Krai de Primorie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKrai de Primorie
Приморский край (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  45°20′N 134°40′L  /  45.33, 134.67 Coordenadas : 45°20′N 134°40′L  /  45.33, 134.67
Estado Rusia Editar o valor em Wikidata
Capital Vladivostok Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 1.877.844 (2021) Editar o valor em Wikidata (11,4 hab./km² )
Lingua usada Lingua udihe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 164.673 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creacion 20 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Governor of Primorsky Krai (en) Traducir Editar o valor em WikidataOleg Kozhemyako (en) Traducir (2018?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Legislative Assembly of Primorsky Krai (en) Traducir , (Escano: 40) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 RU-PRI Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO 05000000 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO 05 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web primorsky.ru Editar o valor em Wikidata
Facebook: primorskyadmin Twitter: primorsky_kray Instagram: primorskyadmin Telegram: primorskyru VK: primorskykray Youtube: UCfYZTNeipm_hJeWaTq1squA TikTok: primorskykray Editar o valor em Wikidata

O kai de Primorie (en ruso : Приморский край , tr. : Primorski krai ; en chines : ?海州 ) e un dos nove krais que, xunto cos corenta e sete oblasts , vinte e duas republicas , catro distritos autonomos e tres cidades federais, conforman os oitenta e cinco suxeitos federais de Rusia . A sua capital e Vladivostok .

Esta situado no extremo sueste do pais, no distrito federal do Afastado Oriente, limitando ao norte co krai de Khabarovsk , ao leste co mar do Xapon , ao sur con Corea do Norte e ao oeste coa China .

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

En ruso, primorie significa "litoral", e primorski , "maritimo", polo que o krai e tamen conecido como Territorio Maritimo .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

  • Lonxitude das fronteiras : mais de 3 000 km, incluindo 1 350 km de costa.
  • Cumio mais alto: Monte Anik , 1 933 msnm .
  • Esperanza de vida media en 1994: 62,5 anos (56,8 para os homes e 69,4 anos para as mulleres).
  • Lonxitude ferroviaria: 1 628 km, dos cales 345 km estan electrificados.
  • Lonxitude das estradas: 12 633 km.

O krai de Primorie limita coa Republica Popular China , Corea do Norte , e as calidas augas do mar do Xapon (mar do Leste). E a rexion mais ao sueste de Rusia, situada entre os 42° e os 48° de latitude Norte e os 130° e 139° de lonxitude Leste. De norte a sur, a sua lonxitude abarca os 900 km.

Paisaxe preto de Najodka

Os montes dominan o territorio do krai. A maior parte do territorio e montanoso e case un 80 % del esta cuberto por bosques . A elevacion media e duns 500 msnm . Sikhote-Alin e unha formacion montanosa que se estende pola maior parte do krai. Esta composta por varias serras paralelas: a Partizansky , a Siny (Azul), a Jolodny (Fria), e outras. Hai un gran numero de covas no sur de Primorie. A relativamente accesibel cova de Spyaschaya Krasavitsa (a Bela Dormente) e o couto natural de Ussuriysky e esta recomendado para turistas. Hai fragmentos relativamente ben conservados de antigos volcans na zona. As serras estan recortadas polos estreitos e profundos vales dos rios e por longos regatos, como o Partizanskaya , o Kiyevka , o Zerkalnaya , o Cheryomukhovaya , o Yedinka , o Samarga , o Bikin e o Bolshaya Ussurka . A maioria dos rios do krai tenen fondos rochosos e auga limpida. O mais grande de todos e o Ussuri , cunha lonxitude de 903 km. O nacemento do rio Ussuri esta a 20 km ao leste do monte Oblachnaya . A extensa chaira Prijankayskaya situase no oeste e o suroeste de Primorie, alfombrada polos bosques de coniferas de folla caduca . Unha parte da chaira rodeando o lago mais grande do Extremo Oriente ruso, o lago Janka , esta ocupada por un bosque de estepa.

Zona horaria [ editar | editar a fonte ]

O krai de Primorie esta situado na zona horaria de Vladivostok (VLAT/VLAST), cuxo desfase e +10:00 UTC ( VLAT ) e +11:00 UTC en veran (VLAST).

Flora e fauna [ editar | editar a fonte ]

A localizacion xeografica de Primorie explica a diversidade da sua flora . O territorio de Primorie non foi cuberto polo xeo no pasado ?durante as idades de xeo?, a diferenza do resto de Siberia . Esta circunstancia fai que tena unha flora especial, entre a que se incluen as especies Taxus cuspidata (o teixo xapones), Juniperus rigida (o xenebreiro das pagodas), Phellodendron amurense , Kalopanax septemlobus , Aralia elata , Maackia amurensis , Alnus japonica , Actinidia kolomikta , Schisandra chinensis , Celastrus orbiculatus e Flueggea suffruticosa .

A fauna do krai de Primorie tamen e diversa, e nela encontranse, entre outros, os seguintes animais: oso negro do Ussuri , tigre siberiano ou tigre do Amur, dos que a sua maior poboacion de todo o mundo encontrse en Primorie, leopardo do Amur , linces , xabarins , cervo comun , corzo siberiano , mosquidos , cervo sica , o goral de cola longa ou a marta cibelina .

