한국   대만   중국   일본 
Igrexa de Sant Joan del Mercat - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Igrexa de Sant Joan del Mercat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Sant Joan del Mercat
Pais Espana
Coordenadas 39°28′27″N 0°22′45″O  /  39.47421667, -0.37915833 Coordenadas : 39°28′27″N 0°22′45″O  /  39.47421667, -0.37915833
Diocese arquidiocese de Valencia
Estilo Valencian Gothic e arquitectura barroca
editar datos en Wikidata  ]

A igrexa de Sant Joan del Mercat ou Esglesia dels Sants Joans (en galego Igrexa dos Santos Xoanes ) e unha das igrexas mais antigas da cidade de Valencia , situada fronte a Llotja de la Seda e a beira do Mercat Central . Monumento Historico-Artistico dende 1942 , erixiuse a partir de 1240 sobre o terreo onde habia primeiro unha mesquita . A causa dos incendios reedificarase durante o seculo XIV en estilo gotico , e reformarase completamente durante os seculos XVII e XVIII, feito que lle conferiu o aspecto barroco actual. En 1936 padeceu un novo incendio. Agora se atopa en proceso de restauracion.

Localizacion e denominacion [ editar | editar a fonte ]

Igrexa de Sant Joan dentro da Praza del Mercat .

A fachada de diante de Sant Joan del Mercat mira cara a placa de la Ciutat de Bruxas , e a de atras a placa del Mercat , xusto enfronte da extraordinaria Llotja de la Seda , monumento Patrimonio da Humanidade . A beira sur do templo mira a rua vell de la Palla e ao Mercat Central . Segundo Joan Francesc Mira (p. 82-84), os tres edificios, Sant Joan del Mercat, Llotja de la Seda e Mercat Central , forman un dos conxuntos artisticos mais excepcionais da cidade. A beira nordeste da igrexa sae ao canellon de Llutxent e o noroeste a pracina da Comunio de Sant Joan.

Chamase oficialmente Esglesia dels sants Joans ( Igrexa dos Santos Xoanes ), por atoparse baixo a advocacion dos santos Xoan Evanxelista e Baptista. Ademais, popularmente conecese como Sant Joan del Mercat ( San Xoan do Mercado ). O engadido del Mercat deriva do feito que en Valencia cidade hai outra igrexa homonima, la de Sant Joan de l'Hospital , tamen bastida durante o seculo XIII sobre o terreo dunha antiga mesquita.

Epoca gotica, 1311-1592 [ editar | editar a fonte ]

Vista da fachada, co roseton cegado

Despois de ser mesquita en tempos dos musulmans, cara ao 1240 , xa en tempos de Xaime I , comezou a edificacion dunha modesta ermida extramuros, na barriada da Boatella. En 1311 incendiouse e refixo de novo, ate tomar a estrutura gotica que hoxe en dia ainda conserva, ainda que moi cambiada polos engadidos barrocos posteriores. Despois da construcion da muralla en 1365 por Pere el Cerimonios, a igrexa queda intramuros, case no belo centro da Ciutat Vella .

Da estrutura gotica orixinal so se conserva a disposicion tipica do estilo gotico mediterraneo ou gotico catalan, cunha soa nave con capelas laterais entre contrafortes. Tamen resta un grande roseton cegado, conecido como O de Sant Joan , que nunca se chegou a abrir, pode ser por falta de cartos ou porque que afundiuse toda la fachada dianteira. Tamen son goticos dous arcos oxivais na fachada norte e unha xanela redonda no corpo inferior da torre campanario. En 1592 incendiase por segunda vez, feito que motivou unha reestruturacion que se prolongou durante mais dun seculo. En 1702 a igrexa tomou definitivamente a actual fisionomia barroca.

Engadidos recentes [ editar | editar a fonte ]

Ao comezo da Guerra Civil , en 1936, a igrexa sufriu o terceiro incendio na sua historia. O retablo maior e algunhas estatuas desapareceron e as pinturas de Palomino quedaron ennegrecidas. Na actualidade a igrexa atopase en fase de restauracion. Despois da limpeza da fachada posterior e das estatuas do interior, pretendese recuperar o inmenso fresco de Palomino e tornarlle o esplendor orixinal, despois dunha nefasta restauracion desta levada a termo en 1960.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Mira i Castera, Joan Francesc: Valencia per a veins i visitants . Bromera, Col·leccio Grans Obres, Alzira. Segona edicio, maig del 2007, planes 82-84.

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]