruda de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Lois III o Novo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Ansgarda de Borgona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A coroacion de Lois III [ editar | editar a fonte ]

Lois III, fillo de Lois o Tatexo , e Ansgarda de Borgona [ 2 ] , converteuse en rei dos francos a morte do seu pai no 879, cando tina aproximadamente 16 anos. Fora designado como unico sucesor polo seu pai, baixo a tutela de Bernardo Plantapilosa , e con Hugo o Abade e Boson da Provenza como colaboradores [ 3 ] . Esta accion tutelar designada polo pai non estaba relacionada coa sua idade, senon coa desconfianza do defunto rei, porque o seu fillo se rebelara o ano anterior. En setembro dese ano os homes de confianza (Bernardo Plantapilosa, Hugo o Abade, Boson da Provenza e Teodorico de Vergy ) do reino dos francos occidentais, coroaron rei a Lois III respectando a derradeira vontade de Lois II pero incluindo nesta coroacion ao irman mediano, Carloman, que pasaria a historia como Carloman II. A cerimonia de coroacion tivo lugar na abadia beneditina de Ferrieres, preto de Montargis , e a cerimonia estivo presidida polo arcebispo Ansexiso de Sens .

Distribucion de territorios [ editar | editar a fonte ]

En marzo de 880, nunha reunion en Amiens , tivo lugar un repartimento das responsabilidades do goberno: Lois encargariase de Austria , mentres que o seu irman Carloman fariase cargo de Borgona , Aquitania e a Septimania .

Adversarios de Lois III rei dos francos occidentais

A morte de Lotario II de Lotarinxia , os seus tios Carlos o Calvo (rei dos francos occidentais) e Lois o Xermanico (rei dos francos orientais) non reconeceron ao fillo bastardo de Lotario, Hugo , que era duque de Alsacia, e repartironse os seus territorios co tratado de Meersen de 870. Nove anos despois, Hugo levantouse contra o neto de Carlos o Calvo, tentando recuperar os territorios que foran do seu pai.

O imperio carolinxio en 880, segundo o Tratado de Ribemont.

O tio de Hugo, duque de Alsacia, chamado Lois o Mozo , convertese en inimigo de Lois III, o motivo tamen e tentar recuperar os territorios usurpados de Lotarinxia. Para facer fronte ao ataque normando , os dous irmans Lois III e Carloman II vironse obrigados a negociar a paz. A principios do ano 880 asinan o Tratado de Ribemont . Cando todo parecia estar dirixido a paz, xurdiu un novo inimigo. O que fora nomeado conselleiro, Boson da Provenza , proclamouse rei (da Borgona Cisxurana , incluida a Provenza). En agosto do ano 880, entraron en batalla contra Boson, preto da cidade de Macon . Pero as tropas de Boson non foron derrotadas ata a batalla de Creches-sur-Saone , coa que os carolinxios recuperaron o condado de Macon .

Loita contra os viquingos [ editar | editar a fonte ]

A vitoria de Lois III e Carloman II sobre os viquingos no 879, pintura de Jean Fouquet .

O 30 de novembro de 879, preto do rio Viena , Lois e Carloman enfrontaronse aos viquingos , resultando vitoriosos [ 4 ] . En agosto de 881 os viquingos volveron atacar, pero os invasores foron derrotados na batalla de Saucourt-en-Vimeu , na que morreron uns 8.000 viquingos. Esta vitoria pasou a historia contada nun poema conecido como o Ludwigslied ou a Chanson de Louis (tamen conecido en frances porque o manuscrito se conserva en Valenciennes ; a "cancion de Lois" en galego), escrito en antigo alto aleman , a lingua precursora do aleman actual [ 5 ] .

Morte de Lois [ editar | editar a fonte ]

Lois III tivo unha vida curta, morreu o 5 de agosto de 882, cando tina uns 19 anos. Fracturou o cranio contra o lintel dunha porta demasiado baixa mentres pasaba por baixo de a cabalo, segundo contan perseguindo a filla dun tal Germond [ 6 ]   · . [ 7 ] O seu corpo foi sepultado na abadia de Saint-Denis e o seu irman debeu gobernar en solitario dese aquela.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Guia de nomes galegos" . Real Academia Galega . Consultado o 2023-12-07 .  
  2. Xenealoxia de Loios III na web Medieval Lands
  3. Nelson 1994 , p. 276
  4. BnF - Jean Fouquet
  5. Le Rithmus teutonicus ou Ludwigslied Arquivado 11 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine . - facsimile traducido ao frances
  6. Philippe Le Bas , L'Univers, histoire et description de tous les peuples - Dictionnaire encyclopedique de la France , volume 10, 1843, pax 339.
  7. Perseguia por xogo unha moza mentres que ela fuxia cara a casa de seu pai ≫. Nelson 1994 , p. 277

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]