한국   대만   중국   일본 
Homo rudolfensis - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Homo rudolfensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo rudolfensis
Rango fosil: Plistoceno

Reconstrucion da caveira do "KNM ER 1470"
Estado de conservacion
Extinto ( fosil )
Clasificacion cientifica
Reino : Animalia
Filo : Chordata
Clase : Mammalia
Orde : Primates
Familia : Hominidae
Xenero : Homo
Especie : H. rudolfensis
Nome binomial
†Pithecanthropus rudolfensis
Alekseyev , 1978 [ 1 ]

Homo rudolfensis e unha especie fosil do xenero Homo descuberta por Bernard Ngeneo, membro do equipo dirixido por Richard Leakey e Meave Leakey en 1972 en Koobi Fora na beira leste do Lago Turkana , Kenya ; o nome cientifico propuxoo en 1986 V. P. Alexeev.

O KNM ER 1470 conecido tamen como cranio 1470 e un cranio fosil dun hominido , de corpo voluminoso e robusto e molares de gran tamano e unha capacidade cranial de 752 cm³, ainda que unha reconstrucion realizada en marzo de 2007 polo equipo dirixido por Timothy Bromage reduciu esa capacidade e 526. Atopouno Richard Leakey na beira leste do lago Turkana en agosto de 1972 . Moi moderno en aparencia deuselle ao primeiro unha antiguidade de 3 millons de anos e incluiuse na especie Homo habilis , o que os creacionistas utilizaron para tentar desacreditar a teoria da evolucion , pero medicions posteriores deronlle unha idade inferior a 2 millons de anos. Posteriormente incluiuse na especie Homo rudolfensis , contemporaneo en todo caso do Homo habilis , diferenciandose deste por unha cara mais plana e ampla, uns dentes poscaninos mais amplos e unhas raices e coroas mais complexas e esmalte mais groso.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. В.П. Алексеев. Палеоантропология земного шара и формирование человеческих рас. М., Наука, 1978г

Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre zooloxia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.