한국   대만   중국   일본 
Lockheed Martin - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lockheed Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed Martin

Editar o valor em Wikidata
Tipo publica
Fundacion 15 de marzo de 1995
Industria tecnoloxia avanzada, seguridade da informacion, aeroespacial, defensa
Na rede
https://lockheedmartin.com
Facebook: lockheedmartin Twitter: lockheedmartin Instagram: lockheedmartin Youtube: UCJWcF0ex7_doPdIQGbVpDsQ Flickr: 10062223@N06 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Lockheed Martin Corporation e unha corporacion estadounidense aeroespacial, de armas, defensa, seguridade da informacion e tecnoloxia con intereses en todo o mundo. Formouse pola fusion de Lockheed Corporation con Martin Marietta en marzo de 1995. A sua sede atopase en North Bethesda, Maryland , na area de Washington, D.C. Lockheed Martin tina ao redor de 115 000 empregados en todo o mundo, incluidos uns 60 000 enxeneiros e cientificos en xaneiro de 2022. [ 1 ]

Lockheed Martin e unha das companias mais grandes na industria aeroespacial, de apoio militar, seguridade, e tecnoloxia. Foi o contratista de defensa mais grande do mundo por ingresos no ano fiscal 2014. [ 2 ] En 2013 o 78% dos ingresos de Lockheed Martin foron por vendas militares; [ 3 ] encabezou a lista de contratistas do goberno federal estadounidense e recibiu preto do 10% dos fondos pagados polo Pentagono . [ 4 ] En 2009 os contratos do goberno dos Estados Unidos representaron 38 400 millons de dolares (85%), os contratos de gobernos estranxeiros 5 800 millons (13%), e outros contratos 900 millons (2%). [ 5 ]

A metade das vendas anuais da corporacion son para o Departamento de Defensa dos Estados Unidos. Lockheed Martin tamen e contratista do Departamento de Enerxia estadounidense e da NASA . [ 6 ]

Lockheed Martin opera en catro segmentos de negocio: aeronautica, misiles e control de fogo, sistemas rotativos e de mision, e espazo. [ 7 ] A compania recibiu o Trofeo Collier seis veces, incluido en 2001 por ser parte do desenvolvemento do LiftFan Propulsion System do X-35/F-35B [ 8 ] [ 9 ] [ 10 ] e recentemente en 2018 polo Automatic Ground Collision Avoidance System (Auto-GCAS). Lockheed Martin atopase no presente desenvolvendo o F-35 Lightning II e lidera a cadea de subministracion internacional, lidera o equipo para o desenvolvemento e implementacion de solucions tecnoloxicas para o novo Space Fence da USAF (o substituto do AFSSS), [ 11 ] e e o principal contratista no desenvolvemento do modulo de mando Orion. [ 12 ] A compania tamen ten inversions en sistemas de saude, sistemas de enerxia renovable, distribucion de enerxia intelixente, e fusion nuclear compacta. [ 13 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "CEO Speaker Series with James Taiclet of Lockheed Martin" . Council on Foreign Relations (en ingles ) . Consultado o 2022-05-19 .  
  2. "Top 20 Defense contractors in 2014" . PROFESSIONAL OVERSEAS CONTRACTORS, LLC (en ingles ) . 2015-01-10. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2022 . Consultado o 2022-05-20 .  
  3. Press, Defence IQ (2013-06-12). "Top 10 Defence Companies: Lockheed Martin #1" . Defence IQ (en ingles ) . Consultado o 2022-05-20 .  
  4. "Top 100 Contractors Report Fiscal Year 2013" . Federal Procurement Data System . Consultado o 24 de maio de 2022 .  
  5. "Annual report 2009" (PDF) . Lockheed Martin . Archived from the original on 17 de outubro de 2012 . Consultado o 22 de maio de 2022 .  
  6. "Lockheed Martin Corporation" . www.britannica.com (en ingles ) . Consultado o 2022-05-20 .  
  7. "Business Areas" . Lockheed Martin (en ingles ) . 2021-03-11 . Consultado o 2022-05-23 .  
  8. "Lockheed Martin · pr_aero_PropulsionSystemInLockheedMartinJoi" . web.archive.org . 2013-01-26. Archived from the original on 26 de xaneiro de 2013 . Consultado o 2022-05-24 .  
  9. "Propulsion system for a vertical and short takeoff and landing aircraft" (PDF) . United States Patent 5209428 . Consultado o 24 de maio de 2022 .  
  10. "Collier Trophy" . www.aerofiles.com . Consultado o 2022-05-23 .  
  11. "Space Fence · Lockheed Martin" . web.archive.org . 2015-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2015 . Consultado o 2022-05-24 .  
  12. "Orion · Lockheed Martin" . web.archive.org . 2015-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2015 . Consultado o 2022-05-24 .  
  13. "Compact Fusion" . Lockheed Martin (en ingles ) . 2020-01-21 . Consultado o 2022-05-22 .