International Standard Name Identifier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
International Standard Name Identifier
Logo
Acronimo ISNI
Tipo Identificador de persoas, identificador persistente e control de autoridade
Data de fundacion 15 de marzo de 2012
Na rede
https://isni.org
editar datos en Wikidata  ]

O International Standard Name Identifier ou ISNI e unha base de datos que xestiona un metodo para identificar de forma univoca as persoas que colaboran con contidos nos medios de comunicacion , como libros , programas de television, artigos de xornais ou revistas, etc. Este identificador consiste en dezaseis cifras divididas en cadanseu bloque de catro. Exemplo: o numero ISNI de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e 0000 0001 0856 5397 .

Foi desenvolvida baixo o auspicio da Organizacion Internacional para a Estandarizacion (ISO) coa sua norma internacional ISO-27729, publicada o 15 de marzo de 2012 . A subcomision novena do comite tecnico 46 e a responsabel do seu desenvolvemento. O ISNI pode ser empregado para a desambiguacion de nomes que, doutro xeito, poderian confundirse, e ligan os datos sobre estas persoas, que son recollidos e utilizados en todolos sectores da industria dos medios de comunicacion. No ano 2014 , o banco de datos do ISNI contina mais de oito millons de identidades, ou sexa, 7,53 millons de persoas e 490 000 organizacions. Nela colaboran 29 institucions e bases de datos, asi como corenta bibliotecas nacionais e de investigacion. Integranse tamen os datos do rexisto Virtual International Authority File (VIAF) . [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "International Standard Name Identifier (ISO 27729)" . Consultado o 29 de xaneiro de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]