한국   대만   중국   일본 
Imprenta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Imprenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Composicion con caracteres mobiles metalicos.

A imprenta e un conxunto de tecnoloxias que permiten reproducir textos escritos e ilustracions en grandes cantidades sobre soportes planos, xeralmente papel , permitindo a difusion a grande escala. Coa denominacion de imprenta referimonos as distintas tecnicas para a producion de impresos, e que abranguen dende a composicion dos textos, ata a encadernacion, pasando pola propia impresion.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Desde que a humanidade desenvolveu medios de comunicacion (pinturas rupestres, escritura…) buscou darlle persistencia e difusion as suas obras.

Desde os escribas exipcios, ata os monxes copistas medievais, que pasaban os seus dias copiando a man obras (relixiosas na sua maioria), a humanidade buscou desde cedo automatizar os seus medios de copia.

En Europa [ editar | editar a fonte ]

Os primeiros pasos cara a reproducion en serie de escritos e imaxes danse coa madeira: e a xilografia . Tamen se emprega a pedra como soporte: e a litografia .

Pero presentase un problema considerable: un so erro obriga a refacer todo o gravado.

Johannes Gensfleisch, mais conecido polo nome de Gutenberg , ten cara ao 1440 a idea de utilizar un procedemento analogo: o uso de caracteres mobiles en chumbo . Atribuese a Gutenberg o nacemento da tipografia moderna, ainda que esta ultima xa existia en Corea . Segundo a epoca produciranse dous tipos de obras: os incunables , os primeiros exemplares producidos entre 1450 e 1500, e os libros modernos, producidos pola tipografia e o resto das tecnicas mais modernas como a impresion offset ou o rotogravado .

A innovacion de Gutenberg en Europa reduciu considerablemente o numero de hora-home necesarias para a producion do libro, e polo tanto o custo, permitindo aumentar amplamente a difusion.

En Galiza [ editar | editar a fonte ]

A imprenta de Monterrei foi a primeira en imprimir no Reino de Galicia . O 3 de febreiro de 1494, a finais do seculo XV, rematase de imprimir o Misal auriense por Juan de Porras. Nesta impresion hai dous socios: Gonzalo Rodriguez de la Pasera e o xa mencionado Juan Porras. O bibliografo F.J. Norton opina que o verdadeiro impresor foi de la Pasera, xa que o papel do segundo foi mais o de editor.

Este misal esta composto por 280 follas e esta organizado da seguinte maneira:

  1. Calendario (10 follas).
  2. Dominicla (172 follas).
  3. Ordinario da Misa (10 follas).
  4. Santoral (40 follas).
  5. Comun dos Santos (20 follas).
  6. Misas votivas (18 follas).

Outra imprenta foi a de Mondonedo na que en 1550 se publicou Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del redactado en castelan. O autor desta obra e Juan de Molina, Francisco de Molina, Luis de Molina, Bartolome Francisco de Molina ou Bartolome Sagrario de Molina , mais conecido como Licenciado Molina.