한국   대만   중국   일본 
La Coubre - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

La Coubre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernesto Guevara , durante os funerais das vitimas, o dia seguinte da explosion. Esta imaxe, foi tomada polo fotografo Alberto Korda e foi chamada posteriormente Guerrilleiro Heroico .

O vapor de transporte La Coubre foi un buque frances ( Compagnie Generale Transatlantique, 1951 - 1972 ) que foi obxecto de sabotaxe no porto da Habana o 4 de marzo de 1960 cando transportaba armas e municions. Tiveron lugar duas explosions que produciron preto dun cento de mortos e douscentos feridos. As autoridades cubanas denunciarono como un acto terrorista da CIA : tratariase da primeira accion deste tipo exitosa en contra de Fidel Castro .

A explosion do buque La Coubre tivo lugar o 4 de marzo de 1960 as 15:10 no porto da Habana.

O navio frances, de 4.310 tons. que transportaba 76 toneladas de armamento procedente do porto belga de Antuerpen , explosionou mentres estaba a ser descargado. Descargar explosivos fora de lugares reservados para iso ia contra a normativa vixente, a decision de descargalo fora desa zona aparentemente decidiuno Raul Castro , o ministro do exercito.

Che Guevara , que estaba dando un mitin nun edificio publico, acudiu a zona e deu atencion medica os tripulantes do navio, a militares e os traballadores do peirao que resultaran feridos.

Trinta minutos despois da primeira explosion mentres se rescataba as vitimas houbo unha segunda explosion, mais forte.

Ainda que non se deron datos oficiais, estimase en 75 os mortos e en 200 os feridos que provocou a explosion. O goberno cubano e outras fontes acusaron de cometer o atentado a William Alexander Morgan por orde da CIA.