Clima [ editar | editar a fonte ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

De acordo co arquivo arqueoloxico, os primeiros habitantes do krai de Primorie foron os paleoasiaticos e os evenkis . Probabelmente apareceron nesta zona hai uns cincuenta o sesenta mil anos, no Paleolitico . Os descendentes dos pobos de linguas tungus ainda habitan en Primorie e na Priamurie . Son os nanai , os udege , e os evenki.

Desde o ano 698 ao 926, o reino de Balhae ocupou a zona norte de Corea e parte de Manchuria e o krai de Primorie, formando parte del os pobos arriba mencionados e a xente do recientemente destruido reino Goguryeo de Corea.

Balhae foi un estado feudal medieval de Asia do Leste, que desenvolveu a sua industria , agricultura , e gandaria , e tivo as suas propias tradicions culturais e artisticas . A xente de Balhae mantivo contactos politicos, economicos e culturais coa dinastia Tang na China, asi como con Corea e o Xapon .

De 1115 a 1234 a zona meridional do moderno Distrito Federal do Extremo Oriente ruso foi ocupada por un estado mais poderoso: o Imperio Jurchen (Anchungurun), tamen chamado Imperio Dourado ou dinastia Jin . Os jurchen eran tunguses cuxa base economica era a gandaria nomade e a agricultura. Tamen desenvolveron unha industria metalurxica, construcion naval e de fabricacion de obxectos de luxo. O Imperio Dourado conduciu as relacions exteriores e a politica domestica. Como os balhae, os jurchen estableceron estreitos contactos coa dinastia chinesa Song , Corea e o Xapon. Despois de conquistaren a parte norte da China, os jurchen dominaron o territorio durante moito tempo.

O Imperio Dourado caeu como resultado da invasion do territorio por Xenxis Kan . Os mongois destruiron todas as cidades, portos e as frotas dos jurchen. Mataron ou converteron en escravos a unha gran parte da poboacion do pais. Os superviventes esconderonse dos mongois nos bosques, os vales ou territorios remotos da conca do rio Amur e o leste do lago Baikal , a costa do mar de Okhotsk e en partes da illa de Sakhalin . Ao cabo do tempo, esta xente esqueceu os sistemas de comercio desenvolvidos polos balhae e os jurchen. Acostumaronse aos recursos da taiga , a pesca e a caza de animais salvaxes. Compre destacar que os mongois, os invasores do Imperio Dourado, non se estableceron en Primorie, senon que o deixaron pola China e a estepa centroasiatica.

Durante moitos seculos estas terras tan ricas, unicas en flora e fauna, non foran cultivadas. A principios do seculo XVII , cando os rusos apareceron por primeira vez nestas terras, os antepasados dos pequenos grupos etnicos de hoxe en dia eran unha sociedade primitiva.

Escudo de armas do oblast Primorskaya a principios do seculo XX.

De acordo co tratado de Nerchinsk de 1689 entre Rusia e a China, as terras ao sur dos montes Stanovoi , Primorie incluido, eran territorio chines. Poren, debido a debilidade da Imperio Qing na segunda metade do seculo XIX , Rusia comezou a sua expansion nesa zona. En 1858 fundaronse os pobos de Khabarovsk e Blagoveshchensk .

A incorporacion da Provincia Maritima dentro de Rusia foi traballo dun so home, o conde Nikolai Muraviov-Amurski . En 1858, asinou o tratado de Aigun coa China, ao que seguiu a Convencion de Pequin dous anos despois. Grazas a estes tratados, a fronteira chinesa-rusa foi desprazada ao sur dos rios Amur e Ussuri . Isto garantiu a Rusia a posesion de Primorie.

No periodo desde 1859 ate 1882 estableceronse noventa e cinco novas cidades en Primorie, incluindo Vladivostok, Ussuriysk , Razdolnoye , Vladimiro-Aleksandrovskoye , Shkotovo , Pokrovka , Tury Rog e Kamen-Rybolov .

A maioria da poboacion dedicabase a agricultura, a caza ou a pesca, abarcando mais de dous terzos dos habitantes. A finais do seculo XIX, a industria mineira do carbon empezou a desenvolverse. O territorio tamen exportaba acelgas , cornos de cervos siberianos xoves, madeira , cangrexos , peixe seco e unha especie de equinodermo , entre outras cousas. Debido a isto, a Primorie lle levou case medio seculo entrar no proceso economico e cultural ruso, e a establecer contactos mais proximos cos paises da rexion asiatica do Pacifico . Isto logrouse grazas aos esforzos da poboacion do territorio, a a achega de capitais rusos e estranxeiros a zona.

