Lista de soberanos de Sicilia e Napoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lista de soberanos de Sicilia e Napoles [ editar | editar a fonte ]

Condado de Sicilia (1072-1130) [ editar | editar a fonte ]

No sinodo de Melfi de agosto de 1059 , o papa Nicolao II investiu a Robert Guiscard (ou Roberto Guiscardo ou Roberto de Hauteville ) como duque de Puglia , Calabria e Sicilia , [ 1 ] exhortandoo a que completara a conquista dos territorios bizantinos . Robert e o seu irman Roxerio formaban parte dun grupo de mercenarios normandos que foran pagados polos bizantinos , que desexaban expulsar aos arabes da Peninsula Italica .

Contra o ano 1071 , Roxerio conquistou a totalidade da illa de Sicilia . En 1072 , tras a conquista de Palermo , Robert invistiu ao seu irman Roxerio como conde de Sicilia , conecido como o Gran Conde . Con Roxerio I iniciouse a dinastia Hauteville en Sicilia.

Soberano Retrato Dinastia
Roxerio I
1072 - 1101
Casa de Hauteville
Simon
1101 - 1105
Casa de Hauteville
Roxerio II
1105 - 1130
Casa de Hauteville

Reino de Sicilia (1130-1285) [ editar | editar a fonte ]

En 1130 , o antipapa Anacleto II investiu a Roxerio II , o fillo e sucesor do Gran Conde Roxerio, como rei de Sicilia, que se fai seu feudatario , o que provocaria un problema politico cando a dinastia Hohenstaufen toma o poder no reino de Sicilia. A investidura seria reconecida en 1139 polo papa Inocencio II .

Os descendentes de Roxerio II, Guillerme I , Guillerme II , Tancredo (fillo ilexitimo de Roxerio II) e Guillerme III (fillo de Tancredo) reinaron en Sicilia desde a morte de Roxerio II, en 1154 , ate 1189 . Guillerme III non tivo descendencia, polo que nomeou herdeira lexitima a sua tia, Constanza I de Sicilia (irma de Roxerio II). Esta casou co emperador Henrique VI , o que permitiu a chegada ao poder da dinastia Hohenstaufen.

Henrique proclamase rei de Sicilia (como Henrique I) o 25 de decembro de 1194 , en Palermo , xunto coa sua esposa Constanza I de Sicilia. O seu reinado seria moi curto, xa que morreu en 1197 .

Soberano Retrato Dinastia
Roxerio II
1130 - 1154
Casa de Hauteville
  Guillerme I
1151 - 1154
(Correi)
Casa de Hauteville
Guillerme I
1151 - 1166
Guillerme II
1166 - 1189
Casa de Hauteville
Tancredo
1189 - 1194
Casa de Hauteville
  Roxerio III
1191 - 1193 [ 2 ]
(Correi)
Casa de Hauteville
Guillerme III
1193 - 1194 [ 2 ]
(Correi)
Casa de Hauteville
Guillerme III
1194
  Henrique I
(Emperador Henrique VI)
1194 - 1197
Dinastia Hohenstaufen
  Constanza I
1195 - 1198 [ 3 ] [ 4 ]
Casa de Hauteville
   
  Frederico I
1198
(correi)
Dinastia Hohenstaufen
Frederico I
1198 - 1212
Henrique II
1212 - 1217
Dinastia Hohenstaufen
Frederico I
(Emperador Frederico II)
1217 - 1250
Dinastia Hohenstaufen
Conrado I
1250 - 1254
Dinastia Hohenstaufen
Conrado II
(Conradino)
Rei nominal
1254 - 1258
Dinastia Hohenstaufen
  Edmundo de Lancaster
1253 - 1263 [ 5 ]
Rei rival titular
Plantagenet
Manfredo
1258 - 1266
Dinastia Hohenstaufen
Carlos I
1266 - 1285
(Rei rival titular en 1265)
Dinastia Anxevina
  Pedro I
1282 - 1285
(Rei rival na illa de Sicilia)
(Coa sua esposa Constanza II de Sicilia )
Casa de Aragon / Dinastia Hohenstaufen

Division do Reino (1285-1516) [ editar | editar a fonte ]

Ao subir ao trono Manfredo de Sicilia o papa Clemente IV excomungouno por ser fillo ilexitimo do seu pai Frederico II, devolvendo o Reino de Sicilia ao papado . En 1262 , Constanza II de Sicilia , filla do anterior rei, casa con Pedro o Grande , rei de Aragon e conde de Barcelona . Esta situacion de acoso entre a dinastia Hohenstaufen e a casa de Aragon , sendo Constanza a herdeira de Manfredo, provoca a antipatia do frances Clemente IV, que busca axuda en Carlos I de Anjou , irman mais novo do seu aliado Lois IX de Francia . Asi, as tropas de Carlos de Anjou entran na illa e loitan con Manfredo I Hohenstaufen na batalla de Benevento , e Carlos e coroado rei de Sicilia en Roma en 1266 , inaugurando a dinastia Anxevina .

