Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O
International Standard Name Identifier
ou
ISNI
e unha
base de datos
que xestiona un metodo para identificar de forma univoca as persoas que colaboran con contidos nos
medios de comunicacion
, como
libros
, programas de television, artigos de xornais ou revistas, etc. Este identificador consiste en dezaseis cifras divididas en cadanseu bloque de catro.
Exemplo: o numero ISNI de
Alfonso Daniel Rodriguez Castelao
e
0000 0001 0856 5397
.
Foi desenvolvida baixo o auspicio da
Organizacion Internacional para a Estandarizacion
(ISO) coa sua norma internacional ISO-27729, publicada o
15 de marzo
de
2012
. A subcomision novena do comite tecnico 46 e a responsabel do seu desenvolvemento. O ISNI pode ser empregado para a desambiguacion de nomes que, doutro xeito, poderian confundirse, e ligan os datos sobre estas persoas, que son recollidos e utilizados en todolos sectores da industria dos medios de comunicacion. No ano
2014
, o banco de datos do ISNI contina mais de oito millons de identidades, ou sexa, 7,53 millons de persoas e 490 000 organizacions. Nela colaboran 29 institucions e bases de datos, asi como corenta bibliotecas nacionais e de investigacion. Integranse tamen os datos do rexisto
Virtual International Authority File (VIAF)
.
[
1
]