Tras a revolucion rusa de 1917 que motivou a intervencion xaponesa, desde 1922 o desenvolvemento economico, cientifico e cultural do territorio seguiu os plans dos bolxeviques , que ganaran en Rusia. Durante os dez primeiros anos do poder sovietico , a esfera cultural manifestouse en contra da ideoloxia burguesa. Como resultado disto, a musica , o teatro , as belas artes e a literatura en Primorie tiveron que empezar case desde o principio, desde as ruinas da cultura prerevolucionaria. A prioridade na economia centrose no sector primario ?a minaria e a pesca en particular?. Os ferrocarris e o transporte maritimo estaban sendo desenvolvidos ao mesmo tempo, acompanados polos traballos intensivos de construcion de portos. A comezos dos anos 1990 as, unha vez pequenas empresas, transformaranse ate ser grandes companias. Estas foron Far Eastern Shipping Company ( FESCO ou DVMP ), Dalmoreprodukt , Vladivostok base of Trawling and Refrigerating Fleet ( VBTRF ), Active Marine Fisheries Base de Najodka , Vostok Mining Company , Progress Arseniev Aircraft Works, etc. A Fishing and Marine Transport Fleet of Primorye (Frota de transporte marino e pesqueiro de Primorie) traballou en todos os oceanos do mundo. Varias empresas da Industria Militar Complexa estableceronse en Primorie. Nos anos 1970 Primorie experimentou un intenso desenvolvemeto da ciencia .

A dia de hoxe, Vladivostok dispon de Institutos de Investigacion Cientifica de fama mundialmente reconecida, como o Instituto de Bioloxia e Xeoloxia, o Instituto de Quimica Bio-organica do Pacifico, o Instituto de Bioloxia Marina, o Instituto de Xeografia do Pacifico, o Instituto Oceanolgrafico do Pacifico.

Economia [ editar | editar a fonte ]

A economia do krai de Primorie, a mais equilibrada no Extremo Oriente ruso, e tamen a mais grande en termos absolutos. O sector alimenticio e o mais importante, representado principalmente polas empresas pesqueiras. As capturas anuais exceden dos dous millons de toneladas, a metade de toda a zona leste de Rusia. O segundo sector en importancia e o de construcion de maquinas, no que a metade da producion esta orientada cara a industria pesqueira e os estaleiros .

O armamento e outro sector importante, producindo os portaavions e aeronaves militares. As industrias de fabricacion de materiais locais proporcinan destes a toda a Rusia do leste. A fundicion de chumbo realizase na cidade costeira de Rudnaya Pristan .

A industria madeireira, que se cria en recesion, esta ainda en segundo lugar, so superada polo krai de Khabarovsk , cunha producion anual duns 3 millons de metros cubicos de madeira. O krai de Primorie e o produtor mais grande de carbon do Extremo Oriente ruso, e xera mais electricidade que calquera outra division administrativa, pero a escaseza de enerxia e comun. A agricultura e a gandaria tamen son importantes; o krai produce arroz , leite , ovos e verduras .

O krai de Primorie e o centro banqueiro e financeiro do extremo mais oriental de Rusia. Ten mais de 100 bancos afiliados e un amplo mercado bolsista .

A proximidade do krai aos mercados do oceano Pacifico dalle unha vantaxe sobre a maioria das outras divisions administrativas do Extremo Oriente ruso no desenvolvemento do comercio exterior . Os principais produtos comerciais son o marisco , os produtos madeireiros e os metais ferreos . Os socios mais importantes son o Xapon, a China e Corea.

O territorio do krai esta dotado dunha boa infraestrutura . A sua densidade ferroviaria e duas veces superior a media rusa. Os ferrocarris conectano coa China e Corea do Norte. As companias de envios subministran o 80 % dos servizos marinos dos envios no Extremo Oriente ruso. Os portos importantes de todo o krai estan abertos agora ao comercio internacional.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Poboacion [ editar | editar a fonte ]

De acordo co censo ruso de 2002, a poboacion do krai era de 2 071 210 persoas, o que esta por debaixo das 2 258 391 rexistradas no ultimo censo sovietico de 1989. Debido a sua localizacion xeografica, o krai de Primorie presenta unha mestura de non so rusos, senon tamen coreanos , alemans do Volga , udege , buriatos , nanai , oroch e taz . Hai tensions interetnicas emerxentes na zona, como resultado da migracion chinesa. [ 1 ] Isto tee implicacions importantes para a seguridade do Extremo Oriente ruso, pois o krai de Primorie e o lugar de residencia de mais do 50 % da poboacion da rexion.

Grupos etnicos [ editar | editar a fonte ]

Hai trece grupos etnicos reconecidos, de mais de 2 000 persoas cada un, e a distribucion e como segue:

Tamen hai moitos outros grupos de menos de 800 persoas cada un. Outro 0,92   % dos habitantes negouse a declarar a sua nacionalidade no censo. [ 2 ]

Miscelanea [ editar | editar a fonte ]

Neste krai, nas montanas Sikhote-Alin , preto da cidade de Paseka (aproximadamente a 440 km ao noroeste de Vladivostok), o 12 de febreiro de 1947 caeu o meteorito masivo Sikhote-Alin .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Rusia en Asia." . Arquivado dende o orixinal o 30 de xuno de 2007 . Consultado o 22 de novembro de 2021 .  
  2. "National Composition of Population for Regions of the Russian Federation" . 2002 Russian All-Population Census. 2002. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de febreiro de 2007 . Consultado o 23 de novembro de 2021 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]