Baixo Carlos de Anjou, e posteriormente do seu fillo Carlos II , o norte do terrotorio favorecese en detrimento do sur, e asi a capital trasladase de Palermo a Napoles . Esta situacion de dominacion anxevina conclue coas Vesperas sicilianas , [ 6 ] que conducen a division do Reino de Sicilia.

Co matrimonio da herdeira legal de Manfredo I , Constanza II de Sicilia , con Pedro III o Grande , o Reino de Sicilia convertese nun dos principais intereses do rei aragones, debido a que alegaba os dereitos da sua esposa ao trono do reino insular. Cando Pedro III se disponia a facer valer o poder da sua frota no Mediterraneo , os sicilianos rebelaronse contra os Anjou (entre outras causas debido as cargas impositivas que soportaban). A nobreza de Sicilia desexaba un certo grao de autonomia politica e conseguiu expulsar a dinastia anxevina. Non se fixo esperar o contraataque de Carlos de Anjou pero, para poder facer fronte aos anxevinos, os sicilianos invitaron a Pedro o Grande a que reivindicara os dereitos da sua esposa e, segregandose de Napoles , entregaronlle a Pedro III o reino.

Tras o falecemento de Carlos I en xaneiro de 1285 e de Pedro III de Aragon en novembro dese mesmo ano, o reino de Sicilia dividiuse en duas partes de forma permanente ( Regnum Siciliae ultra farum , Sicilia, e Regnum Siciliae citra farum , Napoles). Pero como ambos os reis e os seus sucesores intitulabanse como rei de Sicilia, para distinguilos empregase rei de Napoles para o da parte continental, e rei de Sicilia para o da parte insular, tamen conecido como rei de Trinacria . [ 7 ] [ 8 ] [ 9 ]

Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e Napoles foron constantes ate que foi elixido papa Benedito XII en 1334 , que tina relacions de amizade con Frederico II de Sicilia , e lle prometeu respecto na Santa Se en Trinacria. En ningun momento os nobrfes sicilianos aceptaron a vinculacion co resto dos dominios da coroa de Aragon , fora da union persoal co soberano. Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitia desdobrar a sua personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoan II de Aragon , duque de Penafiel, nomeado en 1415 . Pero esta medida non acabou de convencer ao parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoan II de Aragon como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a sua corte en Sicilia , convocou novamente o parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba asi establecida a desexada union persoal de Sicilia ao rei, non a coroa de Aragon . De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragon, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.

Os dous reinos estiveron separados ate 1442 , cando o rei de Aragon Afonso V o Magnanimo conquistou o Reino de Napoles e unificou ambos os Reinos. O Reino de Sicilia desvinculouse da casa de Anjou e constitiuse en dominio dos reis de Aragon , non da corte nin do Reino de Aragon , senon do propio rei e a titulo individual.

Reino de Sicilia
( Regnum Siciliae ultra farum )

Soberano Retrato Dinastia
Xaime
1285 - 1296



Casa de Aragon
Frederico II
(intitulado como
Frederico III)

1296 . [ 10 ] - 1337



Casa de Aragon
Pedro II
1337 - 1342



Casa de Aragon
Lois
1342 - 1355




Casa de Aragon
Frederico III
1355 - 1377






Casa de Aragon
Maria
1377 - 1402



















Casa de Aragon
  Martino I
1391 - 1401
(correi)



Casa de Aragon
Martino I
1402 - 1409
Martino II
1409 - 1410



Casa de Aragon
Fernando I
1412 - 1416



Casa de Trastamara
Afonso I
1416 - 1458



















Casa de Trastamara
Xoan I
1458 - 1468



Casa de Trastamara
Fernando II
1468 - 1516














































Casa de Trastamara

Reino de Napoles
( Regnum Siciliae citra farum )

