한국   대만   중국   일본 
Ingria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ingria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIngria
Ingermanland (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
Mapa
  59°38′N 29°18′L  /  59.63, 29.3 Coordenadas : 59°38′N 29°18′L  /  59.63, 29.3

Historicamente Ingria (en fines e ingrio Inkeri , en ruso Ижора - I?ora e en sueco Ingermanland ) abarca a area existente no sueste e leste do Golfo de Finlandia asi como o longo do rio Neva , o rio Narva , e o lago Peipsi no suroeste, o rio Volchov no sueste, e o lago Ladoga no nordeste. A fronteira tradicional con Carelia segue o regato Sestra (Siestaryoki en ruso, ou Rayayoki -"Rio do Limite"- en fines, Systerback en sueco) no noroeste sobre o istmo de Aunis . A extension aproximada deste territorio e duns 15.000 km².

Territorio [ editar | editar a fonte ]

Tratase dun pais baixo, bastante chan, repreto de lagos e lagoas asi como tamen (antes de ser moitos deles desecados) pantanos, de clima frio e humido, naturalmente cuberto dun bosque no cal predominan coniferas , especialmente abetos e nalgunha menor medida caducifolias como as faias e bidueiros .

A Ingria historica cobre aproximadamente a mesma area que os raions de Kingisepp , Lomonosov, Oblast de Leningrado , Volosovo , Gatchina , Tosno , Kirovsk e Vsevolozhsk en Oblast de Leningrado . No seu territorio estaban as cidades historicas de Schlisselburgo , Xamburgo e Ivangorod e despois de 1703 San Petersburgo , a nova capital rusa da Gobernatura xeral de San Petersburgo .