Soberano Retrato Dinastia
Carlos II
1285 - 1309



Dinastia Anxevina
Roberto I 1309 - 1343



Dinastia Anxevina
Xoana I
1344 - 1381
















Dinastia Anxevina
  Lois de Taranto
1352 - 1362 [ 11 ]
(Correi)


Dinastia Anxevina
Carlos III
1381 - 1386



Dinastia Anxevina
  Lois I de Anjou
1382 - 1384
(Rei rival titular)



Dinastia Valois-Anjou
Ladislau
1386 - 1414











Dinastia Anxevina
  Lois II de Anjou
1384 - 1389 ; 1399 - 1417
(Rei rival titular)

1389 - 1399
Rei rival [ 12 ]






Dinastia Valois-Anjou
Xoana II
1414 - 1435


Dinastia Anxevina
  Lois III de Napoles
1417 - 1424
(Rei rival titular)
[ 13 ]


Dinastia Valois-Anjou
Renato
1435 - 1442


Dinastia Valois-Anjou
Afonso I
1442 - 1458




Casa de Trastamara
Fernando I
1458 - 1494















Casa de Trastamara
Afonso II
1494 - 1495



Casa de Trastamara
Fernando II
1495 - 1496



Casa de Trastamara
  Carlos VIII de Francia
Rei rival
1495 [ 14 ] - 1496 [ 15 ]



Casa de Valois
Frederico I
1496 - 1501



Trastamara
Lois XII de Francia
Titulado rei de Napoles
1501 - 1504 [ 16 ]



Dinastia Valois-Orleans
Fernando III
1504 - 1516



Casa de Trastamara

Monarquia hispanica (1516-1713) [ editar | editar a fonte ]

A situacion de independencia dos nobres sicilianos, incomoda para os reis aragoneses, sufriu varios intentos de variacion ao longo do tempo. Fernando o Catolico quixo minguar bastante a autonomia dos vicerreis, consciente do risco que implicaba o inmenso poder que estes adquirian no desempeno das suas funcions.

Os reis de Espana incorporaron os Reinos siciliano e napolitano aos territorios da sua Monarquia hispanica, e como ambos os Reinos mantiveron o seu sistema administrativo e de goberno separados o un do outro, os reis levaban na sua intitulacion o nome de Rey das duas Sicilias ( Rex utriusque Siciliae ).

Reinado en Sicilia Soberano e Retrato Dinastia Reinado en Napoles
Carlos II ( 1516 - 1556 ) e
Xoana I ( 1516 - 1555 )

Carlos I de Espana (Emperador Carlos V)
Habsburgo Carlos IV e Xoana III
( 1516 - 1554 ) [ 17 ]

Xoana I de Castela
Raina nominal
Trastamara
Filipe I
( 1556 - 1598 ) [ 17 ]

Filipe II de Espana
Habsburgo Filipe I
( 1554 - 1598 )
Filipe II
( 1598 - 1621 )

Filipe III de Espana
Habsburgo Filipe II
( 1598 - 1621 )
Filipe III
( 1621 - 1665 )

Filipe IV de Espana
Habsburgo Filipe III
( 1621 - 1665 )
  Republica Napolitana (1647-1648) :
Dux Henrique de Guisa
[ 18 ]
 
Carlos III
( 1665 - 1700 )

Carlos II de Espana
Habsburgo Carlos V
( 1665 - 1700 )
Filipe IV
( 1700 - 1713 )

Filipe V de Espana
Casa de Borbon Filipe IV
( 1700 - 1707 )
Rei titular (1707-1713)

Carlos III
(Rei rival de Espana)
Habsburgo Carlos VI
( 1707 - 1734 ) [ 19 ]

Do periodo austriaco ao periodo napoleonico (1713-1816) [ editar | editar a fonte ]

Ao morrer Carlos II sen herdeiros, nomeou como o seu sucesor a Filipe de Borbon , neto de Lois XIV de Francia . A candidatura ao trono do arquiduque Carlos de Austria era apoiada por Inglaterra , Austria e as Provincias Unidas , que temian a union de Francia e Espana , e tamen polos territorios da coroa de Aragon , que temian o centralismo borbonico.

Esta situacion desencadeou a Guerra de Sucesion espanola ( 1700 - 1713 ). A contenda rematou coa Paz de Utrecht , pola que Filipe se convertia en rei de Espana, pero todas as posesions europeas de cedian aos aliados. O Reino de Napoles cedeuse a Austria e foi gobernado polo arquiduque Carlos, enton xa convertido en Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermanico , e o de Sicilia foi cedido ao Ducado de Savoia (baixo o reinado de Vitor Amadeo II ). [ 20 ] Pero xa en 1720 Sicilia pasou ao poder dos Habsburgo de Austria .

En 1734 , Carlos de Borbon , por enton Duque de Toscana e fillo de Filipe V de Espana , logo de vencer aos austriacos , apoderouse en 1735 dos Reinos de Napoles e Sicilia coa axuda do exercito espanol, recuperando estes territorios para os borbons . O 10 de maio de 1734 , durante a guerra de Sucesion Polaca , Carlos entrou en Napoles e coroouse rei Napoles (co nome de Carlos VII), e rei de Sicilia un ano despois.

En 1796 o xeneral Napoleon Bonaparte invadiu Italia e venceu con facilidade as tropas austriacas e aos debiles gobernos locais. En 1798 os franceses ocuparon Roma e os xacobinos da codade crearon a Republica Romana . Fernando IV de Napoles enviou un exercito para frear aos franceses. Nun primeiro momento os franceses retiraronse, permitindo que o rei Fernando entrase en Roma triunfalmente. Pero os franceses contraatacou e o exercito napolitano non foi capaz de resistir, retirandose cara a Napoles e entregando aos franceses todas as fortalezas dos territorios setentrionais do Reino, incluindo Gaeta . [ 21 ]

O 8 de decembro de 1798 , Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba aos cidadans a defender o Reino. Na sua marcha cara a Napoles , o xeneral frances Championnet encontrou unha forte resistencia de labregos nos Abruzos e o Lacio , pero finalmente os franceses chegaron ate as portas de Napoles. O 22 de decembro de 1798 , o rei Fernando abandonou a capital para trasladarse a Sicilia , e o 22 de xaneiro de 1799 un grupo de napolitanos xacobinos proclamaron a Republica Partenopea (ou Republica Napolitana). A republica non tivo exito nas provincias, porque a xente queria a Fernando e reclamaba a monarquia. A finais de xaneiro, o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Napoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Napoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes prepararonse para loitar contra os xacobinos en defensa dos Borbons. Ruffo creou o Exercito Catolico Real , e o 13 de xuno de 1799 , Fernando IV restaurou a monarquia borbonica.

Despois da vitoria en Austerlitz o 2 de decembro de 1805 , Napoleon entrou en Italia e dominou definitivamente Napoles, declarando a fin da dinastia Borbon . En 1808 , Napoleon conseguiu a abdicacion dos ultimos borbons reinantes en Europa: Carlos IV e Fernando VII de Espana , nomeando rei de Napoles e Sicilia ao seu irman Xose Bonaparte . Fernando volveu escapar a Sicilia e negociou un protectorado con Gran Bretana . Xose Bonaparte marchou a Espana para reinar e sucedeuno en Napoles Joachim Murat , que gobernou ata maio de 1815 .

Compre sinalar que Sicilia (o Reino de Sicilia) nunca estivo en poder dos napoleonicos .

Rei en Sicilia

Soberano Retrato Dinastia
Vitor Amadeo de Savoia
( 1713 - 1720 )
Casa de Savoia
Carlos IV
(Emperador Carlos VI)
( 1720 - 1735 )
Habsburgoo

Rei en Napoles

Soberano Retrato Dinastia
Carlos VI
(Emperador Carlos VI)
( 1707 - 1734 )









Habsburgoo
Soberano e reinado en Sicilia Retrato,
titulacion e
Dinastia
Soberano e reinado en Napoles
Carlos V
( 1735 - 1759 )

Re delle Due Sicilie
Dinastia Borbon-Duas Sicilias
Carlos VII
( 1734 - 1759 )
 
Re delle Due Sicilie
Dinastia Borbon-Duas Sicilias
Fernando IV
( 1759 - 1799 )
Republica Partenopea
( 1799 )
Fernando IV
Restaurado
( 1799 - 1806 )
Fernando III
( 1759 - 1816 )

Re delle Due Sicilie
Dinastia Borbon-Duas Sicilias
 
Re di Napoli e di Sicilia
Dinastia Bonaparte
Xose I Bonaparte
( 1806 - 1808 )

Re delle Due Sicilie
Dinastia Bonaparte
Xoaquin I Napoleon
( 1808 - 1815 )
 
Re delle Due Sicilie
Dinastia Borbon-Duas Sicilias
Fernando IV
Restaurado
( 1815 - 1816 )

Reino das Duas Sicilias (1816-1861) [ editar | editar a fonte ]

Tras 20 anos de guerras entre a Francia napoleonica e o resto das nacions europeas , o congreso de Viena , iniciado en 1814 e terminado en 1815 , baseou a reorganizacion do vello continente no "principio de lexitimidade" polo que se devolvian as terras aos seus antigos monarcas. Consonte co que decidiu o congreso de Viena, o rei Fernando emitiu un decreto polo que unificaba os Reinos de Napoles e de Sicilia no novo Reino das Duas Sicilias , intitulandose como Fernando I das Duas Sicilias . Durante os anos 1860 e 1861 , o Reino das Duas Sicilias foi conquistado e incorporado ao Reino de Piemonte-Sardena .

Soberano Retrato Dinastia
Fernando I
( 1816 - 1825 )
Borbon-Duas Sicilias
Francisco I
( 1825 - 1830 )
Borbon-Duas Sicilias
Fernando II
( 1830 - 1859 )
Borbon-Duas Sicilias
Francisco II
( 1859 - 1861 )
Borbon-Duas Sicilias

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Rosamond McKitterick, David Luscombe, Jonathan Riley-Smith, Paul Fouracre, Timothy Reuter, David Abulafia, C. T. Allmand, Michael Jones (2004). The New Cambridge Medieval History IV . Cambridge University Press. Pax. 107.
  2. 2,0 2,1 Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica . Tipografia Emiliana, pax. 179.
  3. Kleinhenz, Christopher (2004), Medieval Italy: an encyclopedia , volumen 1, Routledge, pax.248
  4. Sandra Clayton-Emmerson (2006). Key figures in medieval Europe: an encyclopedia . CRC Press, pax. 153 .
  5. Edward Baines (1836), History of the county palatine and duchy of Lancaster , vol. I, Fisher Son and Co. pax. 123
  6. I Vespri siciliani
  7. Jose Maria de Francisco Olmos (2003): El ≪Coronato≫ napolitano. Una moneda documental y propagandistica. Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine . Revista General de Informacion y Documentacion , Vol. 13, num. 1. Universidad Complutense de Madrid, pax. 58.
  8. John Platts (1825): A universal biography: chronologically arranged... . Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, pax. 473.
  9. Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica . Vol. XLV, pax. 199.
  10. O tratado de Anagni estableceu a renuncia de Xaime II a illa de Sicilia para entregarlla ao papa, pero os sicilianos rexeitaron iso e coroaron rei ao seu irman Frederico [1] [2] [3] [ Ligazon morta ]
  11. Gaetano Moroni (1854) Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica . Tipografia Emiliana, pax. 206 .
  12. Antonio Montpalau (1792). Compendio cronologico-historico de los soberanos de Europa . Oficina de Blas Roman, pax. 201 .
  13. Gaetano Moroni (1854) Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica . Tipografia Emiliana, pax. 218 .
  14. Asumiu o titulo o 13 de febreiro de 1494. , [4] o 22 de febreiro de 1495 entrou en Napoles e asumiu o goberno do reino, [5] e o 15 de maio de 1495 foi coroado rei [6]
  15. Armisticio de Atella De Sismondi Jean-Charles-Leonard (1864), A history of the Italian republics: being a view of the origin, progress and fall of Italian freedom , Ed.Harper, pax. 234 .
  16. Gaetano Moroni (1854) Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica . Tipografia Emiliana, pag. 228.
  17. 17,0 17,1 O 24 de xullo de 1554, Carlos I de Espana cedeu ao seu fillo Filipe o Reino de Napoles. Posteriormente, o 16 de xaneiro de 1556, ceduelle tamen o Reino de Sicilia.
  18. dAngel de Saavedra, duque de Rivas (1849). Insurrection de Naples en 1647 . Amyot, pax. 176 .
  19. Antonio Montpalau (1792). Compendio cronologico-historico de los soberanos de Europa . Oficina de Blas Roman, pax. 205
  20. Cesion de Sicilia a Savoia , 13 de xullo de 1713.
  21. De Saint Albin, Alexandre Rousselin de Corbeau (1860): Championnet, general des armees de la Republique francaise: ou les Campagnes de Hollande, de Rome et de Naples .